Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de octubre de 2014

LIBROS SOLIDARIOS

As bibliotecas de Redondela impulsan unha campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade que se destinarán a Cáritas Redondela. A campaña comezará o venres 24 de outubro, por ser este o Día da Biblioteca, e rematará o 28 de novembro ou ata que se esgoten as existencias.

"Libros solidarios" é o lema desta campaña de intercambio de libros por alimentos, na que participan as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES Chapela e Mendiño. Todos estos centros son os puntos de intercambio.

A iniciativa está aberta a calquera cidadán que queira colaborar e, nos centros de ensino particularmente ás súas comunidades escolares, cambiando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, tanto persoal como para o fogar, polos libros que encontrarán expostos nos distintos centros de intercambio. Os visitantes collerán o libro ou libros do seu interese e deixarán a cambio os produtos nos recipientes colocados para tal efecto.

Fonte:  Radio Redondela

Nós tamén nos unimos a esta campaña e hoxe fomos a intercambiar alimentos por libros. Ainda quedan libros polo que a campaña vai durar ata o fin das existencias.

Unha vez, máis grazas familias pola vosa colaboración!



libros solidarios - Movie Maker

domingo, 31 de agosto de 2014

COMPARTINDO EXPERIENCIAS: ROBER E A SÚA FAMILIA EN CABARCENO

Cando as vacacións xa están a piques de rematar é tempo de lembrar os lugares que visitamos e as experiencias vividas como fixo Rober que visitou coa súa familia o parque de Cabárceno en Cantabria

El día 9/8/20014 fui con mi familia de vacaciones y dormimos en un hotel en Santander. Al día siguiente fuimos al parque de Cabárceno.                                                                
Al llegar a Cabárceno en las taquillas ponía que el recinto de los lobos estaba en obras.
Primero fuimos a ver a los gorilas con sus hijos en las espaldas y me gustaron mucho. Los tigres estaban en jaulas porque acababan de llegar al parque hacía unos días y solo había dos.
Despues fuimos a ver las jirafas, avestruces y los elands, que son como unas cabras. La gente le daba de comer a los avestruces aunque  no se podía.Al lado estaban los osos. Unos que estaban peleando gruñeron y me dieron un susto tremendo.
A continuación vimos el espéctaculo de los leones marinos que me gusto mucho porque la chica pidió un voluntario y tuvo que darle un beso a un león marino, que no son focas como decía la mayoría de la gente porque las focas no tienen orejas, entre otras cosas. Después nos fuimos a comer una pizza de atún y cebolla que a mi me gustó mucho pero a mis padres y a mi hermana no.
Al acabar de comer seguimos viendo los animales que estaban tumbados  menos el rinoceronte, la cebra y los camellos a los que les sacamos muchísimas fotos.
Cuando estabamos haciendo las fotos a los rinocerontes comenzó a llover y tuvimos que irnos rápidamente.
Lo último que vimos fue el espectaculo de las aves. Consistía en ver como cazaban y volaban. Nosotros estabamos sentandos en las gradas y los pájaros volaban por encima de nuestras cabezas (águilas, buitres, buhos…) y los cuidadores tiraban a algunos pájaros trozos de carne al aire para que lo cogieran. Un trozo de carne le cayó en la cabeza a un señor, y cuando lo tiró al aire fueron dos pajaros a por él y chocaron. No me gusto mucho porque pasaban muy cerca de nuestras cabezas.
Cuando nos fuimos del parque de Cabarceno decidimos dormir en un hotel en Oviedo muy bonito. Al llegar fuimos a nuestras habitaciones a dormir. Mi hermana y yo dormimos en literas y la habitación eran muy grande con una bañera enorme. Nos regalaron cepillos de dientes y vasos de la película Río.
Por la mañana desayunamos y nos fuimos para casa.
Lo pase muy bien, pero fue un dia muy cansado porque anduvimos mucho. Lo que más me gustó fue conocer animales que nunca había visto, bueno, los habia visto en la tele pero no de verdad. Si podéis ir os recomiendo que vayais porque lo vais a pasar muy bien. Os envio fotos de los animales . 
Espero que os gusten tanto como a mi!
Rober


miércoles, 27 de agosto de 2014

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DE ALBA MATALOBOS

Aquí temos de novo unhas boas recomendacións literarias da man da gran lectora Alba Matalobos

Ola a todos!!
Son Alba Matalobos. Estou lendo a colección de libros de Junie Berta Jones, e gustanme moito. Tamén lín uns contos en galego que me trouxo miña nai do Concello.
O primeiro libro titúlase Marcopola e a illa remeira, e trata dunha illa chamada Marcopola, illada no medio do mar que está moi aburrida. De vez en cando fala co Sol e coas estrelas, pero a verdade é que non para de falar.
Un día botouse a durmir e o despertar o día seguinte tiña enriba dela un remo, pero como non sabía para que servía comenzou a xogar con él. Outra día apareceu un neno da praia e dixolle que o remo era seu, entón Marcopola púxose moi triste, e pediulle por favor ó neno se antes de marchar deixaballo para ir dar unha viaxe. Antes de marchar coñeceu a un oso que viña nunha avioneta chea de bolboretas. No mar atopouse cun dragón que lle dixo que quería comer un oso que teña unha avioneta, e preguntolle a Marcopola se sabía de algún e dixolle que non. Enton Marcopola deu volta en busca do oso para enfrentarse xuntos o dragón e poder seguir cada un coas súas vidas. 
Os libros de Junie contan historias que lle pasan a ela, como por exemplo un libro que se titula "Junie y el cumpleaños no muy feliz" que conta que un día Jim, o amigo de Junie, estaba de cumpreanos e non a invitou. Ela púxose moi triste e contoullo a súa nai para que falara coa nai de Jim para poder ir . Cando a nai de Jim lle preguntou porque non invitara a Julie díxolle que perdera a invitación. Julie xa contenta foi coa súa nai a comprarlle un regalo para darlle. Comproulle un cinturón de ferramentas, pero como lle gustou tanto o final decidiu quedarse ela co cinturón e ir co seu avo a arranxar cousas coas suas ferramentas novas e  non ir o cumpreanos de Jim.

