O martes participamos nas actividades que organiza Normalización Lingüísitca do Concello para conmmemorar a chegada do Pergamiño Vindel a Vigo. Así o conta o Faro de Vigo (clicade na imaxe):
O Multiusos da Xunqueira transformouse nun Scriptorium medieval e da man de Frai Bieito e da Abadesa Hende viaxamos a época medieval.
Os rapaces de A e B estiveron moi atentos e concentrados nas explicacións, collendo notas para poder seguir superando as probas do Pergamiño Vindel que temos na aula.
Para botarlles unha man aquí vos deixamos a información que estaba recollida nos paneis informativos.
Usádea con cabeza!!!
E, ademais, deixámosvos as fotos que resumen a nosa visita e o posterior traballo na aula.
Grazas a vós.
ResponderEliminar