"Os venres son o mellor día", alomenos iso é o que pensan en 5ºB. Nembargante, é un dos días nos que máis traballamos e máis temas diferentes tocamos. Entre esa mestura de actividades decidimos que iamos dedicar a clase de ciencias a experimentar así que comezamos facendo experimentos relacionados co clima.
Tiñamos 4 propostas diferentes, unha coas indicacións por escrito, outra no ordenador, a seguinte resumida en imaxes e a última sen ningún tipo de orientación.
Cada equipo foi rotando e pasou polas 4 experiencias.
Ademais de levalas a cabo,tivemos que cubrir unha ficha onde establecemos hipóteses e rematamos expoñendo as nosas conclusións.
Aquí tedes un resumo das catro experiencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario