jueves, 29 de noviembre de 2018

AS MULLERES TAMÉN FACEMOS CIENCIA

Onte, a profe Luisa máis eu fomos a Santiago a unha xornada STEM. Tivemos a sorte de asistir a unha ponencia moi interesante sobre o papel da muller no eido científico e onde nos ensinaron porque os Clubes de ciencia deben incentivar a presenza feminina. A igualdade defendese dende o momento que existe, pero, para chegar a ela queda moito camiño por recorrer e a escola debe encargarse de ir facendo camiño. Aquí vos deixo un par de cousiñas dignas de ver: 

A CIENCIA NA ESCOLA 


 O LUGAR QUE OCUPAMOS 



As mulleres tamén podemos facer ciencia e necesitamos modelos. Hai unha chea de científicas, debemos visibilizalas. Na páxina mulleres con ciencia tedes unha boa mostra dalgunhas delas.

miércoles, 28 de noviembre de 2018

OS VENRES E A QUÍMICA: LEVADURA, KEFIR E PERFUMES!

Seguimos traballando co noso proxecto de Física e Química.
 O venres pasado fixemos empanadillas de verza e tiñamos coa traballo para esta semana investigar que é e cales son as propiedades da levadura e que pasa coa levadura e a sal. 
Ademais, Luisa trouxo kefir. 
Finalmente, aproveitamos para rematar o taller de perfumes que iniciamos xa fai unhas cantas semanas.
 En fin, un venres apaixoante, práctico e experimental.

COMA MOLAN OS VENRES!!!

martes, 27 de noviembre de 2018

FACEMOS CROISSANT

Despois de descubrir que os croissant non eran franceses e que estaban directamente relacionados coa Idade Moderna, igual que o cacao, non nos quedou máis remedio que unir as dúas cousas e facer os nosos propios croissant de cacao.

lunes, 26 de noviembre de 2018

QUE FIXO POR TI A IDADE MODERNA?

A semana pasada tivemos a inmensa sorte de contar coa visita de Ramón Noche, profesor de Xeografía e Historia en Educación Secundaria.
Ramón veu falar da Idade Moderna pero dun xeito moi especial, xa que, veu a contarnos todo o que a Idade Moderna fixo por nós.

Aprendemos moítisimo coa súa visita e pasámolo xenial.
Ademais, deixounos traballo, pero traballo do que nos gusta. Tres retos a superar para poder abrir o cofre do tesouro.

Que máis se pode pedir? Ah, sí! Tamén fixemos croissants. Pero iso verémolo maña.

MOITÍSIMAS GRAZAS A RAMÓN NOCHE POR PRESTARSE PARA LEVAR A CABO A ACTIVIDADE, GRAZAS POLO TEMPO ADICADO A PREPARALA E A SÚA BOA PREDISPOSICIÓN E GRAZAS POR UNHA SESIÓN TAN EDUCATIVA.

UN VERDADEIRO PRACER!!! VOLVERÉMOSTE CHAMAR!!!

domingo, 25 de noviembre de 2018

25 de NOVEMBRO:DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia de xénero é unha lacra. Un mal que non ten desculpas, excusas nen xustificación nunha sociedade avanzada.
A educación, tanto na escola coma na casa, é fundamental para mudar as coisas. E esta educación pasa por recoñecer que cousas non se poden tolerar.
 Non nos lembremos das mulleres maltratadas só 25 de novembro, o maltrato ten múltiples formas e está máis preto de nós do que cremos. A violencia é intolerable sempre.
NON VOS CALADES NUNCA, NON A TOLEREDES XAMAIS.

NON SOMOS FADAS, NIN PRINCESAS A QUEN MIRAR.

