lunes, 18 de marzo de 2019

miércoles, 13 de marzo de 2019

IMATXINA ESCOLA

Onte participamos nos talleres Imatxina escola onde traballamos matemáticas de xeito lúdico. Tivemos que enfrontarnos a diferentes retos matemáticos e poñer os nosos coñecementos a funcionar. Pasámolo moi ben. Despois de darlle tanta caña ao cerebro tocaba un pouco de descanso e, ainda que xa estamos en sexto, no fondo encántannos seguir sendo nen@s.

martes, 12 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER: REDONDELA TAMÉN TEN NOME DE MULLER

O luns 11 seguimos coas actividades adicadas ao Día da Muller.
Se o xoves fomos nos os encargados de levar a cabo os talleres, desta volta fomos os receptores dos talleres.
Fai un tempo contactamos con Paxaretas para proporlles unha actividade para celebrar o día da Muller. A nosa idea era contar cunha membra de Xanela, a primeira organización feminista de Redondela e con outra membra de Paxaretas. Queriamos falar das motivacións para crear a organización e a asamblea e falar un pouco dos cambios ao longo destes 28 anos que separan unha asociación da outra. 
Ademais, coma levamos todo o trimestre co proxecto de "Facendo visibles ás invisibles" tiñamos unha chea de preguntas e aproveitamos a súa visita para facer un coloquio e falar de cousas que non paramos de escoitar ao noso redor coma: o patriarcado, o teito de cristal, a linguaxe inclusiva, a violencia de xénero fronte a doméstica, o feminismo liberal fronte ao radical... 

O tempo fíxesenos curto, aprendemos unha chea de cousas.  Foi unha visita moi interesante, amena e didáctica.

Moitísimas grazas a Ceci e Maica por prestarse a vir e darnos tantas facilidades. 

Un pracer compartir ese rato convosco

A NOVA HORTA ESTÁ LISTA

Despois dun meses de parón e reformas por fin temos lista a nova horta. 
Mentres, os rapaces de sexto A xa comezaron a prantar na aula para logo poder levar a horta.

lunes, 11 de marzo de 2019

SABES QUE DIN AS LETRAS DAS CANCIÓNS 2?

Seguindo o vídeo que nos mandou Rebe, hoxe atopei isto na rede feito por un instituto de Cuenca. Encantoume e non podo deixar de compartilo convosco.


https://www.facebook.com/pepa.peralta.3/videos/10215409432126863/

MULLER E CIENCIA: ACTIVIDADE PAXARETAS

Despois de recargar enerxías tras o 8M, continuamos coa programación de Marzo Muller cunha cita fundamental!! O vindeiro martes, 12 de marzo ás 20.00h, na Casa da Cultura, poderemos desfrutar da charla "Científicas da Casa: mulleres de aquí e de hoxe", a través da cal pretendemos dar visibilidade a mulleres do eido das STEM (Ciencia, tecnoloxía, enxenería e matemáticas), así coma ofrecer exemplos próximos, para que as nenas se sintan identificadas con elas, e espertar e fomentar a súa vocación polas ciencias. Agardámosvos a todas e todos!!

domingo, 10 de marzo de 2019

SABES QUE DIN AS LETRAS DAS CANCIÓNS QUE ESCOITAS?

Rebe de sexto B comparte con todos nos este vídeo con algúns dos estribillos que todos cantamos algunha vez. E hai moitas máis das que salen no vídeo: 

OS CIRCUITOS ELÉCTRICOS

En ciencias naturais estamos traballando a electricidade e o magnetismo e coma estamos seguras que o mellor xeito de aprender é aprender facendo pois puxémonos mans a obra. 
Primeiro, cada parella preparou o tema teórico. Usamos a rede para facelo. 
Coa información teórica lista chegou o momento de pasar a práctica e dedicimos unir o proxecto de naturais co de sociais así que fixemos xogos electrónicos para repasar a materia que imos traballar. Foron días intensos buscando ideas, deseñando o proxecto, facendo as maquetas, cableado... pero, despois de moito traballo e algunhas frustacións conseguimos sacar adiante as nosas maquetas.


