A semana pasada fixemos unha chea de cousas.
É moi difícil poder facer vídeos e entradas de todas así que aquí vos deixamos un resumo que recolle as que máis nos gustaron.
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES COOPERATIVAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES COOPERATIVAS. Mostrar todas las entradas
miércoles, 20 de mayo de 2020
miércoles, 6 de mayo de 2020
MÁIS E MÁIS COUSAS
Estes días estamos facendo tantas cousas que se nos van acumulando.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo dalgunhas das actividades que levamos a cabo.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo dalgunhas das actividades que levamos a cabo.
jueves, 14 de febrero de 2019
FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES: ACHEGÁNDONOS A NOSA CIENTÍFICA
Seguimos co noso proxecto do venres.
Nesta ocasión tocou investigar, descifrando as pegadas, quen é a científica sobre a que imos traballar este trimestre.
Para iso cada equipo tivo que dividirse: uns participaban no xogo das científicas, outros eran o equipo gráfico e os últimos o equipo de investigación.
O XOGO DAS CIENTÍFICAS
Na páxina de muller e ciencia atopamos este curioso xogo de mesa onde cada carta é unha muller científica. Cada xogador debe formar 3 laboratorios para poder ganar a partida. O gañador de cada partida consegue un privilexio para o equipos dos científicos así que hai que xogar moi concentrados.
O EQUIPO DE DESEÑO GRÁFICO
Este grupo encargouse de elaborar os carteis para o corredor para conmemorar a celebración do Día da Muller e Ciencia que se celebra o 11 de febreiro.
OS INVESTIGADORES
O resto dos integrantes de cada equipo debían seguir as pistas para completar a ficha de aproximación á científica sobre a que imos investigar.
POSTA EN COMÚN
Finalmente, cada equipo deseñou unha serie de actividades para poder desenvolver o proxecto deste trimestre e puxémolas en común.
Un traballo en equipo con subequipos, tarefas diferentes, cooperación y moita diversión.
Senón mirade!!!domingo, 3 de julio de 2016
CARTAS DE AMIZADE
Unha das últimas actividades que fixemos para rematar este curso foi o intercambio de cartas de amizade. Despois de compartir traballo, aprendizaxes e experiencias foi o momento de facer balance e reflexionar como nos sentimos ao longo deste curso, que aportamos a aula, que rasgos positivos ten o noso compañeiro ou compañeira e que aportou a aula e ademais de expoñer como nos gustaría que fose o vindeiro curso. Todo esto quedou reflectido na carta que lle escribimos ao compañeiro ou compañeira elexido ao azar.
Houbo intercambio de cartas e.... unha gran aperta final de todos os que formamos do equipo
O manantial
viernes, 10 de octubre de 2014
PANINIS
Neste curso imos a utilizar as receitas de cociña como referente para facer traballo cooperativo e realizar actividades que engloben varias áreas.
Este venres comenzamos cunha das receitas que máis gusta, paninis. Cada equipo encargouse de traer os ingredientes necesarios e preparámolos de xamón e de atún.
Como podedes ver nas fotos, podemos dicir que .....
non se lles da nada mal esto da cociña!
domingo, 21 de septiembre de 2014
TRABALLO COOPERATIVO SOBRE O MERCADO
Este venres comenzamos de novo co traballo cooperativo na aula. En grupos de tres membros investigamos e lembramos a nosa visita ao mercado para poder responder a unha serie cuestións utilizando o caderniño que nos deron e a web. Algunhas non eran nada fáciles pero o feito de axudarse uns aos outros fixo que os cinco equipos foran capaces de responder a maioría das preguntas como podedes ver.
domingo, 2 de marzo de 2014
ADIVIÑA QUE É
O venres fixemos un concurso onde debíamos utilizar os cinco sentidos.
En cada equipo despois de ver, escoitar, cheirar, tocar ou probar
tivemos que falar e poñernos de acordo antes de escribir que fora o que
percibimos.
Vimos
na pantalla seis anaquiños de diferentes imaxes e tivemos averiguar de
que se trataba vendo so unha pequena parte. Foi moi difícil!
Logo escoitamos cinco sons que pode haber nunha casa: un teléfono, un cepillo de dentes, un secador e pratos
Co tacto palpamos os obxectos que había dentro dunha bolsa: unha cunha, unha mandarina, un peluche, un cravo e unha chapa.
Pero o máis complicado foi distinguir os cheiros: canela, café, orégano, allo e colonia.
Por último, para quedar con bo sabor de boca probamos: café, vinagre, mel, zume de laranxa e auga con sal.
Pásamolo moi xenial!
sábado, 20 de abril de 2013
ENTREVISTAMOS A MARTA
A semana pasada tivemos a visita Marta, a tía de Arrieta. Ela é unha fiel seguidora do noso blog e nos coñece a todos e sabe o facemos na nosa aula. Cando nos enteramos que estaba en Redondela e ía a vir vernos, nós tamén quixemos coñecela a ela un pouco mellor, así que nos organizamos en equipos para facerlle unhas preguntas.
Os Estrelas quixemos saber como é o lugar onde vive. Comenzamos por
preguntarlle cal era a comida típica e nos contou que era a bacallao a
vizcaina, os chipiróns e, antigamente, unha especie de puchero de feixóns e carne de porco que se
cocía na maquina do tren durante seis horas . A continuación nos interesamos polas plantas propias do pais vasco e
nos dixo que practicamente hai as mesmas que aquí porque tamen chove
moito porque o clima é moi parecido ao noso. Tamen nos explicou cales son as festas e os monumentos da zona. Puxémola en algún apreto cando lle preguntamos por que lle chamaban País Vasco se non era ningún país.
Nos, Os Pitufos preguntámoslle sobre o que fai no seu tempo libre. Díxonos que viaxa moito, gustalle pasear e ler. Queríamos saber tamén se era moi curiosa e activa e nos dixo que moito. Contounos que non lle gusta nada cociñar e tampouco as plantas.Como ela é vasca quixemos saber se é moi difícil aprender euskera e poidemos combrobar que si porque nos ensinou algunhas frases. Interesáronnos moito as súas viaxes a China, a India, a New York e Exipto. Explicounos como lle cambiou a forma de ver a vida cando foi a India. Nos sorprendeu moito o que nos contou os chinos, coma eles non tiñan pelo nos brazos cando ián polo a rúa parábanos para tocarllos e tamén o que facían as mulleres os pes pequenos.
Os Esquios preguntamos sobre a su profesión. Nos contou que ela é profesora e leva moitos anos traballando. Gustalle moito o seu traballo e ten moita experiencia
A ENTREVISTA FORMAL
PERO QUERÍAMOS SABER MÁIS.........
Grazas Marta pola visita e por seguirnos!
MOITOS BICOS!
miércoles, 17 de abril de 2013
ASÍ PROGRESA O NOSO HORTO
Co bo tempo podemos retomar os coidados do o noso horto, así que aproveitamos os recreos para seguir plantando e coidando os diferentes cultivos que nos que podemos apreciar o froito do noso esforzo e coidados. Nas fresas xa se poden ver flores e froitos, os tirabeques xa están grandiños, as espinacas tamén medraron e os allos en apenas quince días agromaron. Quédannos por salir as cebolas. Onte plantamos baixo abrigo, creando un invernadoiro caseiro, leitugas e temos pendente de trasplantar as xudías e os tomates. Tamén temos máis de 20 plantas aromáticas diferentes.
E así o noso horto convírtese nun lugar de encontro e traballo en equipo.
Customize your own slideshow design |
jueves, 28 de marzo de 2013
FESTA EQUINOCIO DE PRIMAVERA
Para rematar este trimestre e darlle a benvida a nova estación celebramos a Festa do Equinocio de Primavera. Despois do reposo de inverno, árbores e as plantas groman e florecen, aumentan as horas de luz, nacen as primeiras bolboretas e escóitanse os cantos dos paxaros. A Natureza comenza a espertar e a cobrar vida de novo e nós queremos darlle as grazas por todo o que nos brinda así que cada equipo creou a súa ofrenda para a deusa Auga, para o deus Sol e para a deusa Terra.
Vestímonos para a ocasión, decoramos a mesa e tomamos produtos naturais: froita e froitos secos.
Pasámolo xenial!
jueves, 14 de marzo de 2013
COMENZAMOS A PLANTAR
Esta semana comezamos a plantar na nosa horta. Como sempre a resposta das familias foi impresionante e os nenos e nenas trouxeron: menta, hortelán, ruda, romeo, manzanilla, loureiro, funcho, milrama, perexil, aloe vera, xarxa, melisa e nébeda.
