Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de junio de 2018

VISITA A EXPOSICIÓN DE XOGUETES ANTIGOS

O luns 18 de xuño fomos ao multiusos de Redondela a ver a obra de títeres de Tanxarina " A Galiña Azul" e aproveitamos para solicitar que nos fixeran unha visita guiada pola exposición de xoguetes antigos ¨Volve a vivilos¨ .  A verdade é que estos xoguetes son verdadeiras xoias.Ainda tedes toda a semana se queredes volver a vela.
Non vos esquezades asistir as actividades culturais que se van a celebrar durante o verán na nosa vila.



martes, 19 de junio de 2018

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

A semana pasada, xunto cos alumnos de sexto de primaria fomos de excursión a Santiago de Compostela e as Dunas de Corrubedo. 
O autobús deixounos no Monte do Gozo e, dende aí, iniciamos o camiño ata Santiago. Unha vez alí e despois dun merecido almorzo, tivemos a sorte de realizar unha visita guiada por Santiago da man de Jorge.
A visita foi moi interesante e aprendemos unha chea de cousa. Visitamos a catedral e logo fomos comer a Alameda. De sobremesa xeados e, despois, puxemos rumbo a Corrubedo.
No centro de visitantes puxéronnos un vídeo para explicarnos a formación da duna (que non nos gustou moito!) e, despois da merenda, fomos a ver a duna.
Foi un día estupendo, cheo de risas, confidencias e moita diversión!!!

miércoles, 15 de noviembre de 2017

VISITAMOS UN SCRIPTORIUM MEDIEVAL

O martes participamos nas actividades que organiza Normalización Lingüísitca do Concello para conmmemorar a chegada do Pergamiño Vindel a Vigo.  Así o conta o Faro de Vigo (clicade na imaxe):
http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/11/15/ninos-aprenden-tecnica-codax/1785937.html

O Multiusos da Xunqueira transformouse nun Scriptorium medieval e da man de Frai Bieito e da Abadesa Hende viaxamos a época medieval. Os rapaces de A e B estiveron moi atentos e concentrados nas explicacións, collendo notas para poder seguir superando as probas do Pergamiño Vindel que temos na aula. 
Para botarlles unha man aquí vos deixamos a información que estaba recollida nos paneis informativos.

 Usádea con cabeza!!!


https://issuu.com/nivecaro/docs/lirica_20mediveal

E, ademais, deixámosvos as fotos que resumen a nosa visita e o posterior traballo na aula.

jueves, 29 de septiembre de 2016

VISITA AO MEIRANDE E SAN SIMÓN

 O pasado martes, os meus compañeiros e máis eu baixamos a pé a Redondela.  O motivo era realizar unha visita ao museo Meirande e a illa de San Simón, agasallo que recibimos por gañar o I Concurso de Teatro Radiofónico organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.
Como non estamos acostumados a andar tanto, ao chegar ao peirao de Cesantes descansamos e comemos algo para recuperar forzas. De seguido chegou o barco que nos ía levar a nosa primeira parada: Meirande. Para nós non era algo novo xa que estiveramos alí noutra ocasión, pero ainda así resultounos moi interesante. Ensináronnos unha réplica da sala do capitán, os cañóns e a bodega dun barco e tamén vimos uns vídeos sobre a Batalla de Rande e o choco.
Ao finalizar a visita embarcamos de novo rumbo a illa de San Simón. O primeiro que fixemos ao chegar, foi cantar a cantiga de Mendiño en homenaxe aos trovadores medievais Johan de Cangas, Martín Códax e Mendiño. A continuación dividíronnos en dous grupos e acompañados dunha guía  comenzamos a visita. Levounos, en primeiro lugar, a visitar a capela onde se atopa a imaxe do santo que lle da nome a illa. A San Simón fáltalle as dúas mans e según nos contou a guía hai dúas versións que explican o por que.
Había varios edificios, un que era antes un comedor transformado agora en cafetería, outro que primeiro foi un hospital e logo  unha cárcere. 
Contáronnos porque a illa de San Simón lle chamaban a illa limpa e a San Antón a illa sucia. Isto era porque os barcos que viñan de facer grandes travesías, antes de poder desembarcar, tiñan que pasar cuarenta días na illa, e os que padecían enfermidades contaxiosas eran levados a illa de San Antón e tiñan prohibida saír de alí. 
A través dunha ponte accedemos a illa de San Antón, onde se atopa o ceminterio e un edificio transformado en museo con fotografías de diferentes épocas. Voltamos a illa de San Simón e fixemos a última parada onde a guía nos amosou un cruceiro na illa de San Bartolomeu que rinde homenaxe a uns homes que perderon a vida alí ao volcar a pequena embarcación na que ían.
A paisaxe das illas é moi fermosa con árbores con máis dun século de vida como os que forman o Paseo dos Buxos.
Finalizada a visita volvemos a coller o barco que nos levou de volta ao peirao de Cesantes e de alí fomos andando ata o colexio.
 Cris

