Outra das actividades que levamos a cabo para celebrar o 25 de novembro foi interpretar cos nosos debuxos a canción de "La puerta violeta" de Rozalén e así nos quedou.
Mostrando entradas con la etiqueta CONMEMORACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONMEMORACIÓNS. Mostrar todas las entradas
jueves, 5 de diciembre de 2019
jueves, 28 de noviembre de 2019
25 DE NOVEMBRO
Os alumn@s de quinto sumámonos a conmemoración do Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero.
martes, 28 de febrero de 2017
ROSALÍA DE CASTRO
Sumámonos a homenaxe a Rosalía de Castro, para
conmemorar o 180 aniversario do seu nacemento, lendo na clase algún dos seus poemas.
O PODER INTERIOR
Un ano máis, este venres celebramos o desfile de entroido. Como a temática se refería os superheroes, nos quixemos reprensentar catro superpoderes que temos no noso interior e que nos axudan a superar cada día as dificultades que se nos presentan: a sensibilidade, a solidariedade, a creatividade e a valentía.
domingo, 3 de mayo de 2015
FELIZ DÍA DA NAI
Neste día tan especial para moitas de nós, os vosos fillos e fillas teñen algo que decirvos.
Hai unhas mensaxes moi especiais!
BO DÍA!
BO DÍA!
jueves, 23 de abril de 2015
UN LIBRO
Un libro é unha caixa de palabras que me alegra cando estou triste.
Un libro é un acuario no que nadan as palabras que me afogan o aburremento cando chove no meu corazón.
Un libro é un familiar que me dá de comer cando teño fame de historias.
Un libro é un circuito de palabras divertidas que me entreteñen cando estou aburrido.
Un libro é un vicio que me atrapa cando o empezo a ler e nunca me solta.
Un libro é un hotel de palabras que me fai sentir viva cando cando me hospedo nel.
Un libro é un volcán que me salpica coa súa lava cando estou preto del.
Un libro é unha piscina de palabras que me refresca cando leo.
Un libro é unha laranxa que espremo cando preciso vitaminas de coñecemento.
Un libro é un serpe de palabras que me fai rir cando estou triste.
Un libro é un edificio cheo de palabras que me acompaña cando estou so.
Un libro é alguén que sempre está comigo e me anima cando non teño enerxía.
Un libro é unha porta que me leva ao mundo da fantasía cando me aburro no mundo real.
Un libro é un surtidor de historias que me acompañan cando estou soa.
Un libro é un mundo descoñecido que podo descubrir cando exploro o seu interior.
Un libro é saco de fantasía que abro cada vez que preciso emocións.
lunes, 20 de abril de 2015
Día da árbore
Unha vez máis celebramos o Día da Árbore no noso colexio. Este ano tocounos desprazarnos ata Ventosela e alí disfrutamos dun día de xogos e risas en contacto coa natureza.
Pasámolo xenial!!!!
sábado, 31 de enero de 2015
DÍA DA PAZ
Este venres foi o Día da Paz e como facía mal tempo non poidemos saír ao exterior, pero non foi impedimento para que se celebrase no salón de actos.
Nos prepararamos na clase ¨Bos desexos para todos os nosos amigos¨.
Nos prepararamos na clase ¨Bos desexos para todos os nosos amigos¨.
Solidaridade
Para que
lles axuden se o precisan.
Hospitalidade
Para que
non se sintan extranxeiros en ningún lugar
Boa sorte
Para que
se cumplan os seus desexos.
Saúde
Para que
non sufran.
Cariño
Para
darllo a todos os que os rodean.
Compañía
Para que
nunca se sintan solos.
Traballo
Para que non
sufran necesidades económicas.
Imaxinación
Para crear mundos novos.
Felicidade
Para ver o
lado bo das cousas.
Alegría
Para que
todos os días sexan perfectos.
Amor
Para que
se sintan queridos.
Esperanza
En que se
cumplan os seus soños.
Paz
Para vivir mellor
jueves, 1 de mayo de 2014
O MAIO
Co fiuncho, os pampullos e as cocas que trouxemos fixemos entre todos un espectacular maio tradicional. Ademais, cada clase inventou tres coplas para cantar. As nosas, como podedes comprobar, aluden ao mes de maio pero non nos esquecemos de criticar os temas da aula.
Aquí tedes a nosa actuación!
domingo, 27 de abril de 2014
DÍA DO LIBRO
Este mércores celebramos o Día do Libro no noso colexio con diversas actividades. Comenzamos na aula contando cales eran os nosos libros favoritos. A continuación participamos nun acto de presentación de diferentes escritores cantando a cantiga de trobeiro Mendiño ¨Sediame eu na ermida de San Simón¨ . Rematamos lendo polos corredores os libros que se atopaban distribuidos por todo centro.
sábado, 4 de mayo de 2013
FELICIDADES MAMÁS!
Neste día tan especial para moitas de nós os vosos fillos e fillas teñen algo que decirvos.
Hai unhas mensaxes moi especiais!
BO DÍA!
BO DÍA!
viernes, 26 de abril de 2013
UN LIBRO É....
