Mostrando entradas con la etiqueta pergamiño vindel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pergamiño vindel. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de diciembre de 2017

MÁIS VÍDEOS PARA O CONCURSO "VINDEVIDEOS"

O outro día fixemos un artigo sobre "A máquina do tempo", o primeiro vídeo que presentamos ao concurso Vindevideos. 
Pero, ademais dese, preparamos dous vídeos máis usando diferentes técnicas. 
O segundo que fixemos preparámolo usando unha aplicación para a tablet que se chama Puppet Pal coa que se poden facer cousas moi simpáticas. 
O vídeo foi preparado por Brais, Alba P e Noa que escolleron facer marionetas.
 Mirade que ben o fixeron.

miércoles, 13 de diciembre de 2017

O NOSO PROXECTO SOBRE O VINDEL

Seguimos compartindo con todos o noso traballo ao redor do Vindel agora que está chegando ao seu fin.  Antes de facer os vídeos houbo moitas sesións de traballo previo, superando diferentes probas. 
Aquí vos deixamos un resumo dalgunhas cousas que fixemos. Nos vindeiros días vos seguiremos contando.

lunes, 11 de diciembre de 2017

PROBA FINAL DO PERGAMIÑO VINDEL: O NOSO VÍDEO

Imos presentarnos ao concurso Vinde vídeos coas nosas creacións artísticas. As bases din que os vídeos que se presenten non poden pasar de 3 minutos pero nos grabamos un programa de televisión moi interesante sobre a lírica medieval do que imos seleccionar unha parte para o concurso. 
Mirade que artistas temos na aula.

jueves, 7 de diciembre de 2017

O PERGAMIÑO VINDEL

En 5º A levamos un tempo traballando arredor do Pergamiño Vindel e con toda toda a información que recollemos cada equipo encargouse de facer un mural e unha exposición oral.
Este é o resultado!

viernes, 24 de noviembre de 2017

O PERGAMIÑO VINDEL. PROBA 4

Xa estamos na proba final do Pergamiño. Nos vindeiros días necesitamos lembrar todo o que levamos traballado para poder superar esta última etapa.

https://nivecaro.wixsite.com/vindelomanantial

Para axudarvos un pouco aquí vos deixo un xogo Lim para que xoguedes e repasades.

viernes, 17 de noviembre de 2017

AS PROBAS DO VINDEL

Estes días andamos moi atarefados porque temos unha misión, salvar o Pergamiño Vindel dos coleccionistas privados, para iso temos unha chea de probas a superar. Unhas probas son necesarias para ir superando as seguintes. Aquí vos deixamos o proxecto recollido nun wix. Estade atentos porque seguiremos engadindo información nel e poñendo novos recursos que vos poden axudar na vosa misión.
ÁNIMO QUE XA QUEDA POUCO !!! ESTÁDELO A FACER MOI BEN!
https://nivecaro.wixsite.com/vindelomanantial

miércoles, 15 de noviembre de 2017

VISITAMOS UN SCRIPTORIUM MEDIEVAL

O martes participamos nas actividades que organiza Normalización Lingüísitca do Concello para conmmemorar a chegada do Pergamiño Vindel a Vigo.  Así o conta o Faro de Vigo (clicade na imaxe):
http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/11/15/ninos-aprenden-tecnica-codax/1785937.html

O Multiusos da Xunqueira transformouse nun Scriptorium medieval e da man de Frai Bieito e da Abadesa Hende viaxamos a época medieval. Os rapaces de A e B estiveron moi atentos e concentrados nas explicacións, collendo notas para poder seguir superando as probas do Pergamiño Vindel que temos na aula. 
Para botarlles unha man aquí vos deixamos a información que estaba recollida nos paneis informativos.

 Usádea con cabeza!!!


https://issuu.com/nivecaro/docs/lirica_20mediveal

E, ademais, deixámosvos as fotos que resumen a nosa visita e o posterior traballo na aula.

lunes, 13 de noviembre de 2017

TALLER DE ESCRITA MEDIEVAL

Mañan imos facer unha saída ao Multiusos da Xunqueira para coñecer algúns instrumentos que se usaban na escritura medieval e participar nun taller de escrita medieval. Para que vaiades tendo algo máis de idea do que imos ver déixovos un vídeo que explica moi ben a escrita medieval e que responde a algunhas preguntas da proba 2 do Pergamiño Vindel. O vídeo está en inglés pero ten subtítulos (é dicir, podedes ler o que din), o vídeo vale moito a pena!!!

Ademais, tamén vos deixo outro vídeo de coma se recuperan os manuscritos medievais hoxe en día, un traballo só para profesionais.
Por certo, na páxina de recursos xa tendes actualizados todos os recursos para as probas do Pergamiño Vindel. Tentade responder a todas as preguntas para o mércores!

NON VOS DESPISTEDES!