miércoles, 24 de junio de 2015

DE PASEO POLO CADAVAL

Para pasar o último día xuntos neste curso quixemos voltar a un lugar paradisiaco a beira do río Alvedosa. Polo camiño fomos vendo os cultivos de millo, patacas, viñas e hortas e observando as diferentes árbores froiteiras e a vexetación típica do bosque de  ribiera.
Aproveitamos para compartir xogos en contacto coa natureza, nun prado rodeado de árbores, vendo bolboretas, cabaliños do demo e algunha que otra que coma nós estaban disfrutando do lugar.
Despois de merendar e refrescar os pés no río, ainda que algún e algunha mollou algo máis que os pés, voltamos ao cole.
Foi momento de despedidas e de entregar as notas, e como xa vos dixen, o importante foron todas experiencias e vivencias que compartimos al longo deste curso.


O blog non pecha por vacacións polo que seguiremos en contacto.

Espero vervos de novo en setembro!

Disfrutade moito das vacacións que o merecedes!


lunes, 22 de junio de 2015

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

O venres 12 de xuño fomos a praia de Cesantes. O noso guía que se chamaba  Marcelo, explicounos que o perixel de mar era unha planta carnosa para protexerse do vento, da area e para conservar a auga, tamén vimos un cardo de mar. A continuación explicounos a historia da Illa de San Simón. Despois vimos unha planta que tiña  flores amarelas que se a inclinabas parecían paxariños. Fomos camiñando ata outra praia e polo camiño atopamos sobreiras e carballos.  Explicounos como se formaban as cocas dos carballos e nos ensinou un ovo cunha avespa dentro.
Ao volver atopamos unha vacaloura e Marcelo pedíunos si se podía quedar con ela para estudiala.
Xa me esquecía de contar que mentras esperábamos por Marcelo xogamos a atopar cunchas e  eu atopei unha de ostra onde se lle miraban moitas capas.

Paseino xenial!
Unai

domingo, 22 de junio de 2014

A DERRADEIRA SAÍDA DESTE CURSO!!!

Nada mellor para rematar o estudo de ¨A nosa contorna¨ que percorrer os carreiros e  corredoiras do Cadaval. 
O Cadaval é un lugar onde ainda se poden ver canas que dan orixe ao seu nome, e  terreos cultivados que sobreviven á presión urbanística da zona de Reboreda. Este solo tardou moitos anos en formarse é preciso conservar se queremos ter un desenrolo sostible.
Comenzamos a mañán preparando os bocatas da merenda e a continuación saímos do colexio. Polo camiño, paramos varías veces para observar os cultivos de millo, patacas, hortalizas, viña e árbores froiteiras. Tamén vimos os regos e as pozas tan importantes para os cultivos de verán.
 O final do noso percorrido estaba a beira do río Alvedosa, no muiño do tío de Antía, alí merendamos e vimos o muiño por dentro. Despois de repor forzas fomos ver a ponte Xulián, paso obrigado dos carros cargados de cereais e viño que deixaron a súa pegada nas pedras do camiño. Logo tivemos tempo para xogar e  disfrutar dun enclave marabilloso.
Antes de recoller ainda nos agardaba outra sorpresa, co tío de Antía fixemos prácticas de tiro cunha escopeta moi singular: estaba feita de madeira con dúas pinzas de roupa por gatillo e disparaba gomas elásticas.
Pasámolo xenial!

