martes, 26 de junio de 2012

UN FINAL DE CURSO DE CONTO

Este curso estivemos traballando arredor dos contos e quixemos despedilo dun xeito moi especial, para elo contamos coa inestimable axuda da profe Amparo.
Os nenos e nenas de 3º A e 3º B fomos ata a punta da praia en Cesantes e ali esperabanos unha manán de xogos e diversión.
 A profe Amparo tiñamos preparado un xogo onde debíamos recuperar os contos que por mor dun maleficio desapareceran. Para conseguilo deberíamos superar unhas divertidas probas. Ao final conseguímolo e por arte de máxia apareceu un cofre coa unha suculenta recompensa.

Foi un día moi especial!

Grazas profe Amparo!

lunes, 18 de junio de 2012

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Xa estamos a punto de pechar este curso e con el remata o  proxecto Arce  no que participamos e ainda nos quedaba por facer a última actividade, un concurso de fotografía. Hoxe o tempo nos axudou e saimos ó patio coa cámara e cada un podía facer dúas fotos. A maioría decantouse por retratar ós amigos e unha paisaxe. E aquí está resultado e tendo en conta que algúns era a primeira vez que tiñan na man unha cámara non se lles da nada mal.

Moi ben rapaces!

miércoles, 13 de junio de 2012

VISITA A UNHA CLINICA VETERINARIA

Para completar o estudo do tema de Coñecemento do Medio sobre as diferentes profesións e os instrumentos e máquinas que utilizan desprazamonos ata a clínica veterinaria A FAROLA que é propiedade dos pais de Arrieta. Marta e Iñaki foron uns mágnificos anfitrións e ensináronnos algunhas das tarefas que leva a cabo un veterinario e os útiles e aparellos que utilizan.
Ao regreso á aula por parellas fixemos unha redacción sobre a visita e aquí tedes a de  Arrieta e Carmen.

Este miércoles fuimos a una clínica veterinaria. Al llegar nos recibieron Iñaki y Marta y después nos enseñaron las cosas que había en la tienda. A continuación Iñaki nos enseñó el microscopio, el estetoscopio, el otoscopio y también nos pesamos. Luego fuimos a la sala de rayos X y allí todo era de plomo, hasta el traje que se utilizaba para hacer radiografías. En el quirófano vimos un aparato que media la pulsación del corazón y el oxígeno. Iñaki operó de mentira a Óscar que temblaba de miedo. También había un autoclave que era para matar las bacterias de las pinzas y del material.
Marta nos enseñó el ecógrafo que servía para ver el interior del cuerpo y la peluquería en donde Fitu le estaba cortando el pelo a un  perro.
Cuando nos acabaron de enseñar la clínica paseamos a dos perros. Al final hicimos un montón de preguntas y nos fuimos muy alegres con un regalo. 
Nos gustó mucho y esperamos volver!

Arrieta y Carmen

Grazas!!!




viernes, 8 de junio de 2012

A LENDA DE SANT jORDI

Os nenos e nenas do cole de Vimbodí recibíronnos cunha obra de títeres moi especial, que fixeron en castelán para todos os profes de Agrupacións, a lenda de Sant Jordi. Unha lenda moi similar á nosa lenda redondelana, que se está a celebrar estes días na nosa pequena vila.


jueves, 7 de junio de 2012

A COCA SIMONA VISITA TARRAGONA

Os peques do cole e os nenos e nenas do 3º curso do Santo Paio prepararon con moita ilusión uns preciosos marcapáxinas para os seus compañeir@s dos coles do proxecto de agrupacións escolares (ARCE), xa que nestes días as profes Luisa e Rosa estamos compartindo unhas xornadas cos nen@s e profes que participan neste proxecto.
Neste marcapáxinas quixemos amosarlles a nosa Coca “Simona”, e topámonos cunha grande sorpresa que eles tamén teñen a súa propia coca (dragón) cunha lenda moi similar á nosa.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da preparación e entrega destes orixinais marcapáxinas

lunes, 4 de junio de 2012

A REPASAR!!!!!

Déixovos varios enlaces para repasar
MATEMÁTICAS

       




LENGUA CASTELLANA E LINGUA GALEGA

                
 


 COÑECEMENTO DO MEDIO