miércoles, 28 de febrero de 2018

RECURSOS PARA PREPARAR A SAÍDA A PRAIA DE CESANTES

Estamos xa inmersos na terceira actividade do proxecto sobre a praia de Cesantes. Nesta ocasión debemos facer un cuaderno de campo que levaremos o día da saída. Aquí vos deixamos material que vos pode ser de utilidade.





E para que coñezades mellor as marabillas que agocha a praia de Cesantes aquí vos deixamos o vídeo que compartiu connosco a nai de Brais.


martes, 27 de febrero de 2018

OS NÚMEROS DECIMAIS

Aquí vos deixamos material para traballar sobre os números decimais. Coma sempre moitos máis recursos no site.

PARA QUE USAMOS OS NÚMEROS DECIMAIS



OS NÚMEROS DECIMAIS

https://www.cerebriti.com/juegos-de-matematicas/matematicas---decimales---ordenes-#.WpXX2-dG3IU

DESEÑOS DE BIOMIMÉTICA

A biomimética consiste en deseñar imitando a natureza.  Partindo desta idea rematamos o tema dos ecosistemas facendo os nosos propios deseños biomiméticos. Cada alumno escolleu un elemento natural da praia de Cesantes e, a partir das súas características, deseñaron un posible experimento para beneficio humano.
Aquí vos deixamos as mellores experiencias.


miércoles, 21 de febrero de 2018

OS DETERMINANTES

Para aprender, repasar e xogar, aquí vos deixamos algúns recursos sobre os determinantes. Máis recursos no site.



http://www.vicentellop.com/gramatica/determinantes/articulo/articulo.html



http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/QUINTO/datos/01_Lengua/datos/rdi/U06/05.htm

lunes, 19 de febrero de 2018

CONCURSO DE RELATO CURTO

No seguinte enlace tedes as bases para VI CONCURSO DE RELATO CURTO.
Antes de volvervos tolos facendo un relato quero darvos unhas pequenas indicacións que poden axudarvos a facer os vosos relatos:

1. Escollede un tema que vos guste. Non importa se facedes moitos borradores ou cambiades de idea. A idea do voso relato ten que gustarvos a vos dende o principio ata o final. Senón desbotala e buscade outro. É fundamental que a idea vos guste.

2. Que queredes conseguir co relato? O lector se ría, que chore, que esté intrigado de principio a fin, que pase medo, denunciar un tema... Saber o efecto que buscades cambia o xeito de escribir por iso debedes ter claro que é o que queredes.

3. En que persoa vas a escribir? Es o protagonista? Un narrador externo?

4. Decide o final. Si, pensa no final da túa historia antes de escribila, iso fará que as túas letras te leven onde queiras ir con maior coherencia.

5. O principio engancha. Un bo comenzo marca a diferencia entre que o teu lector queira seguir lendo ou pase da túa historia así que pensa coma comenzar de xeito impactante.

6. E agora escribe!!! Fai, refai, déixao estar se non sae e volve a el todas as veces que o necesites ata que a historia sexa túa.
 
E aquí vos deixo algúns microrelatos preciosos para inspirarvos:


El Pozo, de Luis Mateo Díez

Mi hermano Alberto cayó al pozo cuando tenía cinco años. Fue una de esas tragedias familiares que sólo alivian el tiempo y la circunstancia de la familia numerosa. Veinte años después mi hermano Eloy sacaba agua un día de aquel pozo al que nadie jamás había vuelto a asomarse. En el caldero descubrió una pequeña botella con un papel en el interior. “Este es un mundo como otro cualquiera”, decía el mensaje.

El dedo, de Feng Meng-lung

Un hombre pobre se encontró en su camino a un antiguo amigo. Éste tenía un poder sobrenatural que le permitía hacer milagros. Como el hombre pobre se quejara de las dificultades de su vida, su amigo tocó con el dedo un ladrillo que de inmediato se convirtió en oro. Se lo ofreció al pobre, pero éste se lamentó de que eso era muy poco. El amigo tocó un león de piedra que se convirtió en un león de oro macizo y lo agregó al ladrillo de oro. El amigo insistió en que ambos regalos eran poca cosa.
-¿Qué más deseas, pues? -le preguntó sorprendido el hacedor de prodigios.
-¡Quisiera tu dedo! -contestó el otro.

