Mostrando entradas con la etiqueta RECURSOS ON LINE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECURSOS ON LINE. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de octubre de 2018

RECURSOS

Este ano queremos que vos sexa máis sinxelo usar o espazo de recursos para repasar e traballar na casa. Estamos barallando diferentes opcións. Ter un site para cada asignatura ou probar cun wix coas materias onde teñades todo recollido. 
Aquí vos deixamos unha proba do wix para que naveguedes, probedes e nos deades a vosa opinión. Inda non hai recursos de todas as materias pero xa vos serve para darvos unha idea de coma estarían organizados.
Esperamos as vosas impresións para seguir mellorando. Clica na imaxe e xa iredes ao wix.

https://omanantialsantopai.wixsite.com/misitio

miércoles, 7 de febrero de 2018

GENTILICIOS

Para os que pedistes novas actividades sobre os xentilicios, aquí tedes. Máis no site. Ademais, tedes novas actividades para darlle un repaso as fraccións. Non vos despistedes!!!

https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/gentilicios-de-comunidades-autonomas-de-espaa/7bb7d50b-53d6-4daa-b4a4-3f01c63ee522

jueves, 2 de noviembre de 2017

NOVOS TEMAS, NOVOS RECURSOS

Iniciamos temas novos en sociais e naturais. Desta volta o proxecto será para naturais pero xa vos iremos contando. De momento aquí tedes información para comezar a ver do que imos falar.


O REINO ANIMAL HAPPY LEARNING (Un vídeo un pouco máis longo do habitual pero moi interesante)
  

Máis información no site de recursos. Tamén tedes unha chea de enlaces en sociais, o novo tema vai ser o CLIMA.

lunes, 30 de octubre de 2017

RECURSOS PARA SAMAÍN

Aquí vos deixamos algúns recursos variados para aprender máis sobre o Samaín/Halloween. Esperamos que vos sexan de utilidade.

QUE É HALLOWEEN?

http://www.halloween.com.es/
 

No CEIP Pío XII fixeron esta compilación de cancións:

https://www.genial.ly/View/Index/59e054370b9c21060cb4c26c

PELÍS PARA SAMAÍN: estades buscando algunha pelí para o día 31 e non sabedes que escoller. Aquí vos deixamos algunhas ideas que recollemos no blog "Lluvia de ideas".
1. Pesadilla antes de Nadal de Tim Burton, un clásico da animación imprescindible para pasar unha noite terrorífica.

 

2. La novia cadáver tamén de Tim Burton. Unha historia terrorífica e moi simpática que non vos debedes perder.

3. Hotel Transilvania 1 e 2. As críticas son dispares. Deixámola ao voso criterio
E, ademais, a Saga de Harry PotterEl retorno de las brujas, Casper y La familia Adams.

Finalmente, algúns xogos:

CREA O TEU CALACÚ

http://www.pekegifs.com/halloween/juegohalloweencalabaza.htm

HAPPY HALLOWEEN

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/halloween/wanda_cast/home.html


jueves, 26 de octubre de 2017

RECURSOS

Podedes pasar polo site de recursos que está cargado de actividades sobre a acentuación, algún xogo para rematar de estudar o tema da Célula e, por suposto, a nova materia de mate.
Imos ver os múltiplos e os divisores. Aquí vos deixamos un par de vídeos pero no site tedes máis material para poder comezar a preparar o tema na casa.

 MÚLTIPLOS

 DIVISORES

sábado, 14 de octubre de 2017

O NOSO BANCO DE RECURSOS

Dende hoxe xa tedes todos os recursos que imos colgando no blog organizados e ordeados para que poidades ir a eles sempre que o precisedes. Imos colgar na barra lateral do blog un icono de recursos para que poidades entrar directamente. 
Unha vez dentro tedes unha barra lateral esquerda organizada por materias. Dentro de cada materia tedes o material clasificado en vídeos, actividades ou xogos e información de ampliación.
Esperamos que vos sexa de utilidade.
Aquí volo deixamos para que lles votedes un ollo.
Estamos abertas a suxerencias para melloralo. Non dubidedes en comentar.

https://sites.google.com/site/omanantialrecursosaula/about-me


domingo, 23 de noviembre de 2014

FUNCIÓNS DAS PLANTAS

Para que poidades coñecer un pouco mellor como realizan as plantas as súas funcións vitais deixovos un vídeo sobre a fotosíntesis para a función de nutrición, outros onde podedes ver como se produce a polinización que se corresponde coa función de reprodución, e por ultimo, un video moi breve onde se pode apreciar como se pliega a mimosa sensitiva para a función de relación.

Espero que os disfrutedes!




lunes, 20 de octubre de 2014

O APARATO EXCRETOR

E para pechar este bloque de vídeos adicados a función de nutrición  aquí tedes o vídeo do aparato excretor.

domingo, 6 de julio de 2014

TAREFAS DE VERÁN SEMANA II

 Mentras esperamos a o bo tempo para ir a praia, seguimos traballando con estes enlaces :
Matemáticas: doble, triple, metadade, euros, horas
Linguas :  comprensión lectora.-  ordenar frases, contestar preguntas dunha lectura,  ortografía.-  -b- ou -v-,  - m- ou -n-
English: un chisquiño máis difícil numbers, house

Non vos esquezades de facernos chegar as recomendacións literarias!

martes, 1 de julio de 2014

TAREFAS DE VERÁN SEMANA I

Comenzamos as tarefas!

 Matemáticas: Practica o cálculo neste enlace
Lingua:  trivial

English: con estos xogos repasaras os núneros de forma moi divertida