O longo da semana, en pequenos, estivemos traballando na horta plantando as aromáticas e tamén aproveitamos para plantar frambuesas e unha chea de amorodos dos que esperamos probar os seus froitos antes de rematar o cole . E non solo eso, hoxe atrevémonos a sementar tirabeques.
Mil grazas familias!
Free slideshow generated with Smilebox |
domingo, 10 de marzo de 2013
QUEREMOS EMPEZAR A PLANTAR NO NOSO HORTO
Estimadas familias:
Como xa
vos comentarían os vosos fillos e fillas vamos a dispoñer dun pequeno horto
onde realizaremos diferentes cultivos. A parte dos productos hortícolas imos
adicar un espazo para plantas aromáticas
e medicinais.
Ata non
fai moito as plantas non se mercaban,
cando una persoa tiña una planta diferente compartíaa cos veciños dándolle
un esquexe ou semente Todos saían
beneficiados xa que era una forma de garantizar a pervivencia desa
especie. Nos queremos recuperar este espíritu
solidario da xente de antaño e pedímosvos que si tedes algunha planta
arómatica: menta, hortelán, poenxos, romeo,
herba luisa, ruda, tromentelo, malvarrosa…. ou
arbustos de froitos do bosque: arándanos, grosellos… as compartades con
nós dándonos un fillo, esquexe ou
semente para o noso horto novo.
Esperamos que dentro duns meses, despois de
coidalas con moito esmero, ser nós os que poidamos compartir con vos as nosas
plantas.
Grazas pola vosa colaboración.
jueves, 28 de febrero de 2013
VOLTAMOS A FACER GALLETAS!
Onte fixemos galletas. Primeiro nos organizamos para traaer os ingredientes. Cada equipo facía un tipo de galleta: Os Pitufos de laranxa, Os Estrelas de pebidas de chocolate e Os Esquíos de marmelada de amorodo.
Comenzamos por aprender o nome dos ingredientes en inglés e logo en lingua de signos. Cando xa os sabíamos, puxémonos a tarefa.
Primeiro pesamos todos os ingredientes menos os ovos. Nun recipiente mesturamos o azucre moreno coa manteiga e engadimos os ovos batidos un a un. Despois lle botamos a fariña xunto co sal e o fermento. Logo amasamos a mestura con esencia de vainilla e un ingrediente segredo. Engadímoslle a reladura de laranxa ou pebidas de chocolate segundo o sabor, démoslle formae as colocamos sobre o papel de fornear. Ao final metémolas no forno e cando estaban douradas, sacámolas e deixámolas arrefriar. Xa estaban listas para comer!
Probámoslas na clase e cada un de nós levou para a casa unha saquetiña con nove galletas.
Mnnnnn! Que ricas!
sábado, 12 de enero de 2013
O incrible cultivo de xacintos
Xa estamos de volta das vacacións e espérannosun trimestre con novas sorpresas moi divertidas. Unha delas foi cultivar xacintos pero non en terra senon en auga. Como non tíñamos xacinteiras, reciclamos botellas de plástico de auga ou refrescos. Preparámola cortándolle a parte de arriba e botándolle auga.
Cada equipo elaborou unhas preguntas sobre o que queríamos saber sobre os xacintos e buscamos a información en internet.
Cada equipo elaborou unhas preguntas sobre o que queríamos saber sobre os xacintos e buscamos a información en internet.
O pasamos moi ben traballando en equipo!
Esperaremos impacientes a que medren!
Equipo Os Pitufos
domingo, 25 de noviembre de 2012
O NOSO MENÚ SAUDABLE
Neste curso tamén quixemos levar a cabo esta actividade consistente en elaborar por equipos o menú dos alimentos que se van a consumir a media mañá.
Cada equipo completa unha táboa con 5 alimentos de tipo enerxéticos, 5 construtivos e 5 reguladores. Esta é a parte máis complicada xa que hai poñerse de acordo e pactar os que inclúen e os que rexeitan. En algún equipo tiveron serias dificultades xa que había mención especial para os que incluiran peixe e verduras. A opción máis sinxela era o bocadillo de atún con leituga ou tomate pero dentro dos equipos a algúns membros non lles gustaba o tomate e a outros a leituga.Todo un problema! Ao final os tres equipos foron capaces de lograr un consenso.
Unha vez cuberta a táboa, os alimentos se distribuen ao longo da semana de xeito que en cada día haxa un de cada tipo.
