Mostrando entradas con la etiqueta VISITA FAMILIARES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VISITA FAMILIARES. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de mayo de 2015

VISITA MARÍA JESÚS GESTIDO

¿Qué significa ser un ou unha deportista?
Hai cuestións que poder ter múltiples respostas en función da forma en que o que responde pensa a vida. Creo que moitas veces buscamos respostas absolutas cando non existe unha única realidade senón que a realidade é construída a partir das palabras e do xeito de pensar das persoas. 

Para min, un deportista non é so aquel que fai deporte.
Para min un deportista é aquel que ten un xeito de vivir respectuoso co compañeiro, co rival, con entorno onde fai a práctica e, como consecuencia a todo isto, o que é respectuoso consigo mesmo.
Un deportista é aquel que se coñece a si mesmo perfectamente, o que disfruta cos demais consciente de que levarse mal coa xente implica facerse dano a un mesmo e o que ten un modo de vida activo onde correr non significa cansarse senón  que significa estar mais vivo que nunca.

Fai uns días tivemos a sorte no cole de poder charlar con María Jesús Gestido, toda una campiona de España de maratón (entre outras moitísimas mais xestas) que adornan un palmarés desexado por calquera atleta. 

O primeiro que nos gustou de María foi a súa timidez e humildade xa que outros con moito menos se creen moito mais. Despois démonos de conta que María ten que compaxinar o seu traballo e o coidado da súa filla cos duros adestramentos, o que significa que é una auténtica loitadora cunha grande forza de vontade. Díxonos que non corre por cartos senón que corre porque iso lle causa pracer e lle axuda a sentirse mellor consigo mesma. Houbo quen lle preguntou se odiaba a algún rival ou se tiña envexa das que, ás veces, lle gañaban algunha carreira. Nese momento María pareceu estrañada pola propia pregunta xa que na súa forma de entender o deporte non ten cabida a envexa ou o odio, ela só corre para sentirse ben e para dar o mellor de si mesma e desta forma, cando gaña (que é moitas veces), atópase cun premio extra que complementa o gran premio que é facer deporte. María díxonos que ten claro que vai seguir toda a vida facendo deporte porque é o motor que lle permite vivir feliz e disfrutar dos seus. 
Por todas estas cousas, os deportistas como María Gestido non teñen nada que ver con esas “estrelas” do deporte que se pasean en caros coches preocupándose mais de colares de ouro que dos valores do deporte. Esas persoas non nos interesan. Os antipáticos, os que desexan o mal dos demais, os que fan mofa do rival cando gañan e protestan cando perden, os que sempre teñen queixa dos árbitros…eses non nos interesan.  

Volve a pensar na pregunta inicial.
¿Qué significa ser un deportista? Agora o temos algo mais claro. 
 Quizais ser un deportista significa respectar a todos os rivais, querer ós compañeiros e amar o deporte.
Quizais ser un deportista e esforzarse e nunca darse por vencido.
Quizais ser un deportista é ser como María Gestido!
 Miguel

GRAZAS MARÍA! 
GRAZAS A FAMILIA DE DAVID

 

jueves, 30 de octubre de 2014

GALLETAS DE SAMAÍN

Hoxe tivemos unha visita moi especial.
 O curso pasado, Bea, a nai de Unai, mandounos unhas impresionantes galletas con formas e decoración do Samaín. Como sabemos que é unha experta no tema, este ano pedímoslle que viñera a  nosa clase e nos ensinara como se facían.
Non tíñamos moito tempo así que nos trouxo as galletas xa feitas. Seguindo as súas instruccións e con moito arte creamos fantasmas, cabazas, sombreiros de bruxas, casiñas.... 

O resultado foi espectacular!
Grazas Bea!!!!!!

sábado, 11 de enero de 2014

VISITA DE OLIVER

Xa de volta e coas pilas cargadas empezamos este trimestre cunha visita sorpresa e inesperada. Oliver, o padriño de Lucas Camiño, atopábase aquí pasando uns días cuns familiares e veu a visitarnos para falarnos sobre as súas viaxes.
Comenzamos preparando unha entrevista na que cada equipo ía formular preguntas sobre a súa vida, o seu traballo e as súas afeccións. Así nos enteramos de que traballa como guía de expedicións de deportes de aventura e ademais de participar en proxectos humanitarios. Visitou e vivíu en diferentes países dos que nos ensinou unhas fotografías impresionantes e nos comentou un sinfín de curiosidades como podedes ver nos seguintes vídeos.
Os Cocoricos A tamén se uniron a nós e estiveron moi atentos a todas as explicacións.

Grazas Oliver e Carla por compartir con nós as vosas experiencias!

Esperamos voltar a vervos!








 Aquí tedes as fotos de Etiopía, Marruecos, o Everest.....



sábado, 20 de abril de 2013

ENTREVISTAMOS A MARTA

A semana pasada tivemos a visita Marta, a tía de Arrieta. Ela é unha fiel seguidora do noso blog e nos coñece a todos e sabe o facemos na nosa aula. Cando nos enteramos que estaba en Redondela e  ía a vir  vernos, nós tamén quixemos coñecela a ela un pouco mellor, así que nos organizamos en equipos para facerlle unhas preguntas.
Os Estrelas quixemos saber como é o lugar onde vive. Comenzamos por preguntarlle cal era a comida típica e nos contou que era a bacallao a vizcaina, os chipiróns  e, antigamente, unha especie de puchero de feixóns e carne de porco que se cocía na maquina do tren  durante seis horas . A continuación  nos interesamos polas plantas propias do pais vasco e nos dixo que practicamente hai as mesmas que aquí porque tamen chove moito porque o clima é moi parecido ao noso. Tamen nos explicou cales son as  festas e os monumentos da zona. Puxémola en algún apreto cando lle preguntamos por que lle chamaban País Vasco se non era ningún país.

Nos, Os Pitufos preguntámoslle sobre o que fai no seu tempo libre. Díxonos que viaxa moito, gustalle pasear e ler. Queríamos saber tamén se era moi curiosa e activa e nos dixo que moito. Contounos que non lle gusta nada cociñar e tampouco as plantas.Como ela é vasca quixemos saber se é moi difícil aprender  euskera e poidemos combrobar que si porque nos ensinou algunhas frases. Interesáronnos moito as súas viaxes  a China, a India, a New York e Exipto. Explicounos como lle cambiou a forma de ver a vida cando foi a India. Nos sorprendeu moito o que nos contou os chinos, coma eles  non tiñan pelo nos brazos cando ián polo a rúa parábanos para tocarllos e tamén o que facían as mulleres os pes pequenos.

Os Esquios  preguntamos sobre a su profesión. Nos contou que ela é profesora e leva moitos anos traballando. Gustalle moito o seu traballo e ten moita experiencia

 A ENTREVISTA FORMAL




PERO QUERÍAMOS SABER MÁIS......... 
  

Grazas Marta pola visita e por seguirnos!

MOITOS BICOS!

sábado, 19 de enero de 2013

VISITA DE IÑAKI

Hoxe nos fixo unha visita Iñaki, o pai de Arrieta que é veterinario.
Primeiro nos saúdamos e a continuación empezou a diseccionar uns órganos dos aparatos respiratorio e circulatorio. Abriunos un pulmón e tamén unha tráquea para ver como eran por dentro. Logo abriu un corazón e poidemos observaR as súas partes.
Tamén vimos un ril que ao abrilo cheiraba moi mal. Outro órgano que nos gustou moito foi o cerebro.
Despois de recoller todo, ensinounos as diferencias entre cans e gatos. Explicounos, ademais, que o estómago dunha vaca  ten catro partes e que despois dun rato, a comida que tragou, vólvelle a boca e a mastica durante horas.
O que mais nos gustou foron as historias sobre a reprodución dalgúns animais. A que nos impresionou moito foi a dos corzos. As  femias teñen o celo en agosto e as crías deberían nacer nunha época en que non hai alimento así que paran o desenvolvemento do cigoto e éste está dando voltas sen estar agarrado no útero ata que chegue o mes de xaneiro, entón implántase para nacer en abril .Outra foi a da reprodución das aves porque os machos non teñen pene.
Poidemos disfrutar desta experiencia grazas a nai de Ana que nos proporcionou as vísceras e o papá de  Arrieta.
 Equipo dos Pitufos e Equipo dos Estrelas

MOITÍSIMAS GRAZAS DE PARTE DE TODOS!



miércoles, 13 de junio de 2012

VISITA A UNHA CLINICA VETERINARIA

Para completar o estudo do tema de Coñecemento do Medio sobre as diferentes profesións e os instrumentos e máquinas que utilizan desprazamonos ata a clínica veterinaria A FAROLA que é propiedade dos pais de Arrieta. Marta e Iñaki foron uns mágnificos anfitrións e ensináronnos algunhas das tarefas que leva a cabo un veterinario e os útiles e aparellos que utilizan.
Ao regreso á aula por parellas fixemos unha redacción sobre a visita e aquí tedes a de  Arrieta e Carmen.

