Mostrando entradas con la etiqueta Plantas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plantas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de abril de 2013

ASÍ PROGRESA O NOSO HORTO

Co bo tempo podemos retomar os coidados  do o noso horto, así que aproveitamos os recreos para seguir plantando e coidando os diferentes cultivos que nos que podemos apreciar o froito do noso esforzo e coidados. Nas fresas xa se poden ver flores e froitos, os tirabeques xa están grandiños, as espinacas tamén medraron e os allos en apenas quince días agromaron. Quédannos por salir as cebolas. Onte plantamos baixo abrigo, creando un invernadoiro caseiro, leitugas e temos pendente de trasplantar as xudías e os tomates. Tamén temos máis de 20 plantas aromáticas diferentes.
E así o noso horto convírtese nun lugar de encontro e traballo en equipo.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own slideshow design

jueves, 14 de marzo de 2013

COMENZAMOS A PLANTAR

Esta semana comezamos a plantar  na nosa horta.  Como sempre a resposta das familias foi impresionante e os nenos e nenas trouxeron: menta, hortelán, ruda, romeo, manzanilla, loureiro, funcho, milrama, perexil, aloe vera, xarxa, melisa e nébeda.
 O longo da  semana, en pequenos, estivemos traballando na horta plantando as aromáticas e tamén aproveitamos para plantar  frambuesas e unha chea de amorodos dos que esperamos probar os seus froitos antes de rematar o cole . E non solo eso,  hoxe atrevémonos a  sementar tirabeques.

 Mil grazas familias!

 
Click to play this Smilebox slideshow.
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow generated with Smilebox

domingo, 20 de enero de 2013

APRENDEMOS COAS PLANTAS

Outra entrada que recuperamos do estudo que fixemos o curso pasado sobre as plantas

Na nosa a aula temos unha morea de recursos que utilizamos para o estudo das partes e das funcións vitais das plantas. Coa rosa de Xericó comprobamos como reacciona en presencia de auga e como está adaptada ao medio, igual co xacinto de auga que ten as raíces e talos diseñados para poder vivir na auga. Os tulipáns floreceron a tempo para ver as partes da flor e tamén como o talo e a flor detectaban a presencia de luz. O apio sumerxido en auga con tinta serviunos para obsevar como as sustancias suben polo talo e chegan ata as follas....
Deixamos polo momento o estudo do tema das plantas mentras continuan medrando os tomates e mimosas sensitivas que sementamos e cuidamos con moito esmero xunto co resto de plantas.
Aquí neste vídeo está un pequeno resumo de como os utilizamos para aprender.


viernes, 24 de febrero de 2012

OS NOSOS TULIPÁNS

Este xoves cando voltamos ao colexio tíñamos unha sorpresa:florecéranos un tulipán. Démonos conta de que cando lle daba o sol a flor abríase e tamén podía virar e cando había sombra pechábase.
Temos outros bulbos e esperamos que dentro duns días tamén nos florezan.


Sabedes que:
  • Os tulipans xa se cultivaban en Turquía dende o ano 1.000 da nosa era.
  • A palabra tulipán significa ¨turbante del turco Turbend¨.
  • É sinxelo cultivar tulipáns, necesitan moi poucos cuidados.
  • Os seus bulbos florecen en primavera e deben ser plantados en outono.
  • Florece apróximadamente aos 120 días de ser plantados.
  • Necesita polo menos 4 horas de sol diarias.

Arrieta e Carmen