lunes, 30 de abril de 2018

OS CIRCUITOS ELÉCTRICOS

Seguimos coas nosas prácticas STEM. Desta volta temos que engadir un circuito eléctrico as nosas creacións con motor. Para poder levalo a cabo aquí vos deixamos algúns consellos e ideas:
  QUE É UN CIRCUITO ELÉCTRICO?

  FACER UN CIRCUITO ELÉCTRICO REPASAMOS XOGANDO?

domingo, 29 de abril de 2018

STEMLAB GALICIA

O pasado 20 de abril fomos convidados a participar na primeira feira STEM de Galicia. Unha feira que pretende ser un referente a nivel nacional onde se recollen as iniciativas relacionadas coas aprendizaxes STEM no ámbito educativo.
Foi un día moi intenso onde presentamos os nosos traballos a miles de estudantes que pasaron polo noso stand, así coma a mestres, inspectores, autoridades, familias e, incluso, tivemos a sorte de poder ensinarlle os nosos traballos a Pedro Duque.
Un día intenso e cheo de emocións onde, ademais de expor, tamén puidemos visitar a feira e ver o traballo de outros 17 centros educativos de Galicia así coma de empresas e centros que se adican a desenvolver técnicas STEM relacionadas co ámbito educativo.
Pasámolo moi ben e, unha vez máis, aprendemos de xeito directo e participativo, compartindo con demais o noso xeito de facer.

NORABOA A TODOS OS RAPACES QUE, UNHA VEZ MÁIS, O FIXERON XENIAL!!! ORGULLO DE ALUMN@S.

 SODES FANTÁSTICOS!

 

jueves, 26 de abril de 2018

O ADXECTIVO

Xa tedes material no site para practicar os novos contidos de lingua.

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/Lengua6EP_adjetivos/frame_prim.swf

Ademais, deixovos un enlace para poder consultar o uso axeitado dos superlativos:
http://usoadecuadodelalenguaescrita.blogspot.com.es/2009/12/listas-superlativos.html

martes, 24 de abril de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DO MONTE EN CHAN DA COSTA

Un ano máis, e despois de agardar varias semanas a que a choiva nos deixara, celebramos o Día do Monte. 
 Este ano tocounos ir ao Chan da Costa en Reboreda.
Coma todos os anos celebramos este día en colaboración coas Comunidades de Montes de Reboreda e Ventosela e a Anpa do centro.
Uniformados coas camisetas commemorativas demos un bo paseo ata o Monte. 
Alí aproveitamos para facer unha plantación, xa que, o Chan da Costa foi un dos montes afectados nos incendios de outubro do ano pasado. 
Ademais, este ano contamos coa colaboración dos Gardas Forestais que nos deron unha charla moi interesantes sobre os incendios e a súa extinción.
Tamén desfrutamos dunha boa merenda campestre e, por suposto, de xogos e tempo para nós aproveitando o entorno e o aire libre.
Antes de emprender o camiño de volta, recollemos o lixo.
Esperamos volver e desfrutar de nova vida no noso monte .

COMEZAMOS A HISTORIA

Quen dixo que a historia era aburrida?
Aquí tedes un fragmento dun libro que nos conta a historia de España dun xeito moi especial.
Seguro que vos vai a encandilar.

lunes, 23 de abril de 2018

VISITAMOS A XUNTA DE GALICIA, O PARLAMENTO E...

O día 17 de abril de 2018 fixemos unha excursión ao Parlamento de Galicia.
Chegamos ao colexio ás 8.45 e saimos en autobús ás 9:07. Chegamos ao edificio da Xunta de Galicia ásS 10.57, despois de merendar nun centro comercial. 
Chegamos ao Pazo do Hórreo ás 12.30 da mañá e alí  visitamos moitas salas pero a que máis me gustou foi o hemiciclo e a sala de comisións. Tamén me gustaron outras coma o salón dos reis. 
Explicáronnos moitas cousas e tamén vimos algúns vídeos, visitamos as bibliotecas (unha pequena e outra grande)
Antes de entrar ao hemiciclo fomos a sala dos pasos perdidos que é a sala onde durante os plenos os deputados poden usala para descansar. Está decorada coas imaxes de todos os homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Fomos comer a alameda de Santiago onde xogamos mentres as profes tomaban uns cafés e, por último, fomos facer a ruta dos muíños do río Barosa, en Barro. Hai moitos muíños que visitamos coa profe Vero. O paseo mellorou moito grazas as explicacións que fixo a profe Luisa.
Despois merendamos e xogamos durante un bo anaco.





BRAIS

domingo, 22 de abril de 2018

miércoles, 18 de abril de 2018

RECURSOS MATEMÁTICAS


Xa tedes o site cargado con material para traballar as operacións con decimais. Botádelle un ollo

Xogos, vídeos e actividades.

http://genmagic.net/repositorio/albums/userpics/sumdec1c.swf

PREPARANDO O DESAFÍO FINAL DE GALICIENCIA

Toca preparar o desafío do día 11. Ese día estaredes soas fronte aos outros dous equipos e teredes unha hora para afrontar o desafío final. De seguro que o ides facer moi ben e imos poñer todas as nosas forzas para gañar.

Primeiro de todo, podedes ver os vídeos os outros participantes, incluidos os outros finalistas nestas direccións:

DESAFÍO 1
DESAFÍO 2
DESAFÍO 3

Agora tedes dúas semanas para ler os recursos didácticos dos diferentes desafíos e estar mellor preparadas para o desafío final. Calquera dúbida debemos resolvela antes de que chegue o desafío final pois ese día eu non podo estar con vos.
Aquí tedes os recursos:


ÁNIMO ALBAMAS!!!

ALBAMAS É FINALISTA NO DESAFÍO GALICIENCIA

O equipo formado por Alba S, Alba P e María conseguiron colarse no desafío final de Galiciencia que terá lugar o vindeiro día 11 de maio.
NORABOA RAPAZAS

http://atrevetecocambioclimatico.galiciencia.com/

Quero felicitar tamén ao resto dos equipos que fixeron un gran traballo. Noraboa a todos.
 Ter un equipo da nosa aula no desafío final é un victoria de todos. Non o esquezades.
Aquí tedes os tres vídeos que lle deron o premio a ALBAMAS

DESAFÍO 1: O PRONÓSTICO DO TEMPO

DESAFÍO 2: QUE SABEN DO CAMBIO CLIMÁTICO OS QUE ME RODEAN


DESAFÍO 3: UN ANUNCIO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

martes, 17 de abril de 2018

O ASTRONAUTA ESPAÑOL PEDRO DUQUE INAGURARÁ O STEMLAB GALICIA

Coma sabedes o venres imos participar no Stemlab, 5º B é un dos 18 centros elixidos para expoñer e 5º A e 6º A desfrutarán da visita a maior feira de STEM de Galicia. A inaguración será o vindeiro venres 20 ás 10.30 da mañá e estará a cargo de Pedro Duque. Tedes toda a información no portal educativo da xunta (clicando a imaxe) 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24733

lunes, 16 de abril de 2018

E, FINALMENTE, CONSEGUIMOS VISITAR A PRAIA DE CESANTES

Despois dun mes buscando un día sen chuvia para poder ir a praia e poder comprobar "in situ" todo o traballado na aula, por fin chegou o día. A chuvia deunos unha tregua e aproveitamos para ir a Cesantes. 
Fixemos a visita acompañados por Marcelo de Faia, Educación Medioambiental. 
Comezamo a visita no porto e, andando pola praia, fomos observando, falando e aprendendo máis cousas sobre as algas e a súa importancia no ecosistema, os moluscos, as aves, algúns animais mariños coma as babosas de mar, a composición da area, as dunas... 
Foi unha visita moi instructiva!!!


CONCURSO DA REBORAINA

Toca seguir escribindo.
Fai unhas semanas estivemos atarefados escribindo relatos curtos. Agora toca dar un paso máis e pasar do relato curto ao conto.
O máis difícil á hora de escribir un conto ou unha historia é atopar un comezo. Normalmente é máis sinxelo escribir cando se nos da unha idea. Para non perdervos á hora de atopar ideas aquí vos propoñemos unha técnica moi sinxela que ten un resultados xeniais: O BINÓMIO FANTÁSTICO.

Na rede hai unha chea de contos feitos con esta técnica e algúns binómios moi divertidos coma:

CORAL E SOL, MIÑOCA E XAMÓN,  CARAPUCHIÑA E HELICÓPTERO, HIPOPÓTAMO E LAPIS, ELEFANTE E EXÉRCITO, ETC.