 


jueves, 22 de noviembre de 2018

EMPANADILLAS DE VERZA

Estamos reformando a horta dos maiores e toca recoller o sementado para que non se perda. A semana pasada collemos as cebolas e as verzas e con elas fixemos unhas deliciosas empanadillas de verza.
Inda que a maioría non tiñan moitas ganas de comer verza, a receita resultou ser todo un éxito.

martes, 20 de noviembre de 2018

MÁIS SAMAÍN

Aquí vos deixamos máis fotos que resumen as actividades que levamos a cabo a última semana de outubro. Fixemos talleres plástico para celebrar o Samaín, a escape room e unha sesión de contos de medo escalofriante!!!

lunes, 19 de noviembre de 2018

ASÍ CELEBRAMOS O SAMAÍN



Este ano o noso samaín foi diferente.
Comezamos o encerro vendo un vídeo que parecía inofensivo.
Non sabemos moi ben coma acabamos pechados na biblioteca e o único xeito de poder saír era ir superando probas e descifrando as pistas que nos levaban a onde estaba agochada a chave.
Para iso cada equipo contaba cunha mochila onde tiña un kit básico para superar as probas no que había lapiz, bolígrafo, tesoura, pegamento, unha lanterna, un folio e a primeira pista gardada nun sobre.
As probas estaban relaciondas coas cousas vistas na aula, neste caso, co proxecto de Verne e con contidos da área de matemáticas.


Cos pelos de punta comezamos a buscar a saída pero, pouco a pouco, as luces da biblioteca fóronse apagando ata que quedamos a escuras e so podíamos ver con axuda das nosas lanternas.

Inda así, con paciencia, confianza e, sobre todo, traballo en equipo, conseguimos saír da biblio e o equipo gañador levou 30 puntos no class dojo.

QUE VOS PARECE O NOSO XEITO DE CELEBRAR O SAMAÍN???

jueves, 15 de noviembre de 2018

TRABALLO POR EQUIPOS SOBRE A REPRODUCCIÓN HUMANA

Aquí tedes a segunda parte do traballo por equipos sobre o tema de ciencias.
Nesta ocasión imos aprender máis sobre a regra e, finalmente, veremos que é un glosario e falaremos dalgúns termos específicos sobre o tema.

UNHA VEZ MÁIS, TEMOS QUE FELICITARVOS. NORABOA DA GUSTO VERVOS TRABALLAR, APRENDER E EXPOÑER ASÍ!!!

SCRACTH

Xa tedes o recuncho de recursos actualizado co material scracth.
Lembrades que o outro día fixemos unha práctica sobre o cambio de escearios?

Moitos conseguístedes facer a práctica e comezamos coa segunda parte: tentar que o gato volvese ao esceario principal. 
Podedes aproveitar para prácticar e xogar na casa.
 So tedes que entrar en SCRACTH, podedes iniciar sesión coa conta do cole. 
Ao rematar poñedes de título o voso nome e gardedes a práctica. Se vedes que na parte dereita pon Ingresar, en vez de omanantialsantopaio, clicades en ingresar e volvedes a abrir a conta pero, sempre despois de poñer coma título no lado esquerdo o voso nome.

O outro día falamos despois de facer a práctica de tentar que o gato volvese a escea 1. O cambio de esceario en Scracth está pensado para representar o cambio de nivel (nun xogo interactivo) así para que o gato volva a escea 1 debemos facer algúns cambios na programación.
Pensade que o gato cando chega ao novo esceario de xeito natural camiña ata a esquerda. Unha solución sería poñer outra porta na lado esquerdo e programar que ao tocar esta volva ao esceario 1. Para iso é mellor que fagades as portas máis pequenas para que non ocupen todo o fondo.

TENTÁMOLO?

miércoles, 14 de noviembre de 2018

TRABALLOS POR EQUIPOS SOBRE A REPRODUCCIÓN HUMANA

Seguimos traballando sobre a reproducción humana. Desta volta pasamos do traballo de documentación por parellas ao traballo de investigación por equipos.
Despois de tres sesións preparando as diferentes presentacións chegou a hora de facer a defensa oral.
Comezamos coa xenética e a diferenza entre mellizos e xemelgos.



