sábado, 13 de febrero de 2016

CONCERTO DO DÍA DA PAZ

Os nosos compañeiros Lucas Camiño e Lucas García actuaron, xunto con outros nenos e nenas do colexio e as profes Isabel e Loli, no concerto na biblioteca para celebrar o Día da Paz.
Temos uns estupendos músicos na nosa clase!!!

 

viernes, 5 de febrero de 2016

ESTAMOS PARA COMERNOS....

Hoxe disfrutamos dun espléndido día solleiro para celebrar o entroido polos camiños de Reboreda.
Estivemos días e días cortando e pegando papeliños para confeccionar os nosos vistosos gorros de brécol. Foi un traballo arduo quedándonos nos recreos a facer os gorros, pero tamén compartindo traballo e risas. O resultado mereceu a pena.
Agora so nos queda preparar algún plato con brécol que din que é moi saudable.