martes, 16 de junio de 2020

FESTA DE FIN DE CURSO

Rematamos estes meses tan duros e intensos. Desde logo estas non son as mellores condicións pero, a pesar de todo, tentamos adaptarnos e seguir estando xuntos.
 E, para acabar, coma non podía ser doutra maneira, organizamos unha festa; houbo música, baile, xogos e ata merendola, que máis se pode pedir?


 MOI FELIZ VERÁN A TODOS, DESFRUTADE MOITO DO AIRE LIBRE, VÉMONOS EN SETEMBRO!!!

 

 


lunes, 15 de junio de 2020

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DE PLÁSTICA

Durante este confinamento sacados todos o noso lado máis artístico. Tanto, que ás veces, as nosas obras cobran vida.

viernes, 12 de junio de 2020

ÚLTIMAS ACTIVIDADES: MURAL DE DESPEDIDA

Este curso chega ao seu fin.
Aproveitamos estes días para facer as últimas actividades e tamén para despedirnos.
Aquí vos deixo un mural cos desexos dos alumnos de quinto.

https://es.padlet.com/nivecaro_redondela/urljvr292rdf83we

miércoles, 10 de junio de 2020

A MATERIA: FERMENTACIÓN

Rematamos os experimentos da materia da semana pasada observando o proceso da fermentación. Para iso usamos levaduras para facer unha masa que levedase.
Amasamos ata 3 veces e deixamos descansar para observar ese proceso.
Logo algúns aproveitaron para facer pan ou bolos.

martes, 9 de junio de 2020

A MATERIA: OXIDACIÓN

O seguinte experimento sobre a materia da semana foi a oxidación.
Para isto puxemos rodelas de mazá en distintos líquidos: auga con bicarbonato, auga, vinagre, leite, limón e sen ningún líquido.
Despois deixamos repousar 24 horas para poder sacar conclusións.

lunes, 8 de junio de 2020

A MATERIA: FLOTACIÓN

Seguimos co tema da materia.
 Nos experimentos desta semana fixemos unha chea de cousas.
 Empezamos traballando a FLOTACIÓN.
Mirade o experimento que nos amosa Enzo e sacade as vosas conclusións.

viernes, 5 de junio de 2020

COMO MOLAN OS VENRES: XOGAMOS AO PARTY CONFINADO

Unha semana máis aproveitamos o venres para facer unha videoconferencia especial onde poder aprender xogando.
Esta semana fixemos un xogo onde nos podía tocar debuxar, facer mímica ou ter que describir unha palabra pero sen usar unha serie de palabras prohibidas.
Pasámolo xenial.

jueves, 4 de junio de 2020

AS NOSAS COMPOSICIÓNS MUSICAIS

A semana pasada estivemos facendo composicións musicais cun programiña moi simpático.
Mirade que ben quedaron

miércoles, 27 de mayo de 2020

martes, 26 de mayo de 2020

lunes, 25 de mayo de 2020

ESTADOS DA MATERIA

Seguimos traballando co tema da materia.
Nesta ocasión traballamos os estados da materia e descubrimos que a auga non sempre se conxela cando a metemos no conxelador.

viernes, 22 de mayo de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Letras Galegas facendo unha chea de actividades. 
Fixemos unha escape room, xogamos ao Carvalhopoli, vimos vídeos e, ademais, creamos as nosas propias pitas do conto "As pitas baixo a choiva" e tamén fixemos as personaxes para comer.


jueves, 21 de mayo de 2020

miércoles, 20 de mayo de 2020

ASÍ FOI A SEMANA PASADA

A semana pasada fixemos unha chea de cousas.
É moi difícil poder facer vídeos e entradas de todas así que aquí vos deixamos un resumo que recolle as que máis nos gustaron.

martes, 19 de mayo de 2020

lunes, 18 de mayo de 2020

OS VENRES MOLAN: XOGAMOS AO BINGO

Novo venres e, con el, novos retos.
Esta semana xogamos ao bingo. Tivemos algúns percances antes de comezar pero atopamos xeito de solucionalos e, finalmente, puidemos xogar.
Pasámolo moi ben!!!

sábado, 16 de mayo de 2020

OS VENRES MOLAN: COCIÑAMOS COOKIES

 Os venres sempre tentamos que sexan días máis especiais así que deseñamos actividades distintas onde aprendemos doutro xeito.
A semana pasada aproveitamos para cociñar cookies.
Foi moi divertido e, ademais, estaban boísimas.