Outra das actividades que fixemos para celebrar o Día do Libro foi crear metáforas sobre o libro. Comenzamos explicando en que consistían a metáfora e a comparación e logo cada un escribiu unha lista de cinco nomes. A continuación asociou o que mais lle gustaba a palabra libro. Xa tiñamos o comenzo e entre todos, axudándonos, fixemos os nosos primeiros un libro é ...., pero como nos encanta escribir e crear, cada un fixo varias metáforas coa palabra libro .... e ata nos animamos con outras. Estabamos tanto contentos e satisfeitos coas nosas creacións que fomos a lelas para todo o cole pola megafonía.
Aquí tedes a mostra!
miércoles, 24 de abril de 2013
OS NOSOS LIBROS FAVORITOS
Hoxe quixemos sumarnos a celebración do Día do Libro. Unha das actividades que fixemos foi mostrar aos compañeiros e compañeiras o noso libro favorito e explicar as razóns que fan que sexa o noso preferido.
Seguro que nos animamos a ler algún deles se ainda non o fixemos.
jueves, 28 de marzo de 2013
FESTA EQUINOCIO DE PRIMAVERA
Para rematar este trimestre e darlle a benvida a nova estación celebramos a Festa do Equinocio de Primavera. Despois do reposo de inverno, árbores e as plantas groman e florecen, aumentan as horas de luz, nacen as primeiras bolboretas e escóitanse os cantos dos paxaros. A Natureza comenza a espertar e a cobrar vida de novo e nós queremos darlle as grazas por todo o que nos brinda así que cada equipo creou a súa ofrenda para a deusa Auga, para o deus Sol e para a deusa Terra.
Vestímonos para a ocasión, decoramos a mesa e tomamos produtos naturais: froita e froitos secos.
Pasámolo xenial!
martes, 12 de febrero de 2013
ENTROIDO 2013
Despois de informarnos onde xurdiu e como de desenrolou a civilización exipcia esperábanos moito traballo para decorar os accesorios do noso disfraz. Grazas a inestimable axuda de Luisa Gago que pasou moitas horas con nós traballando arreo, poidemos ter todo a punto para o gran día
E como auténticos exipcios e exipcias os nenos de nenas de 4º A e 4º B percorremos as rúas de Reboreda nun espléndido día.
A seguir disfrtutando de entroido e destas minis vacación!
Presentación personalized with Smilebox |
domingo, 27 de enero de 2013
CANTARELA DOS NENOS
O vindeiro mércores celebraremos nos colexios o Día da Paz con diferentes actos nos que se acostuma a cantar xuntos. Este ano a canción elexida polo noso centro é un poema do escritor Xosé Neira Vilas titulada Cantarela dos nenos.
Para ir practicando aquí tedes unha montaxe que fixeron no colexio de Barcelos en Pontevedra.
martes, 25 de diciembre de 2012
O APALPADOR
Seguro que todos vos lembrades da visita que fixemos o ano pasado a Biblioteca Municipal onde tivemos a oportunidade de asistir a presentación do libro de Xurxo Varcarcel e Pepe Carreiro A noite do Apalpador onde nos agasallaron cun exemplar dese libro
Como sabedes O Apalpador baixa a noite do 31 de decembro para visitar os nenos, e tócalles na barriga para ver se comeron abondo durante o ano e déixalles un puñado de castañas e se cadra algún agasallo, desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.
Así que non vos esquezades de alimentarvos ben nestas datas por se vos ven visitar. Mentras tanto para lembrar a historia deste personaxe aquí tedes un xogo que crearon no Barbanza.
sábado, 22 de diciembre de 2012
FESTA DO SOLSTICIO DE INVERNO
Como calquera pretexto é bo para compartir experiencias e estreitar lazos cos compañeiros e compañeiros, nos quixemos despedir este trimestre celebrando a Festa do solsticio de inverno.
Como en toda a festa que se precie tivemos que ocuparnos de poñer e decorar a mesa, preparar a comida e vir vestidos moi, pero que moi elegantes. Distribuimos o traballo por equipos e cada un preparou un tipo de montaditos, ademáis pinchos de embutidos e brochetas de froita. O resultado foi espectacular, a mesa estaba fermosísima e a comida exquísita.
Dentro de seis meses celebraremos a Festa do solsticio de verán, e para min non será tan alegre xa que será unha festa de despedida deste grupo tan especial, pero mentras tanto ainda nos queda moito por disfrutar e compartir.
Unha aperta a todos e a disfrutar das vacacións!
Presentación created with Smilebox |
BO NADAL!
jueves, 13 de diciembre de 2012
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE REDONDELA
Para conmemorar os 200 anos da primeira edición de "Los cuentos para la infancia y el hogar" dos Irmáns Grimm (20 de decembro), a Fundación Filomena Rivero en colaboración coa Biblioteca Municipal de Redondela, organiza sesións de contacontos e un concurso de debuxo no mes de decembro:
“Contos dos Irmáns Grimm para tremer e rir”
(para nenos de 6 a 9 anos) O venres, 14 de decembro
Hora: 18:30 horas
Lugar: Sala Infantil da Biblioteca Municipal
(Multiusos da Xunqueira)
(Multiusos da Xunqueira)
Concurso :
"Debuxa a túa escena favorita dos contos que escoitaches",
no que poderán participar os rapaces que asistiron aos
contacontos.
Remate do prazo de entrega dos debuxos:mércores, 19 de decembro (na Sala Infantil da Biblioteca)
Entrega de premios: venres, 21 de decembro ás 18:30 h. (na Sala Infantil da Biblioteca)
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)