Mostrando entradas con la etiqueta Taller de cociña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Taller de cociña. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de mayo de 2020

OS VENRES MOLAN: COCIÑAMOS COOKIES

 Os venres sempre tentamos que sexan días máis especiais así que deseñamos actividades distintas onde aprendemos doutro xeito.
A semana pasada aproveitamos para cociñar cookies.
Foi moi divertido e, ademais, estaban boísimas.

viernes, 24 de abril de 2020

BISCOITO 1, 2, 3

A cociña é un lugar fantástico para aprender, hai que medir, pesar, ser preciso, ter en conta os tempos...
Pero, o mellor da cociña é que logo hai que comer!!!
Esta semana cociñamos.

lunes, 30 de septiembre de 2019

OS VENRES MOLAN: COCIÑAMOS?

Un ano máis o venres van ser o noso día máis lúdico.
Este ano temos unha novidade que xa vos contaremos pero, mentres tanto, os venres xa estamos facendo cousiñas.
O primeiro venres tocou facer taller de cociña por equipos.
Fixemos 5 equipos, cada un encargábase de facer unha receita. Primeiro cada equipo tivo que descifrar a súa receita a través de diferentes probas. Coas receitas listas foi a hora de cociñar.
E rematamos merendando todo o feito!


jueves, 22 de noviembre de 2018

EMPANADILLAS DE VERZA

Estamos reformando a horta dos maiores e toca recoller o sementado para que non se perda. A semana pasada collemos as cebolas e as verzas e con elas fixemos unhas deliciosas empanadillas de verza.
Inda que a maioría non tiñan moitas ganas de comer verza, a receita resultou ser todo un éxito.

martes, 19 de junio de 2018

MASTERCHEF REBOREDA!!!

Estamos rematando o curso e estes días son un pouco máis lúdicos. 
A semana pasada fixemos unha sesión de Masterchef. O reto consistía en facer un tiramisú con frambuesas da nosa horta. 
Cada equipo organizouse e repartiu os ingredientes para traer ao día seguinte e cociñar pero, cando xa tiñamos todo arranxado, unha nova dificultade sumouse ao reto, un membro do xurado era celíaco así que había que buscar algunha alternativa.
Despois de bastantes rompedeiros de cabeza os equipos volveron refacer os seus ingredientes e o material a traer e, ao día seguinte puxémonos mans a obra. 
Foi moi divertido, cociñamos, manchámonos, berramos, rimos e fixemos uns tiramisus moi ricos.
Mirade!!!

miércoles, 9 de mayo de 2018

GRELOS PARA TODOS!!!

Fai algunhas semanas que os alumnos de quinto A e B desfrutamos dun menú de degustación composto por grelos, chourizos, patacas e ovos cocidos.
Para facer o noso menú cada alumno trouxo os diferentes alimentos para engadir aos nosos grelos da horta que xa estaban listos para comer.
A ola eléctrica encargouse de facer o traballo e despois desgustamos os grelos. 
Non tiveron tanto éxito coma as acelgas, aínda que... 
Mellor que volo conten eles!

martes, 6 de marzo de 2018

CULTIVAMOS, COCIÑAMOS E COMEMOS

A semana pasada recollemos a segunda producción da nosa bala de cogumelos e aproveitamos para cociñalos. Incorporamos tamén acelgas da horta y fixemos un menú sá e moi nutritivo.
Cada un trouxo unha cousa para poder sacar adiante as receitas, fixemos equipos e, pouco a pouco, conseguimos sacar adiante o menú.
Foi un día xenial e, o mellor de todo, foi o banquete que nos demos.

domingo, 8 de mayo de 2016

PASTEL SALGADO

A nosa horta comeza a dar os seus primeiros produtos de temporada e  como xa temos unhas leitugas moi fermosas quixémolas probar. Para elo preparamos un pastel salgado de atún e outro de xamón e queixo.
 Tanto un como o outro estaban exquisitos.!!!!

viernes, 20 de marzo de 2015

CON CHEIRO A VAINILLA!!!!

