Mostrando entradas con la etiqueta fisica e quimica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fisica e quimica. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de mayo de 2019

COMO MOLAN OS VENRES: COMEZAMOS O 3º TRIMESTRE

Xa estamos de volta coas pilas ben cargadas.
Iniciamos o noso proxecto dos venres xogando, o mellor xeito de activarse e coller forzas para afrontar o final de trimestre.
Rimos moito e compartimos uns bos momentos de xogos. Comezamos xogando ao Tragabolas. Lembrades aquel xogo onde os hipopótamos comían as bolas do taboleiro? Pois a iso xogamos, so que os tragabolas eran os propios alumn@s. Non vos dou máis detalles.
Logo xogamos ao baloncesto cun cesto móvil.
Mirade coma nos foi.

miércoles, 24 de abril de 2019

VISITAMOS A CÁMARA ANECOICA DE TELECO

A profe Isa organizounos unha fantástica visita a Universidade de Telecomunicacións dentro do proxecto de "Física e Química" para ver a cámara semianecoica
Trátase dun laboratorio onde se aillan totalmente os ruídos externos xa que as paredes tragan todos os rebotes do son. 
Pero, mellor que contárvolo podedes velo.

Completamos o vídeo facendo unha camiñata pola senda do río Eifonso.

martes, 9 de abril de 2019

REMATANDO O PROXECTO FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES

Despois de todo un trimestre traballando toca dar os últimos retoques ao proxecto deste trimestre.
Xa fomos dando conta das actividades realizadas ao longo deste trimestre. Durante estas semanas estivemos aproveitando todo o material que sacamos da entrevista con Ana María González Noya para que cada equipo desenvolvese un proxecto. 
Así, os equipos encargáronse de facer un cómic sobre a vida de Ana María, un lapbook informativo, un panel sobre a táboa periódica e, finalmente, incluila na Galipedia. 
Dentro duns días presentaremos todo o noso traballo ao resto dos compañeiros. 
De momento podedes ir abrindo boca...

lunes, 11 de marzo de 2019

MULLER E CIENCIA: ACTIVIDADE PAXARETAS

Despois de recargar enerxías tras o 8M, continuamos coa programación de Marzo Muller cunha cita fundamental!! O vindeiro martes, 12 de marzo ás 20.00h, na Casa da Cultura, poderemos desfrutar da charla "Científicas da Casa: mulleres de aquí e de hoxe", a través da cal pretendemos dar visibilidade a mulleres do eido das STEM (Ciencia, tecnoloxía, enxenería e matemáticas), así coma ofrecer exemplos próximos, para que as nenas se sintan identificadas con elas, e espertar e fomentar a súa vocación polas ciencias. Agardámosvos a todas e todos!!

domingo, 10 de marzo de 2019

OS CIRCUITOS ELÉCTRICOS

En ciencias naturais estamos traballando a electricidade e o magnetismo e coma estamos seguras que o mellor xeito de aprender é aprender facendo pois puxémonos mans a obra. 
Primeiro, cada parella preparou o tema teórico. Usamos a rede para facelo. 
Coa información teórica lista chegou o momento de pasar a práctica e dedicimos unir o proxecto de naturais co de sociais así que fixemos xogos electrónicos para repasar a materia que imos traballar. Foron días intensos buscando ideas, deseñando o proxecto, facendo as maquetas, cableado... pero, despois de moito traballo e algunhas frustacións conseguimos sacar adiante as nosas maquetas.


En sexto A tamén fixeron xogos electrónicos pero eles fixeron maquetas relacionadas co proxecto de Facendo visibles a invisibles e ademais tiveron a sorte de ter un axudante de luxo, o pai de Alba Iriarte que se prestou a acompañarnos e guiarnos durante todo o proceso. 
MOITAS GRAZAS!!!

martes, 5 de marzo de 2019

lunes, 4 de marzo de 2019

E CHEGOU O DÍA, ENTREVISTAMOS A ANA MARÍA GONZÁLEZ NOYA

Despois de ler máis dun mes traballando no proxecto "Facendo visibles ás invisibles" chegou o gran día, entrevistamos a Ana María González Noya. 
Concertamos unha cita para facer unha videoconferencia. Ao principio tivemos algúns problemiñas porque marchou a luz e non puidemos comezar á hora acordada.
Cada vez estabamos máis nervosos. As representantes de cada grupo ensaiaron unha e outra vez as preguntas ata que chegou o gran momento.
Temos que dicir que Ana María foi moi amable, contestou a todas as nosas preguntas e, ademais, presentounos a Rosa Pedrido, a súa compañeira de departamento.
Foi un pracer charlar con elas e estamos seguros que non será o único contacto que teñamos.

MOITÍSIMAS GRAZAS ANA MARÍA E ROSA POLA VOSA ATENCIÓN, UN VERDADEIRO PRACER CHARLAR CONVOSCO.

viernes, 1 de marzo de 2019

RECURSOS PARA O DÍA DA MULLER

Aquí vos deixamos algúns recursos interesantes para coñecer a algunhas das mulleres que teñen un papel destacable na ciencia.

10 mulleres de ciencia que debería coñecer (clica na imaxe)
15 referentes STEM femininos:
VÍDEOS:

 E, por suposto, todo o voso traballo: https://omanantial.blogspot.com/search?q=FACENDO+VISIBLES

Lembrade tamén que tedes un xogo de Scracth que colgamos o día da muller e nena na ciencia.

jueves, 28 de febrero de 2019

TEMPO DE ENTROIDO

Estamos en tempo de festa, e todo festa precisa música. Dámoslle unha volta as nosas coreografías?

miércoles, 27 de febrero de 2019

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES 5

A semana pasada ultimamos detalles para levar a cabo a entrevista a Ana María González Noya. Os equipos encargáronse de facer as preguntas e despois de facer unha posta en común escollemos ás que máis nos gustaron. Despois preparamos unha entradilla e a despedida.

E así nos quedou:


ENTREVISTA A ANA MARÍA GONZÁLEZ NOYA

Presentación:


            Bos días Ana María:
            Somos… en representación dos 30 alumn@s de sexto que estamos levando a cabo este proxecto.
            Despois de  poder contactar con vostede é un honor poder tela cara a cara para poder facer esta entrevista que tanto esperamos. Tamén queremos darlle as grazas por facernos un oco na súa apreta axenda.
            No noso centro temos un proxecto sobre a física e a química. As profes dixéronnos que escolleramos unha científica galega e nos escollemola porque:

-          buscabamos unha muller  galega que fose especialista en ciencia e xénero
-          debía ser alguén relacionado co campo da química ou da física
-          e ademais debíamos ter en conta que este ano é o 150 aniversario da táboa periódica.
 E cremos que vostede é a persoa máis axeitada.
            Sen máis, se vostede nos da permiso podemos comezar.



1.      Cando naceches e onde?

2.       Houbo algún antecedente familiar que se adicase á química?

3.      Tiveches apoio da túa familia á hora de escoller unha carreira de ciencias?

4.      Sendo docente e investigadora, podes compaxinar a túa vida laboral coa familiar?

5.      Cantos horas lle adicas ao teu traballo diariamente?

6.       Algunha vez te menospreciaron polo feito de ser muller?

7.       Cantas mulleres érades na carreira?

8.       Alguén che dixo que elexiras outra carreira polo feito de ser muller?

9.      Estas dacordo coa pariedade?

10.  Que debe facer a escola para que as rapazas sigan a súa vocación sen ter en conta o sesgo de xénero?

11.  Dende a perspectiva de xénero onde percibiches maiores diferenzas, en Galicia ou Londres?

12.  Que che impulsou a involucrarse nun proxecto de ciencia e xénero?

13.  Que te move para crear material didáctico?

14.  Que proxectos tes en mente para o futuro?

15.  Cal foi o maior desafío científico ao que te afrontaches?

16.  Tes algunha actividade en mente para celebrar o 150 aniversario da táboa periódica?

17.  Que lle parece que uns estudantes de educación primaria esteamos a facer un proxecto sobre muller e ciencia?




DESPEDIDA:
            Agora que xa temos algo máis de información sobre vostede gustaríamos poder usala para diferentes actividades, entre elas queriamos facerlle un artigo na Galipedia se nos da o seu permiso (esperar a resposta), tamén, se non lle importa, gustaríamos seguir en contacto con vostede para completar a información e para darlle conta das actividades que vaiamos levando a cabo. Grazas pola súa atención, esperamos que este non sexa o último contacto que teñamos con vostede.
ABURIÑO

viernes, 22 de febrero de 2019

SEMANA DA CIENCIA

Dentro do desenvolvemento do PDI "Física e Química que estamos levando a cabo este ano e coordinado pola biblioteca, esta semana tivemos unhas xornadas de ciencia en vivo no cole da man da organización cienciaenmovimiento.
 Houbo talleres e actividades para os alumnos dende terceiro ata sexto. 
Aquí vos deixamos un resumo das actividades para que vexades coma nos foi.
E aquí vos deixamos un pouco máis:

martes, 19 de febrero de 2019

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL

Volvemos!!! Un curso máis poñemos en marcha o noso canal de experimentos pero este ano temos unha novidade, non imos facer experimentos químicos coma o curso pasado, este ano imos adicarnos a física. Este é unha modalidade coa que se experimenta menos pero que é, igualmente, moi interesante. Cada semana un dos nosos equipos enfrontarase a un reto físico, comezan María e Iago facendo unha torre de garfos.

REMATAMOS COAS TOMAS FALSAS

viernes, 15 de febrero de 2019

UN MUSEO CIENTÍFICO PARA TODAS AS IDADES

Fonte: Radio Redondela


O Multiúsos de Arcade acolle este sábado o día grande da Semana da Ciencia que se está a desenvolver no concello de Soutomaior coa colaboración da entidade Ciencia en Movemento, un grupo de científicos que de xeito ameno e divertido trasladan a nenos, e non tan nenos, a ciencia  e todos os seus misterios.

Baixo o eslogan "prohibido non tocar" o Multiúsos de Arcade converterse durante un día nun museo cargado de experimentos sinxelos que permitirán aos que ata alí se acheguen coñecer dun xeito práctico e ameno como funcionan algúns principios básicos da ciencia. Un museo itinerante recomendado a nenos e nenas dende 5º de primaria ata 2º de bacharelato pero que esperta tamén o interese dos maiores.

Celebraranse tamén dous obradoiros "Fire" no que os participantes xogaran con experimentos nos que se precisará do lume para comprender o seu funcionamento e Kids un obradoiro práctico con multitude de experimentos xerais con globos,confetti, carreiras de latas e auga que non cae.

Xa as 20:00 horas haberá unha mesa redonda sobre as vocacións científicas con Leticia Costas​,​Paula Rodiño e Xiana Alfaya e pechará a xornada o espectáculo Da palanca ao láser ás 21:30 horas.

jueves, 14 de febrero de 2019

FÍSICA ALUCINANTE

Este ano o noso canal de experimentos está adicado a física e para inspirarvos, mirade que atopei:

https://www.facebook.com/Lavozdelmuro/videos/2084003161845151/

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES: ACHEGÁNDONOS A NOSA CIENTÍFICA

Seguimos co noso proxecto do venres.
Nesta ocasión tocou investigar, descifrando as pegadas, quen é a científica sobre a que imos traballar este trimestre.
Para iso cada equipo tivo que dividirse: uns participaban no xogo das científicas, outros eran o equipo gráfico e os últimos o equipo de investigación.

O XOGO DAS CIENTÍFICAS
Na páxina de muller e ciencia atopamos este curioso xogo de mesa onde cada carta é unha muller científica. Cada xogador debe formar 3 laboratorios para poder ganar a partida. O gañador de cada partida consegue un privilexio para o equipos dos científicos así que hai que xogar moi concentrados.

O EQUIPO DE DESEÑO GRÁFICO
Este grupo encargouse de elaborar os carteis para o corredor para conmemorar a celebración do Día da Muller e Ciencia que se celebra o 11 de febreiro.

OS INVESTIGADORES
O resto dos integrantes de cada equipo debían seguir as pistas para completar a ficha de aproximación á científica sobre a que imos investigar.

POSTA EN COMÚN
Finalmente, cada equipo deseñou unha serie de actividades para poder desenvolver o proxecto deste trimestre e puxémolas en común.

Un traballo en equipo con subequipos, tarefas diferentes, cooperación y moita diversión.
Senón mirade!!!


lunes, 11 de febrero de 2019

MÁIS SOBRE MULLER E CIENCIA

Xa levamos visto, lido e falado destes datos pero non está de máis recordalos nesta data.



E, ademais...
Achegámonos a algunhas mulleres que destacaron no eido científico? Algunhas xa vos soan, outras seguro que non.

DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA

E para celebralo mirade que xogo en Scracht tan interesantes.
Botamos unha partida!!!

https://scratch.mit.edu/projects/144610528/

viernes, 8 de febrero de 2019

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES 2: MURAL DA MULLER E A CIENCIA

OS VENRES MOLAN!!!

Pasamos un par de semanas preparando un mural sobre "A muller e a ciencia", primeiro fixemos un xogo onde debiamos relacionar cada científica co seu descubrimento, despois escollemos a unha desas científicas e preparamos a súa biografía e memorizamos os datos para poder aprendelo teoricamente.


E despois de escoitar as biografías foi a quenda de demostrar todo o que sabiamos así que fixemos un kahoot. Aquí volo deixo por se queredes xogar na casa.  Clicade na imaxe.
Para poder xogar  debemos escoller a forma CLASSIC, logo tedes que baixar a app de kahoot ao móvil ou a tablet, poner un nome (nickname) e o código do xogo.  

https://play.kahoot.it/#/?quizId=7685251e-62a1-47a2-8905-3a5f6e1e06c3