Mostrando entradas con la etiqueta A AUGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A AUGA. Mostrar todas las entradas
jueves, 21 de noviembre de 2013
martes, 19 de noviembre de 2013
COIDAMOS A AUGA
Seguro que vos van a gustar os seguintes vídeos do profesor Súper O Recargado sobre o aforro e a contaminación da auga.
jueves, 7 de noviembre de 2013
O AIRE E A AUGA
Para estudar o tema de coñecemento do medio aquí tedes dous vídeos e un xogo.
Espero que vos gusten!
martes, 15 de mayo de 2012
SAÍDA POLO ENTORNO II
Temos na clase un compañeiro o que lle encanta facer fotos e nesta saída fixo un montón para que non se nos quedase atrás ningún detalle.
Mirade que fotos máis chulas nos fixo Juan G. !
domingo, 6 de mayo de 2012
EXPERIMENTOS
Para rematar co estudo do ciclo da auga fixemos tres experimentos onde se reproducen a pequena escala os procesos que teñen lugar na natureza.
Construimos un terrario que consiste nun circuito pechado onde vamos a poder obsevar como a auga que está filtrada na terra, a do no noso pequeno lago ou a procedente da transpiración das nosas plantas se evapora, se condensa e volver a caer, mantendo constante e cantidade de auga que hai dentro do recipiente e que fará posible que medren as nosas plantas sen necesidade de regalas.
Temos un pozo para ver como a auga que se filtra na terra pasa a formar parte das augas subterráneas que poden ser extraídas por unha bomba igual que nos pozos reais onde se saca a auga para o noso consumo, para regar os campos ou darlle de beber os animais.
Cunha pequena depuradora somos capaces de limpar a auga sucia mediante a mediante os procesos de condensación e a precipitación.
Estas actividades forman parte das actividades cooperativas que desenrolamos na aula e cada equipo foi o encargado de realizar un dos experimentos.
martes, 24 de abril de 2012
domingo, 22 de abril de 2012
O CICLO DA AUGA
Para continuar co estudo do tema da auga, deixovos dous vídeos moi interesantes e divertidos onde nos esinan a importancia da auga no noso planeta e nos dan uns sabios consellos para facer un uso axeitado da mesma, ademais nos explican dunha forma moi sinxela o CICLO DA AUGA.
jueves, 4 de agosto de 2011
A AUGA E O CORPO HUMANO
Como as novas tecnoloxías e eu ainda nos estamos coñecendo, (ou sexa que ainda me queda moito que aprender), teño varios traballos pendentes de publicar e así pouco a pouco e conforme lle vaia dando forma irán aparecendo no blog.Varios deses traballos teñen que ver coas visitas dos familiares para falarnos do tema da AUGA.
ESTRELLA, a nai de ALEX F. foi unha das persoas que se brindou a compartir con nós os seus coñecentos e explicounos porque é tan importante a auga para os seres vivos, e en especial para as persoas.
Xa temos un artigo publicado sobre esta visita pero quedou sen mostrar esta estupenda presentación que nos trouxo para acompañar as súas palabras.
Unha vez máis grazas a tod@s pola vosa colaboración!

martes, 7 de junio de 2011
MANOLO, O AVÓ DE ALEX, VISÍTANOS
A semana pasada tivemos unha visita moi especial. Manolo, o avó de Alex, veu a visitarnos ao cole e contounos unha chea de cousas: falaunos da súa época de cativo, do moito que traballou na ANPA e dos muiños de Reboreda.
Estivo acompañado de Fermina, unha amiga e veciña que tamén estaba de visita no cole. Miramos vídeos dos muiños e falamos de moitísimas cousas.
Estivo acompañado de Fermina, unha amiga e veciña que tamén estaba de visita no cole. Miramos vídeos dos muiños e falamos de moitísimas cousas.
Para quedar cun bo sabor de boca, estiveron cantando unha chea de cantigas das que se cantaban cando ian ao muiño a moer. Algunhas eran tan coñecidas que ata nos atrevimos a cantaruxar un pouco.
Foi xenial escoitalos e compartir un anaco do noso tempo no cole con eles.
MOITÍSIMAS GRAZAS A MANOLO E A FERMINA, AS PORTAS DO COLE QUEDAN ABERTAS PARA CANDO QUEIRADES VOLVER.
ASÍ FALARON OS AVÓS
CANTAMOS CANTIGAS
Tedes máis información aquí, clicade e veredes os artigos de pequesreboreda relacionados coa visita.
ASÍ FALARON OS AVÓS
CANTAMOS CANTIGAS
Tedes máis información aquí, clicade e veredes os artigos de pequesreboreda relacionados coa visita.
miércoles, 12 de enero de 2011
A FERVENZA DE REBOREDA
Algunha vez fostes a fervenza de Reboreda? Sabedes onde está? E algo da súa historia?
Nos estamos un pouco preocupados porque os camiños que van a fervenza están moi descoidados ou pechados e damos moita mágoa que un paraxe natural tan fermoso non poida ser disfrutado. Por iso queremos facervos unha proposta, que podemos podemos facer para que a Fervenza de Reboreda teña un mellor acceso?. Podedes darnos ideas, propostas, recordos, protestas… ou calquera cousa que se vos ocurra para poder facer actividades de impacto que salven este entorno tan fermoso e que, agora mesmo, case non se pode disfrutar. Queremos recoller as vosas aportacións para poder levalas ao concello no nome do cole e, aproveitando que estamos próximos as eleccións, poidamos ter un entorno mellor. Eu tiven unha idea, sabedes que é unha flahsmob? Non sería unha pasada montar unha todo o cole e facela diante do concello?
No poster de abaixo tedes vídeos e páxinas con información, poñédedos enriba das fotos, clicade e informádevos. Así que, xa sabedes, enchernos de comentarios coas vosas ideas.

viernes, 15 de octubre de 2010
A GOTA MUSICAL
Mirade que vídeo tan simpático dunha gota de auga. Se vos fixades ben, veredes que ao longo do vídeo a gota vai explicando moitas das características e propiedades da auga a través das imaxes.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)