Volvede ver o vídeo e refade os vosos apuntes (lede o artigo anterior sobre os apuntes). Agora tedes a oportunidade de ir parando e collendo os apuntes ao voso gusto.
Despois contesta aquelas preguntas que non responderades ben ou que vos quedaran incompletas.
1.Que é o tempo atmosférico?
2. En que nos fixamos para saber o tempo que fai?
3. Que é unha precipitación e de que formas se presenta?
4. Que é o clima?
5. Cantos tipos de clima hai?
6. Con que estudamos o tempo?
7. Que é un metereólogo?
Tedes máis información sobre este tema no site de recursos, botádelle un ollo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario