miércoles, 30 de mayo de 2018

ALBA E PAULA FALAN DO CONGRESO EN RADIO REDONDELA

 ARTIGO DE RADIO REDONDELA
 
CEIP Santo Paio, unha escola diferente
Sociedade • 30/05/2018
Autor: Ana Prieto

O colexio de Reboreda abre as súas portas ao público este venres, 1 de xuño, co gallo do seu I Congreso do Reino Animal e a I Feira de Ciencia e Tecnoloxía. Alumnos doutros centros de Redondela e tamén as familias están convidados a este evento con ponencias e obradoiros nos que os escolares do CEIP Santo Paio de Abaixo son os auténticos protagonistas.

Os que se acheguen ao Congreso e a Feira poderán coñecer curiosidades dos animais salvaxes, os tesouros agochados no ecosistema da praia de Cesantes, experimentos, maquetas de Galiciencia e explorar coa robótica, entre outras cousas. Unha iniciativa deste centro público coa que pretenden que os alumnos sexan "os verdadeiros protagonistas", como explica a mestra Verónica Camiña. Con esta actividade queren demostrar que pode facerse "unha escola diferente" onde os nenos "teñan voz" e aprendan non só dos libros, senón de todas as experiencias nas que participan. Ao longo de todo o curso traballaron no proxecto dos animais, investigando sobre eles e facendo tamén saídas á praia de Cesantes, como explica Alba Pérez Lago, alumna de 5º. Alí puideron comprobar a importancia do ecosistema mariño e como unhas especies "inflúen sobre outras". Ao longo do curso tamén traballaron en diferentes proxectos de robótica. E agora queren amosar todo o que aprenderon ao público. Paula Rodríguez Couñago, tamén de 5º de Primaria, explica que os que visiten a Feira de Ciencia e Tecnoloxía non se poden perder as maquetas de Galiciencia. A xornada comezará ás 10.00 horas, e están convidados alumnos dos colexios Alexandre Bóveda, Laredo e Santa Mariña. Tamén as familias poden achegarse ao centro nesta xornada de portas abertas na que ademais poderán recibir "un baño sonoro". Verónica Camiña explica que se trata dunha proposta do departamento de música do centro, co que os partipantes poderán facer "unha viaxe a través do oído".


Máis en:



PRESENTACIÓN MIÑOCAS

lunes, 28 de mayo de 2018

REPASAMOS O TEMA DA MATERIA

Agora que xa temos listo o tema da materia toca estudar pero, é se o facemos xogando.
Xa tedes novos recursos no site para repasar e fixar o aprendido.
Ánimo rapaces que xa non queda nada!!!

https://cplosangeles.educarex.es/web/cmedio5/la_materia/index.htm

jueves, 24 de mayo de 2018

ERROS A EVITAR CANDO FAS UNHA PRESENTACIÓN DIXITAL

Agora que andades atarefados creando o powerpoint para c. sociais é hora de darvos algunhas indicacións importantes para que a vosa presentación sexa un éxito. Estas indicacións podedes atopalas de xeito máis pormenorizado no blog justificaturespuesta. Pero, as ideas principais coas que debedes quedarvos son:

1. A importancia da letra que escollas. Debe lerse ben, estar nun bo tamaño para que a xente que vos escoite poida lela e onde se diferencie ben o contido do título. Coidado coa negrita. Esta serve para resaltar algún dato importante, non debedes facer un abuso da mesma. O ideal é poñer pouco texto na diapositiva. Estas son un apoio a presentación oral, non o esquezades. O mellor truco é que cando a teñades a proxectedes, vos colocades no final da aula e a vexades completa. Vos sodes o mellor público para decidir que está ben e que sobra.
2. Usade a cor e o subraiado con criterio, é dicir, podo usar unha cor para o título, entón todos os títulos serán iguais. Debedes ser coherentes non encher a diapositiva de raias e cores. Sei que é tentador usar todos os accesorios que veñen no programa pero debedes usar a cabeza e usar as animacións, cores, títulos, iconas... con sentido común ("menos é máis"), ademais, estades empezando así que lembrade "non se pode correr antes de andar".

3. Unha diapositiva non se presenta para decorar, debe dar información e axudarnos a entender o que alguén nos está contando. Lembrade isto á hora de escoller as imaxes que poñedes ou o texto que acompañada.
4. Cuidado cos fondos. O fondo ten que deixarnos ler o texto e ver as imaxes con claridade, senón debedes escoller outro fondo. Lembrade a información e as imaxes son prioritarias, o fondo é secundario.
5. Unha diapositiva non é unha lista da compra. Non se trata de poñer unha serie de datos sen sentido ou resumir tanto que nos quede unha lista. Moitas veces unha imaxe dalle máis sentido as nosas palabras, un gráfico, unha liña do tempo... e o texto xa non fai falla porque a nosa voz completa a información. 
6. Os títulos son moi importantes. Lembrade o que falamos sempre, as carpetas de windows. Necesitamos ordear a información e os títulos nos axudan a ter organizadas as ideas e os datos, non o esquezades.





miércoles, 23 de mayo de 2018

CONCURSO DE VÍDEOS VOZ NATURA

Un ano máis participamos no concurso de vídeos de Voz natura.
Entrade no facebook de Voz natura e deixádenos o voso voto. Pasádeo para que os vosos amigos tamén nos voten.
Aquí tedes o enlace para votar

 https://pr.easypromosapp.com/voteme/824821/630319164



martes, 22 de mayo de 2018

ORTOGRAFÍA

Coma se escribe esta palabra? Leva b ou v? Empeza por h?...
Cada día nas nosas aulas repítense preguntas coma estas e é normal dubidar, a todos nos pasa. Sempre podemos recorrer ao dicionario ou a rede pero, o mellor xeito de non ter faltas é:

 - ler moito
 - fixarse ben cando escribimos 
- recordar regras sinxelas que nos axuden a escoller a ortografía correcta 
- escribir
 - xogar e repasar para non esquecer. 

 E para axudarvos con isto último xa tedes un novo apartado no site cheo de xogos de ortografía. Site que iremos enriquecendo pouco a pouco, pero, para comezar, xa tedes unha chea de recursos. Botádelle un ollo!!
http://www.edu365.cat/primaria/muds/castella/ortografiate/index.htm

I CONGRESO DO COLEXIO DE REBOREDA

O próximo día 1 de xuño o noso centro vai a celebrar o I Congreso do Colexio de Reboreda, que este ano está adicado ao "Reino animal", ademais, tamén levaremos a cabo a I Feira de Ciencia e Tecnoloxía. Aquí tedes o programa para ir abrindo boca.

lunes, 21 de mayo de 2018

REDONDELA MEDIEVAL

A semana pasada aproveitando que baixamos a Redondela para participar no Festival Internacional de Títeres de Redondela fixemos unha visita pola nosa vila e trasladámonos, da man de Luisa, a época medieval.
Pasámolo xenial redescubrindo a historia de lugares polos que pasamos miles de veces e nos que nunca reparamos. 
Unha saída complementaria chea de mentiras, lendas e espíritu medieval. Un xeito fantástico de completar o noso traballo teórico da aula.

 

viernes, 18 de mayo de 2018

miércoles, 16 de mayo de 2018

O REINO DE GALICIA

Este martes fixemos unha visita pola Redondela Medieval da man de Luisa. Pero, que sabedes do reino de Galicia? Aquí vos deixamos un interesantísimo vídeo que vos vai deixar abraiados.

O REINO DE GALIZA



 
NACIÓN DE BREOGÁN

lunes, 14 de mayo de 2018

ALBAMAS VENCEDORAS DO DESAFÍO FINAL GALICIENCIA

O pasado venres día 11, Alba P, Alba S e María participaron no desafío final de Galiciencia no Parque Tecnolóxico de Galicia. Tiveron que facer fronte as mesmas probas que o alumnado de secundaria. Comezaron con nervos e quedándose un pouco atrás pero, pronto remontaron, gañaron confianza e, ademais de pasalo moi ben, conseguiron gañar.
Insisto unha vez máis en que só con ser finalistas para mi xa erades as gañadoras e quero, unha vez máis, recoñecer o traballo do resto dos equipos que, aínda que non chegaron a final, tamén fixeron un traballo xenial e digno de recoñecer.

NORABOA AS TRES!!! UN TRABALLO ESTUPENDO!!! SUPERORGULLOSA DE NÓS!!!



