Mostrando entradas con la etiqueta FESTAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FESTAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de febrero de 2015

OS VELÁQUEZ E AS MENINAS

Este venres celebramos  noso centro un entroido adicado as artes e ainda que o tempo non axudou non foi impedimento para que desfilaramos no pavillón. 
Despois de realizar varias actividades arredor deste pintor e dun dos seus cadros máis coñecidos  disfrazámonos de Velázquez e das Meninas con uns traxes feitos con moito agarimo e con alguha axuda.


domingo, 28 de diciembre de 2014

FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

Como todos os anos, o último día de clase antes de nadal, celebramos o festival de panxoliñas onde participan todos os nenos do cole e os mestres.
Os nenos e  nenas de 4º interpretan a panxoliña  ¨Ano novo¨  e deséxanvos a todos:

 Un vindeiro ano 2015 cheo de ledicia e ilusión!!!!

domingo, 7 de diciembre de 2014

O ABETO

 Esta é a historia dun abeto que quere ser grande para codearse con otros grandes árbores ou surcar o mar en forma de mástil..... Convertirse en árbore de Nadal ao principio entusiasmalle, pero, canto  lle durará?.









PANXOLIÑA

Este ano os nenos en nenas de cuarto imos cantar no Festival de Nadal, unha fermosa panxoliña do grupo Fuxan os Ventos titulada Despedida de Ano Vello.

 Para ir practicando aquí vos deixo o vídeo


jueves, 30 de octubre de 2014

GALLETAS DE SAMAÍN

Hoxe tivemos unha visita moi especial.
 O curso pasado, Bea, a nai de Unai, mandounos unhas impresionantes galletas con formas e decoración do Samaín. Como sabemos que é unha experta no tema, este ano pedímoslle que viñera a  nosa clase e nos ensinara como se facían.
Non tíñamos moito tempo así que nos trouxo as galletas xa feitas. Seguindo as súas instruccións e con moito arte creamos fantasmas, cabazas, sombreiros de bruxas, casiñas.... 

O resultado foi espectacular!
Grazas Bea!!!!!!

miércoles, 29 de octubre de 2014

SAMAIN

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores para render contas inacabadas.

Aquí tedes o vídeo que vimos na clase sobre a orixe desta festa que se celebra en países moi diversos


domingo, 18 de mayo de 2014

Día dos Xogos

Un ano máis disfrutamos do Día dos Xogos, pero este curso quixemos divertirnos e a vez ser solidarios. Renunciamos a recibir os agasallos e cada un de nós fixo a súa contribución aportando alimentos non perecedeiros para levar ao Banco de Alimentos. E para rematar, houbo un sorteo de libros e a nosa compañeira María resultou ser unha das gañadoras.

Mirade que ben o pasamos!


jueves, 1 de mayo de 2014

O MAIO

Co fiuncho, os pampullos e as cocas que trouxemos fixemos entre todos un espectacular maio tradicional. Ademais, cada clase inventou tres coplas para cantar. As nosas, como podedes comprobar, aluden ao mes de maio pero non nos esquecemos de criticar os temas da aula.

Aquí tedes a nosa actuación!


jueves, 24 de abril de 2014

Os maios


Estando a traballar o tema de ¨A nosa contorna¨ non podíamos pasar por alto unha das festas mais arraigadas da nosa vila ¨Os maios" . Imos construir entre todas as clases do centro un maio tradicional e  o mércores celebraremos a nosa festa cantando as coplas

Para irnos familiarizando aquí tedes un documental sobre a historia e a elaboración dos maios.



http://www.galeguizargalicia.tv/video/27/maios

domingo, 9 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014

Por fin o tempo deunos unha tregua e hoxe poidemos celebrar o tan esperado desfile de entroido. Este curso estamos traballando o tema de ¨A nosa contorna¨ e os nenos e nenas de terceiro quixemos lembrar aos trobeiros medievais. Coa profe Isabel preparamos a cantiga do trobeiro Mendiño ¨Sediame eu na ermida de San Simón¨ que interpretamos acompañada de diferentes instrumentos ao longo do percorrido.
Os vistosos traxes e complementos foron realizados polas familias nas tardes dos mércores. 

