Mostrando entradas con la etiqueta ECOSISTEMAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ECOSISTEMAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de marzo de 2018

CESANTES: UN TESOURO POR DESCUBRIR. PRIMEIROS CONVIDADOS

Seguimos traballando co noso proxecto sobre a praia. Hoxe tivemos unha convidada moi especial: a profe Luisa.
Resulta que a profe foi mariscadora antes de ser mestra e, aproveitando que a temos tan preto, tivemos unha charla con ela para que nos contase a súas vivencias.
Pegade ben a ourella porque sabedes que Luisa sempre fala moi baixiño!!

jueves, 15 de febrero de 2018

A PRAIA DE CESANTES: ACTIVIDADE 1

Os quintos estamos a traballar sobre a praia de Cesantes. Os alumn@s de quinto A tedes recursos para facer a primeira proba na entrada anterior. Se clicades aquí xa vos leva.
Para o alumnado de B que ides pola segunda parte lembrade:
1. Ler ben o que se vos pide
2. Organizar o traballo en equipo
3. Usar medios diferentes para obter a información
4. Explicar as preguntas en forma de redación e responder coas vosas palabras, todo o que poñades debedes comprendelo. FALADE ENTRE VOS, COMPARTIDE A INFORMACIÓN, DEBATIDE E, POR ÚLTIMO, ESCRIBIDE O TRABALLO.



Vos deixamos algunha bibliografía que vos pode ser útil. Coma sempre usade o que precisedes, sede selectivos e reflexionade antes de facer o traballo escrito.

POR QUE HAI QUE PROTEXER AS DUNAS DAS PRAIAS?

DUNA. WIKIPEDIA

RECUPERACIÓN E PROTECIÓN DO SISTEMA DUNAR DE CESANTES

ENSEADA DE SAN SIMÓN. WIKIPEDIA

TURISMO RÍAS BAIXAS

ESPAZOS PROTEXIDOS

ILLA DE SAN SIMÓN. TESOURO HISTÓRICO

GUÍA DO MAR

ALGAS NA PRAIA. SÍ, GRAZAS

O MARISQUEO: UN TRABALLO EN FEMININO

AS ALGAS ENCHEN DE VIDA AS PRAIAS GALEGAS

jueves, 8 de febrero de 2018

OS ECOSISTEMAS

Hai que repasar e ter claro que é un ecosistema. Por iso para que poidades facer un resumo do tema e repasar o visto na aula vos deixamos estes dous enlaces. Ademais, lembrade que tedes moito máis material no site.
http://boj.pntic.mec.es/jverdugo/CCNN_5/HTML5_%205_CCNN_TEMA3/index.html


Tedes o tema explicado tamén neste enlace:
 https://www.portaleducativo.net/quinto-basico/107/que-es-un-ecosistema

E, ademais, todos podedes poñervos a proba con este xogo de repaso:

http://www.clarionweb.es/5_curso/jclic/c_medio/cm_505/cm_505.htm

jueves, 1 de febrero de 2018

Ecosistemas

Andamos a volta coa cadea trófica
No seguinte enlace tedes máis información para poder rematar o traballo da aula:
https://www.slideshare.net/letty_mull/cadenas-alimentarias-y-redes-troficas


Seguimos traballando os ecosistemas. Tedes novo material no site e aquí vos deixamos o vídeo de Redes para que poidades completar a actividade desta semana.


E aquí algúns experimentos que xa existen inspirados na natureza:


 ESTAMOS DESEXANDO VER OS VOSOS DESEÑOS BIOMIMÉTICOS

sábado, 27 de enero de 2018

FACTORES QUE INFLÚEN NOS ECOSISTEMAS

Nesta diapositiva tedes información sobre os factores que inflúen no ecosistema.
http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/4esobiologia/4quincena10/imagenes10/biotopo_reformado.swf

E imos aprendendo cousas xa para aplicar no noso proxecto:


Pero hai moitísima máis información no site de recursos. Pasádevos e botádelle un ollo.

lunes, 22 de enero de 2018