Pedro Ugarte

(Los libros, los cigarrillos, tu hijo y sus juguetes, el rostro de tu esposa)
Estás en casa, y es de noche, y apagas la última luz. Qué extraño: de pronto todo desaparece.


¡Adiante, meus valentes!
—¡Quero unha metralladora do 50 nese petouto, e quéroa para onte! —berraba o tenente Buller.
—¡Señor! —replicou o sarxento Williams—. ¡Estanos esmagando! ¡Deberiámonos retirar agora mesmo...! ¡É unha masacre!
—¿Baterse en retirada...? ¡Endexamais! ¡Temos que resistir! As ordes son defender a posición, ata a derradeira pinga de sangue.
—¡Señor! —interveu o oficial de comunicacións—. Non podo contactar, a radio está feita unha merda.
—¡Tenente —insistiu o sarxento—, sen reforzos non poderemos aguantar moito máis! ¡Achégase unha columna de panzers..., e vannos dar polo cu!
—¡Raios! —maldiciu o tenente.
—¡Mirade aló! —gritou emocionado un fusileiro mentres sinalaba un barco pirata achegándose a toda vela e rompendo as liñas inimigas.
—¡Abride as troneiras! ¡Preparade os canons! —gritaba o capitán Barbanegra, repartindo ordes, a babor e a estribor.
Namentres, polo sueste...
—¡A carga! —Ordenou a toque de corneta un tenente do sétimo de cabalería, un tanto despistado e que aínda non tiña moi claro a que bando prestarlle os seus servizos.
E xusto entón, canda a liorta atopábase no momento decisivo, xusto cando estaba a piques de entrar en escena un destrutor espacial, entre bufos, e alentado polo buligar dun axóuxere, foi entón, nese preciso intre...
—!Lucas, recolle os xoguetes..., agora! ¡E ven xantar!
—¡Un segundiño! —dixo, e logo rexoubou: «¿Recollelos? Hai veces en que unha nai non se decata do que está a dicir. O mundo está en perigo; alguén ten que salvalo, e iso é cousa de Lucas... ¡non hai tempo que perder! ¿Por qué as nais non son quen de entendelo...? ¡Por Deus...!, a miña nai non é consciente... ¡Rapaces, polo de agora a batalla queda en pausa! Seguimos de contado...»

sábado, 17 de febrero de 2018

ROBÓTICA 5

Aquí vos deixamos o que fixemos nas últimas dúas sesións de robótica: últimas práticas coa placa base.

https://issuu.com/nivecaro/docs/introducci__n_a_la_rob__tica_5.pptx

E así o fixemos:

viernes, 16 de febrero de 2018

DESAFÍO 2 DE GALICIENCIA

Xa estamos inscritos no concurso dos desafíos de Galiciencia. 
Despois de entregar o primeiro desafío, xa tedes aberto o segundo. Nesta ocasión ides convertervos en entrevistadores. 
Se clicades na imaxe xa vos leva ao desafío.

http://atrevetecocambioclimatico.galiciencia.com/wp-content/uploads/2018/02/Atrevete-co-cambio-clima%CC%81tico_-Desafi%CC%81o-2.pdf

Tedes información de axuda para facer as vosas preguntas e saber máis sobre o tema na seguinte dirección:

 http://atrevetecocambioclimatico.galiciencia.com/wp-content/uploads/2018/02/UD_Cambio-clima%CC%81tico.pdf

MAQUETAREMOS OS VÍDEOS NA AULA, ASÍ QUE CADA GRUPO TEDES QUE DECIDIR A QUEN OU QUENES IDES ENTREVISTAR E FACER AS GRAVACIÓNS.

