Mostrando entradas con la etiqueta CESANTES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CESANTES. Mostrar todas las entradas

sábado, 5 de mayo de 2018

E DESPOIS DE VISITAR CESANTES...

Xa pasaron algunhas semanas pero tiñamos pendentes contarvos o que fixemos na aula despois de visitar Cesantes. Na nosa visita collemos mostras de area, auga, algas... Xa en clase, cada equipo tiña 4 experimentos para realizar usando as mostras recollidas. Cada equipo levou a cabo as súas experiencias e engadiu as conclusións ao seu caderno de campo. Ademais, uns equipos foron titorizando aos outros a medida que ían experimentando.
Finalmente, inda que non está recollido no vídeo empregamos o microscopio para facer unha observación máis precisa. 
Pasámolo moi ben e foi un xeito práctico de experimentar e sacar as nosas propias conclusións. 

lunes, 16 de abril de 2018

E, FINALMENTE, CONSEGUIMOS VISITAR A PRAIA DE CESANTES

Despois dun mes buscando un día sen chuvia para poder ir a praia e poder comprobar "in situ" todo o traballado na aula, por fin chegou o día. A chuvia deunos unha tregua e aproveitamos para ir a Cesantes. 
Fixemos a visita acompañados por Marcelo de Faia, Educación Medioambiental. 
Comezamo a visita no porto e, andando pola praia, fomos observando, falando e aprendendo máis cousas sobre as algas e a súa importancia no ecosistema, os moluscos, as aves, algúns animais mariños coma as babosas de mar, a composición da area, as dunas... 
Foi unha visita moi instructiva!!!


lunes, 9 de abril de 2018

IMOS A PRAIA

NON ESQUEZADES QUE O MÉRCORES DÍA 11 IMOS A PRAIA DE CESANTES E DEBEDES TRAER:
- O cuaderno de Campo
 - Bolígrafo e lapiz
 - Unha lupa para o equipo
 - Unha cámara de fotos para o equipo
 - Botes para recoller mostras
 - E calquera outro material que decidirades no equipo.

lunes, 2 de abril de 2018

UNHA VEZ MÁIS CESANTES SE NOS RESISTE

Rapaces o tempo non vai acompañar
así que mañá teremos clase normal porque non podemos facer a saída a praia.

Deixarémola adiada para a semana que ven, esperando que, desta volta si nos acompañe o tempo.

sábado, 24 de marzo de 2018

CESANTES VISTA POLOS EQUIPOS 2

The dogs e Os Vacalouras tamén fixeron a súa exposición sobre a praia de Cesantes e compartiron con todos nos o que aprenderon este trimestre. Estade atentos porque as súas exposicións son moi interesantes. 
De novo, noraboa a todos!!!

viernes, 23 de marzo de 2018

A PRAIA DE CESANTES VISTA POLOS EQUIPOS

Rematamos o trimestre presentando de xeito oral todo o traballo compilado durante estes meses sobre a praia de Cesantes. 
Noraboa a todos os equipos porque traballástedes arreo e os vosos traballos e presentacións son moi boas. 
E para que todos o comprobedes aquí tedes as exposicións dos equipos RSVX e o equipo "Callate la boca".

Para saber mais de Cesantes

jueves, 22 de marzo de 2018

UN NOVO TESOURO DE CESANTES: OS MOLUSCOS

Rematamos a semana pasada coa visita de Susana, a nai de Brais, que é patóloga de moluscos. 
Foi unha visita moi interesante onde aprendemos unha chea de cousas sobre a fauna de Cesantes. Escoitamos e tamén tocamos, experimentamos, miramos polo microscopio...
Susana veu cargada de cousas para que lle puidesemos sacar o máximo partido a súa visita.
Foi xenial e soubonos a pouco.
Ademais, Susana agasallounos con libretas, lapices, gomas... do seu traballo. Quedamos encantados.

 
MOITÍSIMAS GRAZAS A BRAIS POR PROPOÑER A SÚA NAI COMA EXPERTA E A SUSANA POR ACEPTAR A INVITACIÓN


As visitas desta semana foron xeniais. Sacámoslle moitísimo partido  e déronnos a oportunidade de aprender máis sobre a praia dende diferentes puntos de vista. 
É un auténtico pracer contar coa vosa axuda no noso día a día. As nosas aulas están abertas para todos. Esperamos máis visitas nos vindeiros proxectos.

miércoles, 21 de marzo de 2018

CESANTES, UN TESOURO POR DESCUBRIR DA MAN DE BELÉN

Alba P trouxo a aula a Belén, amiga da súa nai e bióloga. Belén falou connosco longo e tendido sobre a praia de Cesantes. Aproveitamos para preguntar sobre a enseada, as dunas, a forma da praia e ata a zostera. Aquí tedes un breve resumo de todo o que nos contou.




MOITÍSIMAS GRAZAS A ALBA P POR CONVIDARLA E A BELÉN POR COMPARTIR CONNOSCO UN RATO TAN INTERESANTE E AMENO. E UN PRACER CONTAR CON CONVIDADOS ASÍ.    

HOXE APRENDEMOS MOITÍSIMO E BELÉN FOI DE GRAN AXUDA PARA O PROXECTO DA PRAIA.

martes, 20 de marzo de 2018

CESANTES, UN TESOURO POR DESCUBRIR DA MAN DE SERAFÍN

Seguimos co noso proxecto sobre a praia de Cesantes. A semana pasada as nosas pescudas enriquecéronse con diversas visitas. 
Comezamos a semana recibindo a Serafín, o avó de Iago, que veu contarnos coma as veciñas de Cesantes conseguiron parar a construción dun ostreiro nos anos 50 coa unión e a loita.
Serafín contounos unha chea de cousas interesantes. Foi un auténtico pracer recibir a súa visita. 

MOITAS GRAZAS A IAGO POR CONVENCELO E A SERAFÍN POR ACOMPAÑARNOS!!!