viernes, 15 de mayo de 2020

OLIMPIADAS CONFINADAS CON SCRATCH

Como o tema deste ano é o deporte non puidemos resistirnos a crear as nosas propias Olimpiadas,sobre todo porque serán as únicas, xa que Tokio está cancelado.
Imos programar unha serie de deportes olímpicos usando Scratch.
Comezamos programando o Tiro con Arco, inda que xa veredes que na versión confinada é, máis ben, tiro con frecha.

jueves, 14 de mayo de 2020

A MATERIA

En ciencias estamos traballando a materia e o mellor xeito de facelo é experimentando, por iso estes días estamos facendo experimentos nas nosas casas.
 Aquí vos deixamos os primeiros.


miércoles, 13 de mayo de 2020

PRÁCTICAS CON SCRATCH:O LABIRINTO

Seguimos co noso traballo no confinamento.
Nesta ocasión fixemos un labirinto usando Scratch.
Foi moi divertido e mirade que ben quedaron!!!

miércoles, 6 de mayo de 2020

MÁIS E MÁIS COUSAS

Estes días estamos facendo tantas cousas que se nos van acumulando.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo dalgunhas das actividades que levamos a cabo.

martes, 5 de mayo de 2020

ARTE CONFINADO

Os venres molan e sempre tentamos facer algo especial e distinto. 
Fai un par de semanas preparamos un xogo que consistía en ir buscando pola casa adiante distintos elementos. 
Despois había que relacionar cada elemento cunha obra artística e, finalmente, cada un debía converterse nesa obra usando o material. 
Pasámolo xenial. 


lunes, 4 de mayo de 2020

OS MAIOS CONFINADOS

Empezamos semana cunha chea de cousas que contarvos. 
A primeira, xa estamos en maio e os alumn@s de quinto participamos na proposta da Sinha Paca xunto a Consellería de Cultura de Redondela no primeiro (é espero que único) certame de maios confinados.
Fixemos as coplas en equipo usando os grupos de traballo diarios e logo, cada quen, na súa casa botando man do que podía converteuse nun maio. Mirade que ben quedaron!!!

martes, 28 de abril de 2020

DÍA ARTÍSTICO

A semana pasada en Plástica fixemos un xogo relacionado coa arte.
Despois, cada un de vos fixo as súas composicións artísticas e así quedaron!!!

sábado, 25 de abril de 2020

viernes, 24 de abril de 2020

BISCOITO 1, 2, 3

A cociña é un lugar fantástico para aprender, hai que medir, pesar, ser preciso, ter en conta os tempos...
Pero, o mellor da cociña é que logo hai que comer!!!
Esta semana cociñamos.

jueves, 23 de abril de 2020

ANIMAIS COAS MANS

Esta semana foi moi intensa e fixemos unha chea de cousas. Algunhas máis divertidas ca outras, por exemplo, debuxamos animais cos dedos.

Mirade que chulada!!! 

 

O LIBRO FAVORITO DE CARME

O día do libro non podía faltar outra das nosas entregas lectoras.
Hoxe lemos Carme.

DÍA DO LIBRO

Empezamos celebrando este día tan especial deixándovos o conto do espello que contamos hoxe para que poidades volver lelo con calma.
https://issuu.com/nivecaro/docs/el_espejo
Aquí vos deixo de novo as indicacións de coma escribir carta ao eu do noso futuro por se queredes facer outra.
E para inspirarvos a canción "Nuestro tiempo" de Amaral

martes, 21 de abril de 2020

lunes, 20 de abril de 2020

O LIBRO FAVORITO DE JAVI

Seguimos facendo lecturas para celebrar o mes do libro.
Hoxe é a quenda de Javi que nos le un libro de animais.

viernes, 17 de abril de 2020

jueves, 16 de abril de 2020

O MEU LIBRO FAVORITO

Coma o mes de abril é mes do libro, queremos que nos leades a vosa historia favorita porque ler é un xeito de escapar deste duro confinamento. Julia é a primeira que nos vai facer voar!!!

 Bravo Julia. 

miércoles, 15 de abril de 2020

PRÁCTICAS DE SCRATCH: NOMES ANIMADOS

Ola a todos!!!
Despois dun periodo de formación, xa estamos de volta, con moita ganas e forza a pesar das circunstancias adversas.

Estes días estamos traballando, máis ou menos, coma podemos e, pouco a pouco, os esforzos van dando froito.

Mirade que chulos están quedando os nomes feitos con Scratch!