domingo, 29 de septiembre de 2013

TEMA1 COÑECEMENTO DO MEDIO

Aquí tedes uns enlaces para que repasedes para o exame.
Clicade sobre o número para acceder as actividades
Tema 1: 1-2

TEMA1 LINGUA GALEGA

Déixovos uns cantos enlaces para que poidas practicar os contidos que estamos a traballar neste tema
Clicade no número para acceder a actividade.

Tema 1 :   1- 2 -3 -4

domingo, 22 de septiembre de 2013

APRENDEMOS A DEBUXAR CARAS

Neste curso a este blog tamén se incorporan os alumnos e alumnas de 6º B aos que lle vou a impartir clases de plástica. Así que neste recuncho iremos colgando vídeos instructivos e fotos das súas produccións artísticas.
Imos aprendendo a debuxar e caras e expersións faciais e para elo contamos coa axuda do debuxante Rick Ruiz-Dana

sábado, 21 de septiembre de 2013

jueves, 19 de septiembre de 2013

VISITA A BAIONA

Quero comunicar a todas as familias que  sábado 21 terá lugar a sexta sesión do curso “Persoas e territorio” organizado polo Centro Social A Miñoteira.
 Nesta saída realizarase unha visita ao litoral no Monte do Boi en Baiona. Iremos en coches particulares dende o Centro Social  de Ventosela ás 10: 30 da mañán. Prezo 2 euros.

 Animádevos a vir, seguro que que ides disfrutar tanto da natureza como das explicacións dos guías!

TEMAS 1-2 MATEMÁTICAS

Aquí tedes un enlace con actividades sobre os números de tres e catro cifras


TEMA 1 LINGUA CASTELÁ

Comenzamos a deixarvos exercicios  de lingua castelá para que poidades practicar os contidos que estamos traballando no tema 1




IMAXES DA INDIA E NEPAL

Ainda non presentamos os novos membros do manantial e xa temos a primeira aportación das familias!

A familia de Lucas Camiño mandounos unhas fermosas imaxes da India e Nepal onde o seu tío é guia de viaxes.

Grazas por compartilas con todos nós


Click to play this Smilebox presentaci%c3%b3n
Create your own presentaci%c3%b3n - Powered by Smilebox
This presentaci%c3%b3n created with Smilebox

miércoles, 11 de septiembre de 2013

5º A XA TEDES BLOG!!!!!!

Ola nenos e nenas

Como sabedes, hoxe comezou un novo curso cheo de novidades, os libros, os mestres, a clase...Seguiremos compartindo a aprendizaxe con todas as persoas que queiran participar no noso novo blogue. De momento está moi baleiro, así que pouco a pouco encherémolo de recursos, aprendizaxes, experiencias...
Para comezar...algo divertido:

http://imaxinaescola.blogspot.com.es/
Cris      

martes, 3 de septiembre de 2013

É TEMPO DE DESPEDIDAS

A partir de hoxe xa non sodes os meus alumnos e alumnas!
O tempo pasa moi rápido, ainda parece que non fai nada que vos fun recoller a clase da profe Ceci e agora xa sodes nenas e nenos de 5º A. O longo destes dous cursos compartimos aprendizaxes e vivencias, eu non sei se a vós vos pasará o mesmo pero en min deixástedes unha fonda pegada. Sempre me vou lembrar deste grupo tan vital, entusiasta, repetuoso, solidario, divertido, cariñoso...... Son tantos os adxectivos que vos podería poñer que non daría rematado. Foi un pracer tanto darvos clase na aula coma levarvos de excursión, cociñar, prantar o horto..... 

Ao longo deste tempo non estivemos solos, moitas foron as persoas que nos acompañaron na aula
  • Luisa Gago, o meu brazo dereito, non facía falta pedirlle axuda, sempre estaba aí tanto no día a día como en todas as celebracións, saídas e actividades especiais. Botarémoste de menos!!!!
  • Iñaki, veu a nosa aula cos seus aparellos para ensinarnos tanto os órganos  como para contarnos como é a  vida e costumes dos animais.
  • Montse, montounos un acuario na aula do que disfrutamos coidando e observando os peixes. A ela lle debemos todo o que sabemos de peixes.
  • Belén, visitounos en varias ocasións para falarnos dos alimentos de temporada, para asesoranos co noso horto e para construir o noso forno solar.
  • Marta, a que entrevistamos para coñecer a gastronomía, clima, festas, monumentos... do país vasco.
Seguro que me esquezo de alguén, pero tamén as familias fóstedes parte unha parte moi importante nestes dous cursos colaborando e participando nas actividades.

Grazas a todos!

Nenos e nenas de 5ºA, lembrade que, ainda que teñades o voso propio blog, aquí sempre seredes ben recibidos e ademais, seguro que imos organizar algún taller para que podades vir no recreo e  seguiremos cultivando o horto. 
Seguide atentos ao blog xa que nuns días a vosa profe Cristina deixaravos unha mensaxe.

Bicos!!!