Grazas profe Isabel e familias por axudarnos neste proxecto!!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free slideshow

jueves, 26 de diciembre de 2013

FIN DE TRIMESTRE

Espero que esteades disfrutando dunhas vacacións despois duns días moi atarefados.  O xoves recibimos a visita do Paxe Real e dos Reis Magos, cociñamos e  preparamos a nosa primeira festa con invitados. O venres actuamos no festival, saímos a tocar coa rondalla polas rúas próximas ao colexio e  participamos das actividades organizadas pola Anpa no pavillón.

jueves, 28 de marzo de 2013

FESTA EQUINOCIO DE PRIMAVERA

Para rematar este trimestre e darlle a benvida a nova estación celebramos a Festa do Equinocio de Primavera. Despois do reposo de inverno, árbores e as plantas  groman e florecen, aumentan as horas de luz, nacen as primeiras bolboretas e escóitanse os cantos dos paxaros. A Natureza comenza a espertar e a cobrar vida de novo e nós queremos darlle as grazas por todo o que nos brinda así que cada equipo creou  a súa ofrenda  para a deusa  Auga para o deus  Sol e para a deusa Terra
Vestímonos para a ocasión, decoramos a mesa e tomamos produtos naturais: froita e froitos secos.
Pasámolo xenial!


sábado, 22 de diciembre de 2012

FESTA DO SOLSTICIO DE INVERNO

Como calquera pretexto é bo para compartir experiencias e estreitar lazos cos compañeiros e compañeiros, nos quixemos despedir este trimestre celebrando a Festa do solsticio de inverno.
Como en toda a festa que se precie tivemos que ocuparnos de poñer e decorar a mesa, preparar a comida e vir vestidos moi, pero que moi elegantes. Distribuimos o traballo por equipos e cada un preparou un tipo de montaditos, ademáis pinchos de embutidos e  brochetas de froita. O resultado foi espectacular, a mesa estaba fermosísima e a comida exquísita.
Dentro de seis meses celebraremos a Festa do solsticio de verán, e para min non será tan alegre xa que será unha festa de despedida deste grupo tan especial, pero mentras tanto ainda nos queda moito por disfrutar e compartir.
Unha aperta a todos e a disfrutar das vacacións!

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación created with Smilebox

sábado, 10 de noviembre de 2012

O NOSO MAGOSTO

Así foi o noso Magosto
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A picture slideshow by Smilebox
Aplicade o que sabedes do Magosto e pasádeo ben xogando un anaco.

miércoles, 31 de octubre de 2012

martes, 30 de octubre de 2012

SAMAÍN

Aquí vos deixo un vídeo onde podedes ver a orixe desta festa.


TALLERES TERRORÍFICOS

A semana pasada os nenos e nenas de Educación Infantil  convidáronnos a ir as súas aulas e participar con eles na confección de pantasmas e morcegos para ambientar os corredores para o SAMAÍN.
 Repartimos polas  tres aulas e pasámolo moi ben traballando cos pequenos.
Foi unha experiencia boísima que esperamos repetir!



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a picture slideshow

lunes, 29 de octubre de 2012

FESTA DE SAMAÍN NA NOSA VILA

Animádevos a participar na festa de Samaín que se vai a celebrar este mércores na alameda de Redondela.


Samain 12. Magosto e serán popular  

17:30 - 20:30h: obradoiros para nen@s e xogos populares (ven caracterizad@ e trae a tua cabaza)
19:00h: magosto
 20:30h: concurso de postres de castañas ou cabazas
 21:30h: serán popular e queimada

 • Data: mércores 31 outubro. • Lugar: Alameda de Redondela.

viernes, 8 de junio de 2012

A LENDA DE SANT jORDI

Os nenos e nenas do cole de Vimbodí recibíronnos cunha obra de títeres moi especial, que fixeron en castelán para todos os profes de Agrupacións, a lenda de Sant Jordi. Unha lenda moi similar á nosa lenda redondelana, que se está a celebrar estes días na nosa pequena vila.


miércoles, 22 de febrero de 2012

DESFILE DE ENTROIDO

O venres pasado participamos no desfile de entroido que se realiza polas ruas e camiños próximo ao noso centro. Este ano no colexio temos como centro de interés o tema dos contos, no SEGUNDO CICLO xa levamos un tempo traballado arredor da orixe, o autor e as distintas versión do conto de Carapuchiña Vemella polo que eleximos as persoaxes deste conto para disfrazarnos. Así profes e alumnos fíxemos cestos, fociños e traxes de carapuchiñas e de lobos.

Como podedes comprobar o un resultado foi moi vistoso!