O colectivo AMIGOS DA TERRA veunos a impartir un obradoiro de ALIMENTOS DE TEMPORADA co fin de concienciarnos de consumir as froitas e verduras propias de cada época do ano.
Ata non hai moitos anos era impensable comer tomates e leitugas no inverno ou laranxas no verán. As persoas, sobretodo as que vivían no rural tiñan no seus eidos diferentes froiteras de xeito que sempre poideran dispoñer de froita para o seu autoconsumo. Nembargantes, hoxe en día nos supermercados podemos atopar calquera variedade de froitas e verduras en calquera estación. Como é esto posible? A resposta é sinxela, estos alimentos veñen doutros lugares, a maioría das veces afastados por varios centos e incluso miles de quilómetros. E esto que supón? Pois por unha banda que estes produtos teñen que ser recolleitados antes de completar a súa maduración e deben conservarse en cámaras especiais coa conseguinte perda de sabor e propiedades nutritivas. Por outra banda, o ter que traelos dende tan lonxe supón encarecer os produtos ao ter que engadirlle os gastos de transporte, pero sobre todo debemos ter en conta que, sexa o que sexa o medio de transporte que utilicen, este vai a contribuir a contaminar o medio ambiente.
Xa sabedes,
a comer froitas e verduras de temporada!