NON VOS DESPISTEDES, O PRAZO REMATA O 2 DE MARZO!!!

jueves, 15 de febrero de 2018

A PRAIA DE CESANTES: ACTIVIDADE 1

Os quintos estamos a traballar sobre a praia de Cesantes. Os alumn@s de quinto A tedes recursos para facer a primeira proba na entrada anterior. Se clicades aquí xa vos leva.
Para o alumnado de B que ides pola segunda parte lembrade:
1. Ler ben o que se vos pide
2. Organizar o traballo en equipo
3. Usar medios diferentes para obter a información
4. Explicar as preguntas en forma de redación e responder coas vosas palabras, todo o que poñades debedes comprendelo. FALADE ENTRE VOS, COMPARTIDE A INFORMACIÓN, DEBATIDE E, POR ÚLTIMO, ESCRIBIDE O TRABALLO.



Vos deixamos algunha bibliografía que vos pode ser útil. Coma sempre usade o que precisedes, sede selectivos e reflexionade antes de facer o traballo escrito.

POR QUE HAI QUE PROTEXER AS DUNAS DAS PRAIAS?

DUNA. WIKIPEDIA

RECUPERACIÓN E PROTECIÓN DO SISTEMA DUNAR DE CESANTES

ENSEADA DE SAN SIMÓN. WIKIPEDIA

TURISMO RÍAS BAIXAS

ESPAZOS PROTEXIDOS

ILLA DE SAN SIMÓN. TESOURO HISTÓRICO

GUÍA DO MAR

ALGAS NA PRAIA. SÍ, GRAZAS

O MARISQUEO: UN TRABALLO EN FEMININO

AS ALGAS ENCHEN DE VIDA AS PRAIAS GALEGAS

miércoles, 14 de febrero de 2018

ASÍ CELEBRAMOS O ENTROIDO O ALUMNADO DE QUINTO

Rematan estes días de lecer pero quédamos o recordo do vivido.
Os alumn@s de quinto querían vivir máis a festa de entroido así que decidimos xuntos coma nos iamos disfrazar, cada un escolleu o animal que quería ser, preparamos unha coreografía, escollemos a música para o desfile e Rubén, o pai de Xoel, púxonos o equipo musical para poder desfrutar no desfile.
Pero, ademais, participamos durante a semana do meco e o venres fixemos unha comida todos xuntos onde cociñamos paninis e filloas e degustamos as deliciosas tortillas que fixeron nais e avoas dos nosos alumnos para que puidemos compartir.
Bailamos, xogamos, rimos e, por suposto, tamén desfilamos.
Un día fantástico!!!

VEDE O SEGUINTE VÍDEO ATENTAMENTE!

Rapaces/zas a rede é fantástica pero debemos usala con cabeza. Non o esquezades!

viernes, 9 de febrero de 2018

NOVOS VÍDEOS PARA GALICIENCIA

Os equipos que faltaban xa prepararon os seus vídeos sobre o tempo atmosférico, e así lles quedaron:

LUCÍA, VERO E SORAYA



 BRAIS, IAGO E PAULA


 PAULA, BRAIS E NAIARA


jueves, 8 de febrero de 2018

OS ECOSISTEMAS

Hai que repasar e ter claro que é un ecosistema. Por iso para que poidades facer un resumo do tema e repasar o visto na aula vos deixamos estes dous enlaces. Ademais, lembrade que tedes moito máis material no site.
http://boj.pntic.mec.es/jverdugo/CCNN_5/HTML5_%205_CCNN_TEMA3/index.html


Tedes o tema explicado tamén neste enlace:
 https://www.portaleducativo.net/quinto-basico/107/que-es-un-ecosistema

E, ademais, todos podedes poñervos a proba con este xogo de repaso:

http://www.clarionweb.es/5_curso/jclic/c_medio/cm_505/cm_505.htm

A PRAIA DE CESANTES: UN TESOURO POR DESCUBRIR

Arrancamos, por fin, co proxecto sobre a praia de Cesantes. A primeira actividade é de aproximación para coñecer algúns datos concretos sobre o noso litoral.
Podedes atopar información para levar a cabo a actividade 1 nos seguintes enlaces:






O traballo tedelo que presentar nun documento de texto feito no ordenador. Podedes usar o word pero se non o tedes non hai problema. Podedes instalar o OpenOffice no voso ordenador, programa de software libre, e facer o traballo no Openwriter.
Aquí vos deixo un titorial para que vexades coma facelo. Trátase de que collades ideas xerais para poder manexar o programa. Pero, coma sempre, o mellor xeito de aprender e facendo. De todos os xeitos, na clase solventaremos todas as dúbidas que vos xordan no manexo do procesador de textos.


