Un esquema é un xeito de analizar, mentalizar e organizar todos os contidos presentes nun texto.
Para poder levar a cabo un esquema necesito:
1. Facer unha lectura ou escoita comprensiva.
2. Subraiar
3. Empregar palabras chave
4. Usar a túa propia linguaxe
5. Destacar a idea principal e ir descendendo nas ideas secundarias.
Hai moitos xeitos de representar un esquema. Debes escoller o que creas que se axeita mellor as ideas que queres representar.
Agora aplica a teoría para elaborar o teu esquema sobre os contidos a tratar no tema do Reino Animal. Como? Mira os dous vídeos, igual precisas facer anotacións ou ir parando o vídeo. Fai o teu esquema primeiro en sucio para poder controlar ben o espazo que precisas. Cando o teñas listo pásao a limpo.
Co teu esquema podes ver todos os contidos que imos traballar?
No hay comentarios:
Publicar un comentario