Grazas á familia de Antía e ás nais que nos acompañástedes!!




jueves, 19 de junio de 2014

FOMOS DE COMPRAS!!!

Hoxe fomos de compras ao Familia a mercar a merenda para tomar o venres no Cadaval.
Cada equipo mercou unha cousa: chourizo, queixo, cereixas e galletas.
Ademais, estivemos percorrendo todo o supermercado e miramos se os productos eran elaborados ou naturais.
 Na carnicería vimos de que animal era a carne, e tamén, investigamos se había carne elaborada e descubrimos que había zorza, hamburguesas e chourizos.
Na peixería miramos tipos de peixes:os planos  e os que tiñan os ollos aos lados. A profe ensinounos a distinguir os peixes brancos dos azuis según a forma da súa cola. Se a teñen en forma de V coma o xurelo é azul e se a teñen plana coma a merluza é branco. Algúns peixes críanse en granxas, eso se chama acuicultura como por exemplo o salmón, a troita, o rodaballo, a dourada, a lubina....
No corredor dos aceites vimos que había aceite de xirasol, de millo e de oliva.
Na froitería collemos unha caixa de cereixas e nomeamos as diferentes froitas que alí había.
Nas caixas dos cereais observamos que tiñan moito azucre e non son tan sans como din.
Pasamos por caixa para pagar a nosa compra, pero como nos sobrou diñeiro poidemos comprar tamén patatillas, grazas a que  Alba nos vai agasallar o pan.
Polo camiño atopamos un señor que nos convidou a ver o seu muiño. Era un muiño antigo que funcionaba coa auga do río Alvedosa. Estaba formado por dúas pedras, unha das cales xiraba e moía o gran para facer fariña, óleo, picón....

Os nenos e nenas de 3º A 



miércoles, 5 de febrero de 2014

VISITA AO MUSEO DO MAR

Aproveitando a viaxe a Vigo, o martes pasado, tamén visitamos o Museo do Mar. No fixemos a visita típica a un museo senón que participamos nun obradoiro de arqueoloxía. Como arqueólogos experimentados, recuperamos restos de ósos, vaixelas, colares....  para logo analizar.
Nestes vídeos podedes ver canto aprendemos!




 

martes, 4 de febrero de 2014

Visita ao Centro Cultural Novagalica

O  pasado martes disfrutamos do  espectáculo de música e baile Sandra e  Meirol en Xistralia no Centro Cultural Novagalicia

Premede na imaxe para ver un pequeno resume no blogue da aula de música

http://muuusiqueando.blogspot.com.es/2014/02/sandra-e-meirol-en-xistralia.html

jueves, 19 de diciembre de 2013

VISITA AO MEIRANDE

Os nenos e nenas de terceiro e cuarto A fomos de visita ao museo Meirande. Ali explicáronnos como sucedeu a Batalla de Rande e poidemos ver unhas réplicas dos barcos que interviron na batalla así como canóns e ata o camarote do capitán e a bodega dun barco.
Préstamos moita atención as explicacións da guía que nos acompañou durante todo o percorrido e nos contou que ese edificio era parte dunha antiga fábrica conserveira da que ainda se conservan algunha das máquinas que alí había.
Para rematar vimos un vídeo onde se mostraban imaxes de como pido ser esa terrible batalla.

Aquí tedes un pequeno resumo da visita.