Outra técnica fantástica consiste en enredar contos que xa coñecemos. Trátase de coller un conto moi coñecido e darlle a volta ata convertilo nunha historia nova. Aquí tedes o libro "Confundindo historias" de Giani Rodari.


 
Por suposto non se trata de copiar o que xa existe, senón de aproveitar estas ideas para inspirarvos.

ADIANTE, POÑEDE ESAS CABEZAS A FUNCIONAR E OS LÁPICES A ESCRIBIR!!! 

 

VI EDICIÓN DO CONCURSO DE RELATO CURTO

O pasado venres saíron publicados os finalistas do concurso de relato curto.  Presentáronse 1080 relatos e aquí tedes a lista dos 120 mellores. Entre estes escollerase ao gañador que se fará publico o vindeiro día 11 de xuño no acto de entrega.
Noraboa a Alba P, Alba S e Rebeca por ser finalistas!!!
BRAVO RAPAZAS

http://blogs.nontedurmas.org/certame/2018/04/13/finalistas-da-vi-edicion-do-certame-de-relato-curto/

jueves, 12 de abril de 2018

AS NOSAS PRIMEIRAS CREACIÓNS STEM

Coma comezamos o proxecto de robótica falamos do que era STEM. Lembrades?
Aproveitando a cita do vindeiro día 20 a nosa clase semanal de robótica convertíuse nun espazo para deseñar as nosas propias creacións STEM.
Imos empregar motores e pilas para darlle vida a elementos moi sinxelos. Na rede tedes centos de ideas e, estamos seguros, que as familias se prestarán a botarnos unha man. Crear xuntos é enriquecer, divertido e é o mellor xeito de aprender porque todos aprendemos facendo.
Se algunha cousa vai mal sempre podemos volver comezar ou replantexar a nosa idea inicial.
Para inspirarvos aquí vos deixamos algunhas ideas:

PRINCIPIOS BÁSICOS Esta é a forma básica de facer que un robot ande. Despois a decoración externa depende de vos. Así funciona o robot pintor, o do cepillo de dentes, a araña...
ROBOT BÁSICO INCORPORANDO INTERRUPTOR
USANDO O MOTOR DE MBOT

E se creamos un alieníxena para os nosos sistemas solares?

MÁQUINA PARA FACER POMPAS 

Esta da máis traballo e necesitamos dous motores pero é o meu favorito. Imaxinades que o noso universo de completase cunha chuvia de pompas?


PARA OS QUE SEMPRE QUEREN UN POUCO MÁIS
E se facemos un robot con control remoto? E MOITÍSIMO MÁIS NA REDE. ÁNIMO ENXEÑEIROS!!!

miércoles, 11 de abril de 2018

OPERACIÓNS CON NÚMEROS DECIMAIS

Déixovos uns enlaces para repasar as operacións cos números decimais
El tesoro de la gruta
Unidade didáctica Anaya
Operacións 
Multiplicación pola unidade seguida de ceros I
Multiplicación pola unidade seguida de ceros II
Cálculo mental  

STEMLAB

O vindeiro día 20 de abril o alumnado de 5º B imos estar en STEMlab Galicia. 
Asistimos a este evento en calidade de ponentes, convidados pola asesoría TIC da Xunta de Galicia, onde amosaremos a outros centros e ao público en xeral o noso xeito de traballar na aula. 
Esperamos estar a altura do evento. 
Aquí tedes un vídeo onde se resume a idea desta xornada.

martes, 10 de abril de 2018

PROXECTO DO PARLAMENTO: NOVOS RECURSOS

Estamos xa coa segunda proba do PROXECTO SOBRE O PARLAMENTO DE GALICIA. 
Desta volta temos unhas serie de preguntas relacionadas co Pazo do Horreo

Comezamos tendo que describir o momento histórico-político que vive Galicia no momento da construcción do mesmo. 
A hora de buscar na rede debemos afinar coas palabras do que queremos buscar, deixando de lado a información da wikipedia e usando fontes que, aínda que non estean directamente relacionadas co Pazo do Hórreo nos servan para constestar o que se nos pide. Podemos encontrar información sobre o contexto histórico-político en documentos coma os do  GRUPO NÓS.