Cabe dicir que todos conseguiron a mención especial e a maioría foi capaz de cumprir o menú ao longo de toda a semana.
Noraboa aos gañadores!
martes, 30 de octubre de 2012
TALLERES TERRORÍFICOS
A semana pasada os nenos e nenas de Educación Infantil convidáronnos a ir as súas aulas e participar con eles na confección de pantasmas e morcegos para ambientar os corredores para o SAMAÍN.
Repartimos polas tres aulas e pasámolo moi ben traballando cos pequenos.
Foi unha experiencia boísima que esperamos repetir!
Customize a picture slideshow |
domingo, 27 de mayo de 2012
A MEDIDA
Levamos xa uns días facendo diferentes actividades oas unidades de medida e para poñer en practica os coñecementos adquiridos nada mellor que medirse..
En cada equipo se mediron uns aos outros e calcularon a diferencia de altura entre o máis allto e o máis baixo e a lonxitude total de todos os membros dos grupos que logo marcaron no chan. Ademáis cada un ten unha unha tira decorada coa súa altura.
Aquí tedes as fotos e dous enlaces para facer repasar!
domingo, 6 de mayo de 2012
EXPERIMENTOS
Para rematar co estudo do ciclo da auga fixemos tres experimentos onde se reproducen a pequena escala os procesos que teñen lugar na natureza.
Construimos un terrario que consiste nun circuito pechado onde vamos a poder obsevar como a auga que está filtrada na terra, a do no noso pequeno lago ou a procedente da transpiración das nosas plantas se evapora, se condensa e volver a caer, mantendo constante e cantidade de auga que hai dentro do recipiente e que fará posible que medren as nosas plantas sen necesidade de regalas.
Temos un pozo para ver como a auga que se filtra na terra pasa a formar parte das augas subterráneas que poden ser extraídas por unha bomba igual que nos pozos reais onde se saca a auga para o noso consumo, para regar os campos ou darlle de beber os animais.
Cunha pequena depuradora somos capaces de limpar a auga sucia mediante a mediante os procesos de condensación e a precipitación.
Estas actividades forman parte das actividades cooperativas que desenrolamos na aula e cada equipo foi o encargado de realizar un dos experimentos.
martes, 1 de mayo de 2012
OS NOSOS PRIMEIROS PANINIS
Unha vez máis volvemos a disfrutar cociñando e degustando uns exquisitos paninis. É unha das recetas máis fáciles e que máis gusta.
Xa vedes que somos uns expertos na cociña!
domingo, 1 de abril de 2012
ROCHAS DE CHOCOLATE
Últimamente os venres adicàmolos a facer de xeito sistematico actividades de traballo cooperativo. Este venres preparamos unhas exquisitas rochas de chocolate despois de ler un texto sobre a orixe de tradicion de regalar ovos de chocolate nestas datas
Coma sempre ¨As rochas hai que gañalas!¨ así que comenzamos por facer a correspondente ficha onde calculamos o prezo dos ingredientes, a cantidade de cereais que lle correspondía a cada equipo, a cantidade de pastillas que tiña cada tableta de chocolate, cantas lle tocaban a cada un para partilas....
Despois de partir o chocolate, contamos coa colaboración de Luisa que nos levou a derretir o chocolate no microondas. Ao chocolate fundido engadímoslle os cereais e remexemos ata que estivo todo mesturado e a continuación fixemos montonciños coa mestura de chocolate e cereais.
O mais dificil que ten esta receta é esperar a que o chocolate volte a solidificarse e non polo tempo que lle leva xa que se as metemos na nevera nunha hora as rochas xa están listas senon polo ben que cheiran.
Coma sempre ¨As rochas hai que gañalas!¨ así que comenzamos por facer a correspondente ficha onde calculamos o prezo dos ingredientes, a cantidade de cereais que lle correspondía a cada equipo, a cantidade de pastillas que tiña cada tableta de chocolate, cantas lle tocaban a cada un para partilas....
Despois de partir o chocolate, contamos coa colaboración de Luisa que nos levou a derretir o chocolate no microondas. Ao chocolate fundido engadímoslle os cereais e remexemos ata que estivo todo mesturado e a continuación fixemos montonciños coa mestura de chocolate e cereais.
O mais dificil que ten esta receta é esperar a que o chocolate volte a solidificarse e non polo tempo que lle leva xa que se as metemos na nevera nunha hora as rochas xa están listas senon polo ben que cheiran.
Son irresistibles!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)