Mostrando entradas con la etiqueta tics. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tics. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de mayo de 2018

ERROS A EVITAR CANDO FAS UNHA PRESENTACIÓN DIXITAL

Agora que andades atarefados creando o powerpoint para c. sociais é hora de darvos algunhas indicacións importantes para que a vosa presentación sexa un éxito. Estas indicacións podedes atopalas de xeito máis pormenorizado no blog justificaturespuesta. Pero, as ideas principais coas que debedes quedarvos son:

1. A importancia da letra que escollas. Debe lerse ben, estar nun bo tamaño para que a xente que vos escoite poida lela e onde se diferencie ben o contido do título. Coidado coa negrita. Esta serve para resaltar algún dato importante, non debedes facer un abuso da mesma. O ideal é poñer pouco texto na diapositiva. Estas son un apoio a presentación oral, non o esquezades. O mellor truco é que cando a teñades a proxectedes, vos colocades no final da aula e a vexades completa. Vos sodes o mellor público para decidir que está ben e que sobra.
2. Usade a cor e o subraiado con criterio, é dicir, podo usar unha cor para o título, entón todos os títulos serán iguais. Debedes ser coherentes non encher a diapositiva de raias e cores. Sei que é tentador usar todos os accesorios que veñen no programa pero debedes usar a cabeza e usar as animacións, cores, títulos, iconas... con sentido común ("menos é máis"), ademais, estades empezando así que lembrade "non se pode correr antes de andar".

3. Unha diapositiva non se presenta para decorar, debe dar información e axudarnos a entender o que alguén nos está contando. Lembrade isto á hora de escoller as imaxes que poñedes ou o texto que acompañada.
4. Cuidado cos fondos. O fondo ten que deixarnos ler o texto e ver as imaxes con claridade, senón debedes escoller outro fondo. Lembrade a información e as imaxes son prioritarias, o fondo é secundario.
5. Unha diapositiva non é unha lista da compra. Non se trata de poñer unha serie de datos sen sentido ou resumir tanto que nos quede unha lista. Moitas veces unha imaxe dalle máis sentido as nosas palabras, un gráfico, unha liña do tempo... e o texto xa non fai falla porque a nosa voz completa a información. 
6. Os títulos son moi importantes. Lembrade o que falamos sempre, as carpetas de windows. Necesitamos ordear a información e os títulos nos axudan a ter organizadas as ideas e os datos, non o esquezades.





miércoles, 11 de abril de 2018

STEMLAB

O vindeiro día 20 de abril o alumnado de 5º B imos estar en STEMlab Galicia. 
Asistimos a este evento en calidade de ponentes, convidados pola asesoría TIC da Xunta de Galicia, onde amosaremos a outros centros e ao público en xeral o noso xeito de traballar na aula. 
Esperamos estar a altura do evento. 
Aquí tedes un vídeo onde se resume a idea desta xornada.

domingo, 26 de noviembre de 2017

A CURACIÓN DE CONTIDOS

Estamos facendo moitos traballos en equipo e aproveitamos estes traballos para falar de coma buscar na rede, formas de traballar en equipo, coma presentar os traballos... 
Pero, moitas veces tendes problemas para gardar a información. Internet ten moitísima información coma xa falamos moitas veces, sen embargo, toda esa información pode saturarnos ou confundirnos e  non sabemos coma organizala.
 As mestras tamén nos pasa por iso imos organizando todo o que atopamos no site de recursos, en wixs coma a do Pergamiño, ou noutros recursos.
Facendo o traballo do Pergamiño Vindel moitos equipos querían gardar recursos pero non sabían onde nin coma facelo.
Para axudarvos a gardar a información e ser máis operativos podedes usar diferentes recursos.
Empecemos polas imaxes: en pinterest podedes gardar, sobre todo imaxes (aínda que tamén hai textos e vídeos)

Para as páxinas web que imos usando podedes usar moitas plataformas pero recomendámosvos SYMBALOO
Agora entrade nas plataformas, testeade e probade!!!