miércoles, 7 de febrero de 2018

PRIMEIROS VÍDEOS PARA GALICIENCIA

Xa temos algúns equipos que completaron o desafío un para Galiciencia. Aquí podedes velo:

ALBA S, ALBA P E MARÍA 

  

 SERGIO, DAVID E REBECA 

 

GENTILICIOS

Para os que pedistes novas actividades sobre os xentilicios, aquí tedes. Máis no site. Ademais, tedes novas actividades para darlle un repaso as fraccións. Non vos despistedes!!!

https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/gentilicios-de-comunidades-autonomas-de-espaa/7bb7d50b-53d6-4daa-b4a4-3f01c63ee522

martes, 6 de febrero de 2018

lunes, 5 de febrero de 2018

PREPARAMOS COGUMELOS NA AULA

Dentro do proxecto Voz Natura estamos a criar cogumelos na aula. E a nosa plantación xa deu os primeiros froitos.
O venres puxémonos mans a obra. Preparamos 3 equipos, cada equipo encargouse de traer os ingredientes para preparar o seu prato e, con todo listo, puxémonos "as mans a cociña". 
Preparamos un revolto, cogumelos ao alliño e cogumelos no forno con queixo e xamón. 
E debían estar ben bos porque a min non me quedou nin a proba!!! 

sábado, 3 de febrero de 2018

AXUDA PARA GALICIENCIA

Xa vimos este vídeo da eduteca pero vennos moi ben para recordar que elementos no poden faltar na nosa previsión metereolóxica.
Aquí vos explican moi, moi ben coma se comenta un mapa do tempo:
E agora mirade coma o fan os profesionais: Dous estilos diferentes:

viernes, 2 de febrero de 2018

PRÁCTICAS DE ROBÓTICA: SEGUIMOS TRABALLANDO COA PLACA BASE

Unha semana máis A e B seguiron traballando coa placa base. Cada semana as prácticas teñen máis dificultade pero con tenacidade e probando unha e outra vez, todos acaban sacando as prácticas adiante.
 E para que sigades traballando na casa aquí vos deixamos a traballo desta semana.
https://issuu.com/nivecaro/docs/introducci__n_a_la_rob__tica_4.pptx

jueves, 1 de febrero de 2018

E EN MAIO: GALICIENCIA

Este ano Galiciencia está adicada ao cambio climático. 
Despois de visitar Meteogalicia e traballar sobre o clima na aula, pensamos que é unha boa idea participar nos desafíos. 
Hai 4 desafíos. Os 3 primeiros fanse a través da rede en equipos de 3 persoas.  Logo escóllense tres equipos finalistas que compiteran o 11 de maio na feira.
 O primeiro desafío consiste en facer un vídeo dando o parte metereolóxico de Redondela e falando do clima. O vídeo non pode durar máis de tres minutos.
 Se clicades na imaxe tedes todas as instruccións ao voso dispor. 

http://atrevetecocambioclimatico.galiciencia.com/wp-content/uploads/2018/01/Atrevete-co-cambio-clima%CC%81tico_-Desafi%CC%81o-1.pdf

 Pero, ademais, na páxina de Galiciencia, no apartado dos desafíos tedes información que podedes empregar para superar os retos. Botádelle un ollo.

ÁNIMO E ADIANTE!!!

Ecosistemas

Andamos a volta coa cadea trófica
No seguinte enlace tedes máis información para poder rematar o traballo da aula:
https://www.slideshare.net/letty_mull/cadenas-alimentarias-y-redes-troficas


Seguimos traballando os ecosistemas. Tedes novo material no site e aquí vos deixamos o vídeo de Redes para que poidades completar a actividade desta semana.


E aquí algúns experimentos que xa existen inspirados na natureza:


 ESTAMOS DESEXANDO VER OS VOSOS DESEÑOS BIOMIMÉTICOS

OS FUNGOS

Non hai mellor xeito de aprender que aprender facendo, por iso sempre que podemos, tentamos poñer en práctica os coñecementos teóricos que imos vendo na aula. 
Durante estes días traballamos "o mofo".