En sexto A tamén fixeron xogos electrónicos pero eles fixeron maquetas relacionadas co proxecto de Facendo visibles a invisibles e ademais tiveron a sorte de ter un axudante de luxo, o pai de Alba Iriarte que se prestou a acompañarnos e guiarnos durante todo o proceso. 
MOITAS GRAZAS!!!

sábado, 9 de marzo de 2019

TALLERES PARA O DÍA DA MULLER

Os alumn@s de sexto fomos os encargados de levar a cabo as actividades para conmemorar o Día da Muller. 
Fixemos talleres dende Infantil ata 4º de primaria, adaptados a idade dos nen@s e nos que participamos todos os equipos que temos para o proxecto "Facendo visibles as invisibles".  
A preparación dos talleres foi express porque nos pillou en medio do entroido e do noso propio proxecto de aula, inda así, unha vez máis temos que darvos a noraboa a todos porque o fixéstedes xenial.

NON PODEMOS ESTAR MÁIS ORGULLOSAS!!!

 



viernes, 8 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER

Hoxe estamos de folga. O artigo foi elaborado o xoves 7 e programado para publicarse o día 8

Pero non podiamos deixar de compartir algunhas cousas das que circulan pola rede e que dan que pensar. Comezamos con este vídeo onde unha científica "desmonta o feminismo", non estamos para nada dacordo co que aquí nos contan pero está moi ben para que o vexades e poidamos debatir o luns.  Tede en conta que os científic@s tamén son persoas e, polo tanto, as súas investigacións sempre estarán condicionadas pola súa forma de pensar. E un pouco longo e esta substitulado pero non ten desperdicio.


Agora vexamos outro experimento científico onde nos conta todo contrario:
https://www.facebook.com/elcerebrodelnino/videos/2275185516065957/


E se deixamos a ciencia e analizamos datos: https://www.eldiario.es/economia/datos-ir-huelga-feminista_0_874913249.html

Pero, fagamos un pouco de historia:

Aquí están os datos, vosas as conclusións.

DÍA DA MULLER!!!

martes, 5 de marzo de 2019

lunes, 4 de marzo de 2019

E CHEGOU O DÍA, ENTREVISTAMOS A ANA MARÍA GONZÁLEZ NOYA

Despois de ler máis dun mes traballando no proxecto "Facendo visibles ás invisibles" chegou o gran día, entrevistamos a Ana María González Noya. 
Concertamos unha cita para facer unha videoconferencia. Ao principio tivemos algúns problemiñas porque marchou a luz e non puidemos comezar á hora acordada.
Cada vez estabamos máis nervosos. As representantes de cada grupo ensaiaron unha e outra vez as preguntas ata que chegou o gran momento.
Temos que dicir que Ana María foi moi amable, contestou a todas as nosas preguntas e, ademais, presentounos a Rosa Pedrido, a súa compañeira de departamento.
Foi un pracer charlar con elas e estamos seguros que non será o único contacto que teñamos.

MOITÍSIMAS GRAZAS ANA MARÍA E ROSA POLA VOSA ATENCIÓN, UN VERDADEIRO PRACER CHARLAR CONVOSCO.

sábado, 2 de marzo de 2019

E CHEGOU O ENTROIDO

O entroido é unha das festas que máis nos gusta. Preparamos coreografías, deseñamos e facemos os nosos disfrazaces, preparamos a pancarta...

E, cando chega o día, pasamos un día de festa. Comemos todos xuntos no cole, temos todo o cole para nos, xogamos, bailamos e pasámolo en grande ata o momento de prepararnos para o desfile.
Despois das fotos de rigor comeza o desfile e, un ano máis, pasámolo xenial.
Ao final sempre estamos cansos de tanto bailar pero cheos de diversión. 
De feito, ao chegar ao cole inda fixemos unha batalla de baile final coa ANPA. 
XENIAL RAPAZADA!!! UN GUSTAZO IR DE FESTA CONVOSCO!!!

viernes, 1 de marzo de 2019

RECURSOS PARA O DÍA DA MULLER

Aquí vos deixamos algúns recursos interesantes para coñecer a algunhas das mulleres que teñen un papel destacable na ciencia.

10 mulleres de ciencia que debería coñecer (clica na imaxe)
15 referentes STEM femininos:
VÍDEOS:

 E, por suposto, todo o voso traballo: https://omanantial.blogspot.com/search?q=FACENDO+VISIBLES

Lembrade tamén que tedes un xogo de Scracth que colgamos o día da muller e nena na ciencia.