Este miércoles fuimos a una clínica veterinaria. Al llegar nos recibieron Iñaki y Marta y después nos enseñaron las cosas que había en la tienda. A continuación Iñaki nos enseñó el microscopio, el estetoscopio, el otoscopio y también nos pesamos. Luego fuimos a la sala de rayos X y allí todo era de plomo, hasta el traje que se utilizaba para hacer radiografías. En el quirófano vimos un aparato que media la pulsación del corazón y el oxígeno. Iñaki operó de mentira a Óscar que temblaba de miedo. También había un autoclave que era para matar las bacterias de las pinzas y del material.
Marta nos enseñó el ecógrafo que servía para ver el interior del cuerpo y la peluquería en donde Fitu le estaba cortando el pelo a un  perro.
Cuando nos acabaron de enseñar la clínica paseamos a dos perros. Al final hicimos un montón de preguntas y nos fuimos muy alegres con un regalo. 
Nos gustó mucho y esperamos volver!

Arrieta y Carmen

Grazas!!!




domingo, 20 de mayo de 2012

VISITA A UN TALLER TEXTIL

O luns fomos o taller da miña tía. Antes de ir para alá  preparamos unhas preguntas sobre o taller e o que fan alí. En canto chegamos, a miña nai ensinounos os tipos de máquinas que había alí: máquinas de coser, termofusionadora, ollaladora....Na parte de arriba estaban facendo camisas e na de abaixo facían outras labores. Cando baixamos, a niña tía Loli contestounos as preguntas que levabamos apuntadas. Mentras falaba baixou Joel e nos acompañou a ver a termofusionadora, as planchas e a máquina de facer ollais. 
Cando voltamos a profe nos explicou porque o meu tío Ever estaba escoitando música mentres traballaba e era porque estar oito horas alí encerrado é moi aburrido.
Foi unha excursión moi cerca e para min moi familiar. O que máis me gustou da visita ao taller é que eu era os levaba. 
Pablo Jesús
Grazas a Loli e a Beni por recibirnos e explicarnos tan ben como funciona un taller!

jueves, 16 de febrero de 2012

A VISITA DE IÑAKI

Nesta semana chea de actividades tivemos a gran fortuna de poder contar coa visita do pai de Arrieta. Iñaki é veterinario e amablemente se prestou a vir a nosa aula e compartir con nós os seus coñecementos sobre os animais.
Quen mellor para contar o acontecido que a súa filla Arrieta.

Vino a clase con un microscopio, algunas muestras, una codorniz y un pez. Primero, nos explicó las cosas que hace un veterinario y nos contó cosas de perros y gatos. Luego nos enseñó las partes de una codorniz, algunos se marearon, y después vimos las del pez. Nos enseñó el corazón, los pulmones, el cerebro, la garganta y la cloaca. Tuvimos suerte porque el pez iba a tener hijos y los vimos con la lupa. Por último, vimos una pulga en el microscopio, una garrapata y sangre. Nos avisó del peligro de las garrapatas y nos habló de la responsabilidad que hay que tener con los animales. Les dimos unos regalitos para los compañeros y se acabó.
Me lo pasé muy bien y fue muy interesante.
Me gustó mucho que viniese mi padre.
Arrieta
E a nós tamén!

Grazas Iñaki pola túa visita!




jueves, 4 de agosto de 2011

A AUGA E O CORPO HUMANO

Como as novas tecnoloxías e eu ainda nos estamos coñecendo, (ou sexa que ainda me queda moito que aprender), teño varios traballos pendentes de publicar e así pouco a pouco e conforme lle vaia dando forma irán aparecendo no blog.Varios deses traballos teñen que ver coas visitas dos familiares para falarnos do tema da AUGA.
ESTRELLA, a nai de ALEX F. foi unha das persoas que se brindou a compartir con nós os seus coñecentos e explicounos porque é tan importante a auga para os seres vivos, e en especial para as persoas.
Xa temos un artigo publicado sobre esta visita pero quedou sen mostrar esta estupenda presentación que nos trouxo para acompañar as súas palabras.