jueves, 17 de octubre de 2013

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA

O pasado xoves realizamos a nosa primeira saída co fin de percorrer o casco antigo da nosa vila e visitar o concello. 
Baixamos andando pola rúa dos Eidos. Fixemos a primeira parada no adro da igrexia pois foi nesa zona onde seguramente se asentaron os primeiros habitantes de Redondela. A continuación paramos na praza da Alfondiga, lugar de venda de diversos produtos entre eles a semente da herba, leña, feixóns... Moi pretiño de alí poidemos ver unha das casas máis antigas da nosa vila. Baixamos ata o cruce coa rúa Telmo Bernárdez na praza do Leite que é a que marca o límite do barrio máis elitista do de pescadores da Esfarrapada. Percorremos a estreita rúa Meixón Frío e dirixímonos ata a praza da Casa da Torre. Sentados alí poidemos comparar os tipos de edificios que podemos atopar a unha e a outra beira do río Alvedosa. 
A pesares de que o seu curso atravesa Reboreda, o río Alvedosa é un gran descoñecido. Observamos que neste tramo urbano, o seu cauce discurre entre muros, ten abundante vexetación onde habitan parrulos e se poden ver plásticos e bastante lixo. Andivemos uns  poucos metros para ver o lugar onde se xunta  co río  Maceiras
Xa non había tempo para máis, tiñamos que merendar pois o señor Alcalde estábanos esperando. No concello poidemos ver o salón onde se celebran os plenos e sentirnos como concelleiros e concelleiras votando as nosas propostas. Tamén fomos a oficina do censo e comprobamos que podían saber cal era o noso enderezo se vivíamos no concello de Redondela.

Ainda nos queda moito que ver así que dentro de nada voltaremos a percorrer as rúas da nosa vila.

Grazas señor Alcalde polo seu tempo e amabilidade!



jueves, 19 de septiembre de 2013

VISITA A BAIONA

Quero comunicar a todas as familias que  sábado 21 terá lugar a sexta sesión do curso “Persoas e territorio” organizado polo Centro Social A Miñoteira.
 Nesta saída realizarase unha visita ao litoral no Monte do Boi en Baiona. Iremos en coches particulares dende o Centro Social  de Ventosela ás 10: 30 da mañán. Prezo 2 euros.

 Animádevos a vir, seguro que que ides disfrutar tanto da natureza como das explicacións dos guías!

martes, 20 de agosto de 2013

ROTEIRO NOCTURNO POLOS PETROGLIFOS DE AMOEDO

Este venres 23 vai ter lugar un roteiro nocturno pola parroquia de Amoedo. Da man do arqueólogo e divulgador Xosé Lois Vilar percorreranse os lugares onde se atopan as mostras máis salientables da arte rupestre. Nesta zona atópanse unha gran cantidade de petroglifos moi ben conservados que merece a pena ver.
Sairase as 21:30 da Casa da Cultura de Amoedo. Aconséllase levar lanterna e roupa de abrigo.

Animádevos a vir!!

miércoles, 19 de junio de 2013

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

O pasado mércores os nenos e nenas de cuarto fomos a pasar o día á praia da punta de Cesantes .Alí tivemos tempo para disfrutar da tirolina e doutros xogos do parque infantil. A parte de disfrutar deste entorno, Tania e Pablo da Cooperativa TRESPÉS acompañáronnos para ensinarnos as plantas que medran na duna que se está rexenerando e os diferentes crústaceos, algas e plantas que viven nas zonas ata onde chega a auga.. Pero ainda nos esperaba unha sorpresa: un simulacro de subasta de peixes e mariscos na lonxa.
Despois de xantar e  cubrir o noso caderno de campo, aproveitamos para facer un mural por equipos para plasmar o maravilloso día que tivemos.


miércoles, 8 de mayo de 2013

SAÍDAS PARA COÑECER O NOSO MEDIO

Estase a celebrar en Ventosela o curso Persoas e territorio. Ferramentas para coñecer o noso medio, organizado polo Centro Social a Miñoteira e coordinado pola cooperativa Trespés.
Este curso está destinado a persoas de calquer idade e consta de 16 sesións repartidas entre maio e outubro.  O curso completo  para os non socios ten un prezo de 30 euros, pero para as persoas que so lles interese participar nalgunha das saídas poderá abonar so o importe destas.
A vindeira saída é este domingo 12 de maio para percorrer a Senda da Auga, quedamos as dez da mañán no campo de fútbol de Reboreda.
A paisaxe e territorio a analizar é o val do río Maceiras onde poderemos observar e estudar tanto os elementos naturais:a xeomorfoloxía do terreo e a vexetación.... e os elementos introducidos polo ser humano destacando entre eles as liñas de  ferrocarril  construidas en tres séculos diferentes.
 Persoalmente estou asistindo ao curso e podo dicir que é impresionante todo o que se pode aprender  e sobretodo se  adquiren ferramentas para poder mirar o noso entorno con ollos diferentes.

