Aquí vos deixamos máis fotos que resumen as actividades que levamos a cabo a última semana de outubro. Fixemos talleres plástico para celebrar o Samaín, a escape room e unha sesión de contos de medo escalofriante!!!
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN. Mostrar todas las entradas
martes, 20 de noviembre de 2018
lunes, 19 de noviembre de 2018
ASÍ CELEBRAMOS O SAMAÍN
Este ano o noso samaín foi diferente.
Comezamos o encerro vendo un vídeo que parecía inofensivo.
Comezamos o encerro vendo un vídeo que parecía inofensivo.
Non sabemos moi ben coma acabamos pechados na biblioteca e o único xeito de poder saír era ir superando probas e descifrando as pistas que nos levaban a onde estaba agochada a chave.
Para iso cada equipo contaba cunha mochila onde tiña un kit básico para superar as probas no que había lapiz, bolígrafo, tesoura, pegamento, unha lanterna, un folio e a primeira pista gardada nun sobre.
As probas estaban relaciondas coas cousas vistas na aula, neste caso, co proxecto de Verne e con contidos da área de matemáticas.
Cos pelos de punta comezamos a buscar a saída pero, pouco a pouco, as luces da biblioteca fóronse apagando ata que quedamos a escuras e so podíamos ver con axuda das nosas lanternas.
Inda así, con paciencia, confianza e, sobre todo, traballo en equipo, conseguimos saír da biblio e o equipo gañador levou 30 puntos no class dojo.
QUE VOS PARECE O NOSO XEITO DE CELEBRAR O SAMAÍN???
lunes, 30 de octubre de 2017
RECURSOS PARA SAMAÍN
Aquí vos deixamos algúns recursos variados para aprender máis sobre o Samaín/Halloween. Esperamos que vos sexan de utilidade.
QUE É HALLOWEEN?
No CEIP Pío XII fixeron esta compilación de cancións:
PELÍS PARA SAMAÍN: estades buscando algunha pelí para o día 31 e non sabedes que escoller. Aquí vos deixamos algunhas ideas que recollemos no blog "Lluvia de ideas".
1. Pesadilla antes de Nadal de Tim Burton, un clásico da animación imprescindible para pasar unha noite terrorífica.

2. La novia cadáver tamén de Tim Burton. Unha historia terrorífica e moi simpática que non vos debedes perder.

E, ademais, a Saga de Harry Potter, El retorno de las brujas, Casper y La familia Adams.
Finalmente, algúns xogos:
CREA O TEU CALACÚ
HAPPY HALLOWEEN
jueves, 30 de octubre de 2014
GALLETAS DE SAMAÍN
Hoxe tivemos unha visita moi especial.
O curso pasado, Bea, a nai de Unai, mandounos unhas impresionantes galletas con formas e decoración do Samaín. Como sabemos que é unha experta no tema, este ano pedímoslle que viñera a nosa clase e nos ensinara como se facían.
Non tíñamos moito tempo así que nos trouxo as galletas xa feitas. Seguindo as súas instruccións e con moito arte creamos fantasmas, cabazas, sombreiros de bruxas, casiñas....
O resultado foi espectacular!
Grazas Bea!!!!!!
miércoles, 29 de octubre de 2014
SAMAIN
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica
o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e
novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para
se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e
concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis
perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as
ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores para render contas inacabadas.
Fonte: Vieiros da Escola
Aquí tedes o vídeo que vimos na clase sobre a orixe desta festa que se celebra en países moi diversos
domingo, 1 de diciembre de 2013
FEITIZOS

Todos estes feitizos e moitos máis podédelos atopar neste libro, pero se queredes ir un pouco máis lonxe e animádevos a crear os vosos propios.
domingo, 30 de octubre de 2011
OBRADOIRO DE CABAZAS
O venres recibimos unha visita moi especial!
Os nenos e nenas de 5º A xunto coa profe Charo viñeron a compartir con nós un obradoiro de fabricación de cabazas.
A experiencia foi extraordinaria! Daba gusto velos traballar e colaborar para que cada un poideran levar unha magnífica cabaza elaborada con papel de cor laranxa a que non lle faltaba detalle. E como era O SAMAÍN tampouco poideron faltar os caramelos.
Os nenos e nenas de 5º A xunto coa profe Charo viñeron a compartir con nós un obradoiro de fabricación de cabazas.
A experiencia foi extraordinaria! Daba gusto velos traballar e colaborar para que cada un poideran levar unha magnífica cabaza elaborada con papel de cor laranxa a que non lle faltaba detalle. E como era O SAMAÍN tampouco poideron faltar os caramelos.
Esperamos que voltedes pronto a compartir máis actividades con nós!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)