Unha vez máis grazas a tod@s pola vosa colaboración!
A auga e_o_corpo_humano

martes, 7 de junio de 2011

MANOLO, O AVÓ DE ALEX, VISÍTANOS

A semana pasada tivemos unha visita moi especial. Manolo, o avó de Alex, veu a visitarnos ao cole e contounos unha chea de cousas: falaunos da súa época de cativo, do moito que traballou na ANPA e dos muiños de Reboreda.
Estivo acompañado de Fermina, unha amiga e veciña que tamén estaba de visita no cole. Miramos vídeos dos muiños e falamos de moitísimas cousas.

Para quedar cun bo sabor de boca, estiveron cantando unha chea de cantigas das que se cantaban cando ian ao muiño a moer. Algunhas eran tan coñecidas que ata nos atrevimos a cantaruxar un pouco.

Foi xenial escoitalos e compartir un anaco do noso tempo no cole con eles.

MOITÍSIMAS GRAZAS A MANOLO E A FERMINA, AS PORTAS DO COLE QUEDAN ABERTAS PARA CANDO QUEIRADES VOLVER.
ASÍ FALARON OS AVÓS


CANTAMOS CANTIGAS


Tedes máis información aquí, clicade e veredes os artigos de pequesreboreda relacionados coa visita.

lunes, 6 de junio de 2011

OS AVÓS VOLTAN A VISITARNOS

O pasado venres compartimos cos nenos e nenas de infantil a última visita dos avós neste curso.
Eu non vos vou contar nada máis porque quen mellor que Alex Barros para darnos a súa versión.

O venres veu o meu avó ao cole e tamén a nai e a avoa doutro neno.
Viñeron a contar cousas sobre a auga e tamén dos muiños de antes e de moitas cousas máis.

E tiven que presentar ao meu avó e pasei un pouco de vergoña.

Despois puxeron un vídeo sobre os muiños de Reboreda e ían contando de cada un o seu nome e de quen era.
Caando rematou este vídeo puxeron outro de cantigas e íamos cantando as que sabiamos xa que algunhas eran coñecidas.
A nai do outro neno contou unha historia moi interesante dun tío da súa nai. Cando este rapaz ía cun saco de gran para o muiño atopouse cunha avioneta estrellada nun campo.

o meu avó tamén contou como se fixo a biblioteca, o patio cuberto e outras obras cando miña nai e meus tíos estudaban no cole e el era o presidente da ANPA.

Gústaríame que volvese o meu avó e nos puxese vídeos de como traballa coas abellas xa que el é apicultor.

Alex Barros


O único que me queda por engadir é agradecer a todos os familiares que nos acompañaron ao longo deste curso e compartiron co nós a súa experiencia e sabiduría, brindándonos a oportunidade de achegar aos cativos a nosa realidade e identidade cultural da man duns excelentes expertos.
Moitas grazas!

miércoles, 2 de marzo de 2011

VISITA DA AVOA DE ISAAC

Comenzamos as visitas dos nosos maiores a aula. Grazas a súa experiencia e sabiduria vamos a coñecer un pouco mellor a cultura e as tradicións do noso pobo.
Este martes tivemos a fortuna de recibir a Juana, a avoa de Isaac, e aquí temos como viviu o seu neto esta experiencia.

A min encantoume que a miña avoa viñera ó cole pero tiña medo de que se quedara a durmir.
Veunos a contar cousas da auga. Ao principio díxonos que tiñan que andar ata un quilómetro cun balde na cabeza ata a fonte. Despois mentras ela contaba cousas da súa xuventude, nos facíamos comentarios e preguntas sobre as formas de rego, as pozas, os manatiais...... Ao final despedímola con un gran aplauso e eu quedei en deuda con Juana, a miña avoa, polo bo momento que nos fixo pasar.
Isacc


O resto dos nenos, nenas e mestra tamén estamos en deuda con Juanita.

Moitas grazas!