Animádevos a vir en familia!
  Aprenderemos moito e pasarémolo estupendamente!

Para máis información podedes chamar ó  ao teléfono 634 817422

 Aquí vos deixo unha pequena mostra das dúas primeiras sesións



miércoles, 1 de mayo de 2013

SAÍDA A PONTEVEDRA

Este luns os nenas e nenos do 2º Ciclo desprazámonos a Pontevedra . Primeiro asistimos a un a espectáculo de música tradicional galega no Centro Social de Caixanova no que poidemos escoitar regueifas, cantares de cego,  muiñeiras, valses, mazurcas.... Despois de descansar e tomar a nosa merenda na praza da Ferrería esperábanos Raquel, unha guía da oficina de turismo que nos ensinou os recunhos máis destacados desta fermosa vila. Comenzamos alí mesmo nesta praza e no noso percorrido e pasamos pola  praza da Verdura, a praza da Leña, a praza do Teucro e finalizamos na praza de España. 
Non nos deu tempo a máis así que voltamos ao colexio coa intención de voltar coa a nosa familia e contarlles todo o que aprendemos.

sábado, 10 de noviembre de 2012

DE COMPRAS NO FAMILIA

O  xoves pola mañá fomos de compras ao supermercado Familia.
No colexio primeiro estivemos organizándonos e falando do que íamos a facer. Polo camiño fomos cantando cancións.  Foi divertido pero curto.
Cando chegamos fomos a ver os alimentos construtivos, reguladores e enérxéticos. Logo tivemos que facer unhas probas por equipos. Cando todos tíñamos as probas resoltas pedimos na charcutería o xamón e o queixo e collemos a masa de follado na neveira. Despois, os que levábamos o diñeiro pagamos as cousas e voltamos ao colexio.
Pasámolo moi ben!

Nenas e nenos de 4º A




martes, 26 de junio de 2012

UN FINAL DE CURSO DE CONTO

Este curso estivemos traballando arredor dos contos e quixemos despedilo dun xeito moi especial, para elo contamos coa inestimable axuda da profe Amparo.
Os nenos e nenas de 3º A e 3º B fomos ata a punta da praia en Cesantes e ali esperabanos unha manán de xogos e diversión.
 A profe Amparo tiñamos preparado un xogo onde debíamos recuperar os contos que por mor dun maleficio desapareceran. Para conseguilo deberíamos superar unhas divertidas probas. Ao final conseguímolo e por arte de máxia apareceu un cofre coa unha suculenta recompensa.

Foi un día moi especial!

Grazas profe Amparo!

miércoles, 13 de junio de 2012

VISITA A UNHA CLINICA VETERINARIA

Para completar o estudo do tema de Coñecemento do Medio sobre as diferentes profesións e os instrumentos e máquinas que utilizan desprazamonos ata a clínica veterinaria A FAROLA que é propiedade dos pais de Arrieta. Marta e Iñaki foron uns mágnificos anfitrións e ensináronnos algunhas das tarefas que leva a cabo un veterinario e os útiles e aparellos que utilizan.
Ao regreso á aula por parellas fixemos unha redacción sobre a visita e aquí tedes a de  Arrieta e Carmen.

Este miércoles fuimos a una clínica veterinaria. Al llegar nos recibieron Iñaki y Marta y después nos enseñaron las cosas que había en la tienda. A continuación Iñaki nos enseñó el microscopio, el estetoscopio, el otoscopio y también nos pesamos. Luego fuimos a la sala de rayos X y allí todo era de plomo, hasta el traje que se utilizaba para hacer radiografías. En el quirófano vimos un aparato que media la pulsación del corazón y el oxígeno. Iñaki operó de mentira a Óscar que temblaba de miedo. También había un autoclave que era para matar las bacterias de las pinzas y del material.
Marta nos enseñó el ecógrafo que servía para ver el interior del cuerpo y la peluquería en donde Fitu le estaba cortando el pelo a un  perro.
Cuando nos acabaron de enseñar la clínica paseamos a dos perros. Al final hicimos un montón de preguntas y nos fuimos muy alegres con un regalo. 
Nos gustó mucho y esperamos volver!

Arrieta y Carmen

Grazas!!!