Acabades de ver o resultado final pero para chegar aquí tivemos moito traballo previo:

NORABOA AOS EQUIPOS PORQUE AS EXPOSICIÓN FORON MOI CLARAS, CONCISAS E INTERESANTES!!!

OS DETERMINANTES

Xa tedes o recuncho de recursos cheo de actividades para traballar os distintos tipos de determinantes. 
Tamén botádelle un ollo a este vídeo onde explica moi ben que son os determinantes e en que se diferenzan dos pronomes.




 Este segundo vídeo seguro que vos fai máis gracia e, o mellor de todo, vos pode servir para recordar mellor que son os determinantes. NON DEIXEDES DE VELO!!!

sábado, 10 de noviembre de 2018

MAXIA E CIENCIA

O pasado mércores poidemos disfrutar dun sorprendente espectáculo do mago Paco no que mestura a maxia e a ciencia.
Deixounos a todos abraiados!!!

viernes, 9 de noviembre de 2018

A IDADE MODERNA

Este trimestre estamos achegándonos a Idade Moderna. 
Pouco a pouco imos avanzando e cada vez hai máis información para procesar.
Para botarvos unha man tedes novos vídeos publicados no site de recursos e un novo apartado con xogos e máis información.
Aproveitade para botarlles un ollo e ide usando os xogos e demais recursos para repasar.
Non o deixedes todo para o final.


BOA FINDE!!!

jueves, 8 de noviembre de 2018

SUPERFICIES

Iniciamos novo tema de mate.


Aquí vos deixamos un vídeo onde vos explica algunhas das cousas que xa vimos na aula.


No site xa tedes unha chea de recursos para ir practicando.

http://www.escolar.com/geometr/10medsup.htm

miércoles, 7 de noviembre de 2018

CLUBE DE CIENCIA

Hoxe levástedes unha folla con información para anotarvos no Clube de Ciencia.
No CEIP de Laredo, Chapela, levan un ano desenvolvendo esta actividade e os alumnos do clube fixeron unha chea de experimentos, aquí vos deixo a memoria visual do clube de ciencia de Laredo do curso pasado para que vexades de que se trata. Clicade na imaxe e desfrutando navegando pola páxina.
https://twitter.com/search?f=tweets&vertical=default&q=%23clubciencialaredo&src=typd

ACTIVIDADE MEDIOAMBIENTAL NA PRAIA DE CESANTES

Dende o departamento de Medio Ambiente do Concello queremos convidarvos a nova actividade que se celebrará o vindeiro sábado día dez de novembro.

Sairemos as 10:30 do peirao de Cesantes, xunto a lonxa, e daremos un paseo pola praia ata a punta da praia de cesantes onde nos centraremos na importancia dos sistemas dunares. A actividade rematará en torno á 13:00.
Para inscribirse podedes contestar a este correo ou ben chamar ao 986 400 300 (Departamento de Medio Ambiente) ou no 698 142 025.
 
 

domingo, 4 de noviembre de 2018

SEGUIMOS CELEBRANDO O DÍA DA BIBLIOTECA

Xa vos contamos o outro día coma celebramos o Día da biblioteca este ano no cole de Reboreda. Pero a cousa non quedou aí. 
Ao día seguinte 4º, 5º e 6º visitamos a praia de Cesantes no Chocochu para facer unha lectura colectiva dos libros de Verne acompañados polos ollos do capitán Nemo. 1, 2º e 3º fixeron a mesma actividade o venres.
Pero, os alumnos de sexto aproveitamos a visita a praia para axudar ao capitán Nemo a resolver un misterio e traballar todos xuntos resolvendo un reto. Tratábase dunha pequena xincana onde afrontamos un par de probas que lle brindaron un bos puntos aos gañadores no Class Dojo.
Ademais visitamos a Nemo e fixemos a lectura colectiva.
Pasámolo moi ben pero, o mellor de todo, foi viaxar no Chocochu.
Mirade, mirade!!!