Fai uns días que descubrimos un  libro  fascinante: ¨Escarlatina: a cociñeira defunta" da escritora Ledicia Costas e tennos atrapados, tanto polas aventuras de Román como polas recetas tan apetitosas que trae. Hoxe estreámonos e fixemos a primeira " Magdalenas Caseiras para lamber os fociños¨ e si que os lambemos!!!!
Coma sempre " As magdalenas hai que gañalas!" e a receta serviunos para continuar practicando problemas de peso e capacidade. Os cl., ml. , gr., quilo, medio  quilo.... entran mellor se cheiran a vainilla e limón e saben a gloria.


lunes, 9 de marzo de 2015

AS PIZZAS E AS MATEMÁTICAS

O pasado martes cociñamos pizzas de setas. Primeiro, o luns preparamos a masa e mentras algúns nenos botaban os ingredientes, os demais facíamos exercicios calculando distintas medidas.
O martes, despois da clase de inglés, baixamos ao salon de actos a cociñar. Fomos equipo por equipo a poñer os ingredientes. Mentras uns cociñaban outros gañaban a pizza escribindo historias fantásticas. Máis tarde comemos as pizzas e.... estaban boísimas!
Despois lemos as historias que eran moi divertidas.
Autora: María



martes, 17 de febrero de 2015

COCIÑANDO AS NOSAS SETAS

O martes 10 de febreiro, coa axuda da profe Vero, cociñamos as setas que levábamos cultivando ao longo de dezasete días. Distribuímonos en equipos, pero como as setas hai que gañalas!  a profe nos deu un texto sobre o cultivo das setas e tíñamos que responder a once preguntas. Houbo un momento no que viñeron os Apolos tamén a probalas.
Preparámolas de dúas maneiras: rebozadas e con xamón. Estas son as recetas:
Setas rebozadas
- Despois de lavar as setas, hai que bañalas en ovo e pan relado.
- Fritilas en abundante aceite.
Listas para papar!

Setas con xamón
- Botar allo e cebola ben picadiños na tixola e facer un sofrito.
- Engadir xamón en anaquiños.
- Botar as setas cortadas en tiras e cociñalas durante uns minutos
- Cando estean listas poñer unha porción enriba dunha tostada.
A comer!

Pasámolo moi ben cociñando e estaban boísimas!
 Lucas Camiño

jueves, 30 de octubre de 2014

GALLETAS DE SAMAÍN

Hoxe tivemos unha visita moi especial.
 O curso pasado, Bea, a nai de Unai, mandounos unhas impresionantes galletas con formas e decoración do Samaín. Como sabemos que é unha experta no tema, este ano pedímoslle que viñera a  nosa clase e nos ensinara como se facían.
Non tíñamos moito tempo así que nos trouxo as galletas xa feitas. Seguindo as súas instruccións e con moito arte creamos fantasmas, cabazas, sombreiros de bruxas, casiñas.... 

O resultado foi espectacular!
Grazas Bea!!!!!!

viernes, 10 de octubre de 2014

PANINIS

Neste curso imos a utilizar as receitas de cociña como referente para facer traballo cooperativo e realizar actividades que engloben varias áreas.
Este venres comenzamos cunha  das receitas que máis gusta, paninis. Cada equipo encargouse de traer os ingredientes necesarios e preparámolos de xamón e de atún.
Como podedes ver nas fotos, podemos dicir que ..... 
non se lles da nada mal esto da cociña!


domingo, 15 de junio de 2014

PREPARAMOS PAN DOCE

O último tema que estamos estudando en Coñecemento do Medio está adicado ás máquinas e as ferramentas, así que aproveitamos para coñecer algunhas das ferramentas que utilizamos na cociña e  una máquina de facer pan que utilizamos para elaborar un pan doce.
 Como o pan sempre hai que gañalo, realizamos varias actividades en torno a elaboración da receta. Comenzamos aprendendo coa profe Alejandra o nome dos ingredientes e dos procesos en lingua de signos, pesamos e medimos os ingredientes, cheiramos os aromas da auga de azahar , esencia de anís e cardamomo e, como non podía faltar fixemos unha ficha na que tivemos que calcular pesos, tempos....

E, o mellor de todo foi que estaba boísimo! 

martes, 11 de febrero de 2014

SORPRESA!!!!!!

Adiviñade que fixemos hoxe!!




 Neste curso ainda non disfrutaramos da experiencia de cociñar xuntos e degustar as nosas exquisitas preparacións culinarias, así que hoxe puxémonos as mans na masa para preparar napolitanas de chocolate e mermelada.

O resultado foi espectacular como podedes ver!

jueves, 28 de febrero de 2013

VOLTAMOS A FACER GALLETAS!

Onte fixemos galletas. Primeiro nos organizamos para traaer os ingredientes. Cada equipo facía un tipo de galleta: Os Pitufos de laranxa, Os Estrelas de pebidas de chocolate e Os Esquíos de marmelada de amorodo.
Comenzamos por aprender o nome dos ingredientes en inglés e logo en lingua de signos. Cando xa os sabíamos, puxémonos a tarefa.
 Primeiro pesamos todos os ingredientes menos os ovos. Nun recipiente mesturamos o azucre moreno coa manteiga e engadimos os ovos batidos un a un. Despois lle botamos a fariña xunto co sal e o fermento. Logo amasamos a mestura con esencia de vainilla e un ingrediente segredo. Engadímoslle a reladura de laranxa ou pebidas de chocolate segundo o sabor, démoslle formae as colocamos sobre o papel de fornear. Ao final metémolas no forno e cando estaban douradas, sacámolas e deixámolas arrefriar.  Xa estaban listas para comer!
Probámoslas na clase e cada un de nós levou para a casa unha saquetiña con nove galletas.

Mnnnnn! Que ricas!


domingo, 1 de abril de 2012

ROCHAS DE CHOCOLATE

Últimamente os venres adicàmolos a facer de xeito sistematico actividades de traballo cooperativo. Este venres preparamos unhas exquisitas rochas de chocolate despois de ler un texto sobre a orixe de tradicion de regalar ovos de chocolate nestas datas
Coma sempre ¨As rochas hai que gañalas!¨ así que comenzamos por facer a correspondente ficha onde calculamos o prezo dos ingredientes, a cantidade de cereais que lle correspondía a cada equipo, a cantidade de pastillas que tiña cada tableta de chocolate, cantas lle tocaban a cada un para partilas....
Despois de partir o chocolate, contamos coa colaboración de Luisa que nos levou a derretir o chocolate no microondas. Ao chocolate fundido engadímoslle os cereais e remexemos ata que estivo todo mesturado e a continuación fixemos montonciños coa mestura de chocolate e cereais.
O mais dificil que ten esta receta é esperar a que o chocolate volte a solidificarse e non polo tempo que lle leva xa que se as metemos na nevera nunha hora as rochas xa están listas senon polo ben que cheiran.
Son irresistibles!






domingo, 19 de febrero de 2012

FACEMOS FILLOAS

Dentro das actividades cooperativas que levamos a cabo na aula unhas das que máis éxito teñen son as que realizamos nos TALLERES DE COCIÑA e como estamos en tempo de entroido fixemos unha receta moi típica desta época: as filloas.

A cada un dos membros dos tres equipos en que temos dividida a clase, déuselle unha ficha que contiña a receta e unha serie de actividades sobre o prezo dos distintos ingredientes . Dentro dos equipos organizáronse para bater e pesar os distintos ingredientes e as profes encargámonos de callar a masa na tixola. Unha vez feita as filloas, cada un reencheoa de mermelada, crema de cacao ou natillas segundo as súas preferencias.

Tíñamos pensado comelas no recreo pero cheiraban tan ben e tiñan tan boa pinta que non poidemos esperar.

A verdade é que están feitos uns magníficos cociñeiros e cociñeiras!



viernes, 9 de diciembre de 2011

LARANXAS CON MEL

Unha vez máis disfrutamos da preparación e degustación dun delicioso plato!

Está semana impartiuse ás aulas de 3º e 4º un obradoiro de alimentos de temporada, pero nos quixemos dar un paso máis e nos achegamos ao supermercado Familia para facer un percorrido polas diferentes seccións e así poder ver de cerca as froitas e verduras que alí se podían mercar.
Pero a visita ao supermercado tamén tiña outro obxectivo que era mercar os ingredientes para elaborar un plato con produtos típicos desta época do ano.
Dividimos a clase en tres equipos, cada un tiña a súa lista da compra e dispuña de 4 euros para gastar. Daba gusto ver o ben que o fixemos a hora de contar os cartos para pagar e coller as voltas!.
Xa na clase, comenzamos por lavar as mans e pelar as laranxas e cascar as noces. Despois de decidir como ía a ser a presentacióndo do noso plato, colocamos na bandexa os diferentes ingredientes de forma creativa.

O resultado, ademais de vistoso, foi moi sabroso e nutritivo!



miércoles, 23 de noviembre de 2011

O NOSO PRIMEIRO PAN DOCE

Por primeira vez este curso facemos pan doce. Unha vez máis utilizamos o taller de cociña para traballar a estructura dos textos das recetas de cociña, a lectura comprensiva de textos de instruccións, problemas de cálculo en contextos reais, a medida do tempo..... sin esquecer o valor de realizar unha actividade en que todos colaboramos e tamén disfrutamos do resultado.
Estaba exquisito!