Nas preguntas tamén se nos pide información sobre Montero Ríos. Evidentemente, cando pedimos información deste tipo é para poder vinculala co texto establecer relacións.

 Non esquezades que na páxina web do parlamento tedes unha chea de información que nos pode axudar a resolver as preguntas. Incluida unha visita virtual ao pazo do horreo.

Pero están non son as únicas páxinas que podedes usar. Todo depende das vosas inquedanzas e intereses. Dende logo, non esquezades que hai un mundo de información máis alá da wikipedia.

PARA OS MÁIS CURIOSOS:

O PARLAMENTO (información sobre o Pazo a partir da páxina 16)

lunes, 9 de abril de 2018

IMOS A PRAIA

NON ESQUEZADES QUE O MÉRCORES DÍA 11 IMOS A PRAIA DE CESANTES E DEBEDES TRAER:
- O cuaderno de Campo
 - Bolígrafo e lapiz
 - Unha lupa para o equipo
 - Unha cámara de fotos para o equipo
 - Botes para recoller mostras
 - E calquera outro material que decidirades no equipo.

miércoles, 4 de abril de 2018

GALICIENCIA: ÚLTIMO DESAFÍO

Imos xa o derradeiro desafío de Galiciencia. Nesta ocasión os equipos tiveron que preparar un anuncio sobre o cambio climático. Aquí tedes os primeiros vídeos.

EQUIPO SEREDA: E TI, RECICLAS?


EQUIPO BIP: PODES CAMBIAR O FUTURO 

PROXECTO "O NOSO PARLAMENTO"

Arrincamos trimestre cun novo proxecto, "coñecer mellor o Parlamento de Galicia". Para iso temos unha serie de probas con diferentes preguntas que nos obrigarán a investigar, pensar e sacar conclusións para crear o noso propio coñecemento.
Moitas veces as preguntas se nos atragoan e pensamos que non somos quen de solucionalas a pesar de ter a resposta ao noso lado.
  1. O primeiro truco é, coma sempre, ler ben para saber que se nos pregunta. Parece obvio pero, ás máis das veces, unha mala lectura da lugar a moitas confusións. 
  2. Segundo, saber navegar pola rede. Non serve con poñer a pregunta de xeito literal porque seguramente non nos dará a resposta que buscamos, así que debemos facelo mediante asociación de ideas. Nembargante, todo o material para responder as preguntas está xa colgado no blog, so hai que saber que buscamos para ir ao lugar correcto. 
  3. A rede pode abrumarnos coa cantidade de información que ten, moitas veces nunha linguaxe que non entendemos por iso debemos ler, seleccionar e transcribir coas nosas propias palabras. O máis sinxelo adoita ser a resposta correcta. 
 Para darvos unha axuda extra aquí vos deixo algúns enlaces que vos poden ser de utilidade. 





Coma o mellor xeito de aprender observando, escoitando e xogando aquí vos deixo algúns xogos para aprender máis sobre a organización política.


 

E ALGÚNS XOGOS:
http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/6EP_Cono_cas_ud13_SistPoliEs/frame_prim.swf

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/QUINTO/datos/02_Cmedio/datos/05rdi/ud13/unidad13.htm


martes, 3 de abril de 2018

PARLAMENTO DE GALICIA

O vindeiro día 17 de abril imos ir ao Parlamento de Galicia e, antes de ir, imos levar a cabo un pequeno proxecto para coñecer mellor esta institución. 
Para que vos vaiades aproximando e poidades completar as actividades aqui vos deixamos algúns recursos.

http://www.parlamentodegalicia.es/OsBolechas/index.html

Algúns libros en PDF:
http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/Ici%CC%81a%20quere%20cambiar%20o%20mundo_www.pdf

http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/libro%20divertido%20web.pdf


Ademais aquí tedes outros recursos:

OS SÍMBOLOS DE GALICIA
PÁXINA DO PARLAMENTO DE GALICIA
TRINTA ANOS DO PARLAMENTO

lunes, 2 de abril de 2018

UNHA VEZ MÁIS CESANTES SE NOS RESISTE

Rapaces o tempo non vai acompañar
así que mañá teremos clase normal porque non podemos facer a saída a praia.

Deixarémola adiada para a semana que ven, esperando que, desta volta si nos acompañe o tempo.