 

 

UNIDADES DE MEDIDA

Iniciamos novo tema en matemáticas. Xa tedes o site cheiño de recursos para ir practicando.




domingo, 13 de mayo de 2018

MARÍA VICTORIA MORENO

Comezamos nova semana. Esta semana é unha semana moi especial pois celebramos o Día das Letras Galegas. Celebración que nesta ocasión e por cuarta vez na historia da mesma está adicada a unha muller.

Para saber máis da autora homenaxeada tedes no site un novo apartado adicado as Letra Galegas onde atoparedes a biografía e obra da autora así coma algúns xogos para poñer en práctica os vosos coñecementos.

jueves, 10 de mayo de 2018

O BINOMIO FANTÁSTICO

No noso taller de expresión escrita seguimos traballando diferentes técnicas para mellorar o noso xeito de escribir. A semana pasada foi a hora de traballar o binomio fantástico de Giani Rodari. Comezamos facendo asociación de palabras por equipo, despois compartímolas e, finalmente, asignámolas aleatoriamente. Sairon pares de palabras moi dispares que deron lugar a relatos xeniais. 

Prestade atención!!

 

miércoles, 9 de mayo de 2018

GRELOS PARA TODOS!!!

Fai algunhas semanas que os alumnos de quinto A e B desfrutamos dun menú de degustación composto por grelos, chourizos, patacas e ovos cocidos.
Para facer o noso menú cada alumno trouxo os diferentes alimentos para engadir aos nosos grelos da horta que xa estaban listos para comer.
A ola eléctrica encargouse de facer o traballo e despois desgustamos os grelos. 
Non tiveron tanto éxito coma as acelgas, aínda que... 
Mellor que volo conten eles!

martes, 8 de mayo de 2018

AS NOSAS CREACIÓNS STEM

A raíz da participación na feira STEMLAB en Santiago, os alumnos de A e B estivemos moi ocupados facendo as nosas primeiras creacións STEM.
Partimos dun motor  dun xoguete vello ou similar, material de refugallo, algo de imaxinación e a fantástica axuda das nosas familias e...
Aquí tedes o resultado.

 STEM 1

  

 STEM 2


lunes, 7 de mayo de 2018

POESÍA PARA TODOS

Esta semana no noso taller de expresión escrita traballamos poesía.
 Aquí tedes unhas indicacións básicas:
Ademais,tedes recursos no site e aquí vos deixamos algúns máis.

http://repositorio.educa.jccm.es/portal/odes/lengua_castellana/primaria_medida_versos/index.html


http://repositorio.educa.jccm.es/portal/odes/lengua_castellana/primaria_la_rima/index.html

sábado, 5 de mayo de 2018

E DESPOIS DE VISITAR CESANTES...

Xa pasaron algunhas semanas pero tiñamos pendentes contarvos o que fixemos na aula despois de visitar Cesantes. Na nosa visita collemos mostras de area, auga, algas... Xa en clase, cada equipo tiña 4 experimentos para realizar usando as mostras recollidas. Cada equipo levou a cabo as súas experiencias e engadiu as conclusións ao seu caderno de campo. Ademais, uns equipos foron titorizando aos outros a medida que ían experimentando.
Finalmente, inda que non está recollido no vídeo empregamos o microscopio para facer unha observación máis precisa. 
Pasámolo moi ben e foi un xeito práctico de experimentar e sacar as nosas propias conclusións. 

viernes, 4 de mayo de 2018

ROBÓTICA

Levabamos unha chea de semana sen subir as prácticas de robótica. Aquí vos deixamos as actividades que estivemos facendo durante estas semanas para que sigades practicando ou aproveitedes para repasar.

E aquí tedes un breve resumo de coma o pasamos!!!

jueves, 3 de mayo de 2018

A IDADE MEDIA

Xa tedes o site cheo de recursos para comezar a aprender máis cousas sobre a prehistoria. Botádelle un ollo. E xa temos o novo proxecto sobre a Idade Medieval en marcha. Toda a información clicando na imaxe.
ÁNIMO!!!
https://nivecaro.wixsite.com/idademedia
 


EL FEUDALISMO

QUE VEÑEN OS BÁRBAROS E TAMÉN OS ÁRABES!!!

Aquí tedes un novo capítulo, este adicado a ALTA IDADE MEDIA que abarca o reinado dos reis visigodos e conquista de España polos árabes.
 Esperamos que disfrutedes da súa lectura