Otro que me gustou moito de Junie tamén é o da festa de pixamas. Un día Lucy, una amiga de Junie fai unha festa de pixamas na súa casa e invita a ela e a Claudia. Pasáronno xenial esa noite disfrazándose, saltando nas camas, facendo pelexas de almofadas,..
Ao día seguiente despois de almorzar a nai de Junie foi a buscarla, pero como aind tiña máis fambre foron á casa da avoa de Junie a almorzar tortiñas.
Gústanme moto os libros de Junie porque ás veces imaxino que son eu a protagonista porque  a min tambén me pasan cosas como a ela.
Vou a seguir lendo máis libros, pero en lingua galega cóstame moito porque hai palabras que no entendo.

Teño moitas ganas de volver ao cole para estar coas miñas amigas e aprender máis cousas. Onte estiven na piscina de María Faro con Paula e Rosi e paseino moi ben.

Bicos para todos!
 Alba Matalobos

Grazas Alba polas túas recomendacións!

Boas lecturas para todos!


lunes, 4 de agosto de 2014

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DE LUCAS GARCÍA

Non vos esquezades de recomendarnos eses libros tan interesantes que estades lendo como fixo Lucas García

 

Ola son Lucas García:

Comecei a ler o libro Septimus y el hechizo imposible. Recoméndovos que o leades, xa que é moi interesante e engancha moito.
Fágovos unha pequena introdución: vai dun mozo que un día limpando nunha biblioteca picóulle unha araña nun dedo e comezoulle a inchar......
 Se queredes saber como sigue esta historia teredes que agardar.
Un biquiño e a seguir disfrutando do verán!



 Grazas Lucas!

Quero que contarvos que este é o segundo libro da escritora Angie Sage   
Así que se vos gustou o libro tedes máis desta serie!

martes, 8 de julio de 2014

COMPARTINDO EXPERIENCIAS DE VERÁN

 David volta a sorprendernos a todos cun novo animaliño!

Ola de novo a todos...!!!!!
Aquí estou de novo con outro bichiño!
O outro día cando chegaba a casa de dar un paseo coa miña amiga Flavia e atopamos nas escaleiras da miña casa este precioso búho. Vexoos tódolos días, a mañá cando me levanto e a tardiña.Teñen o niño nun muro de pedra ó lado da miña casa, pero ata agora nunca tivera ocasión de poder collelo.

Ten as plumas moi suaves e agarrábase con moitisima forza ós meus dedos.
Buscando en internet fotos e información, creo que é un "mochuelo común" , non medran mais de 22cm. Polo día aliméntanse de insectos e pola noite de ratos...

Despois de disfrutar del un bo ratiño, volvemos soltalo pois enriba dun poste da luz estaba outro pousado que pensamos debía ser  a súa nai...
 Espero que o disfrutedes destas fotos casi  tanto coma min...e a ver cal é o próximo bicho que atopo... Ireivos contando!



domingo, 29 de junio de 2014

COMPARTINDO EXPERIENCIAS

Unha vez máis temos unha sorpresa da man dun dos nosos compañeiros

Ola a todos e a todas:
O outro día paseando por Reboreda con Pablo e as nosas mamás,atopamos estas rás.
Dubidábamos si eran nai e fillo ou unha femia e un macho apareándose .
Buscando información, cheguei a conclusión de que se estaban apareando porque resulta que a femia é casi o doble de grande que o macho...Increíble pero certo! e poñen entre 5.000 e 10.000 ovos.
Esta rá verde é moi común atopala nas pozas de regadío que hai por Reboreda, precisamente nesta poza,chamada poza do Casal, hai moitas e vou a miúdo a velas
Aliméntanse de moscas e mosquitos vivos e incluso de outras ras pequenas, fora da auga tamén cazan lombrigas e arañas.
 
Un saúdo ....David
 
Grazas David por compartir con nós esta foto e as túas pesquisas!
 
 Animádevos e enviade as vosas fotos ao noso correo!

domingo, 22 de junio de 2014

A DERRADEIRA SAÍDA DESTE CURSO!!!

Nada mellor para rematar o estudo de ¨A nosa contorna¨ que percorrer os carreiros e  corredoiras do Cadaval. 
O Cadaval é un lugar onde ainda se poden ver canas que dan orixe ao seu nome, e  terreos cultivados que sobreviven á presión urbanística da zona de Reboreda. Este solo tardou moitos anos en formarse é preciso conservar se queremos ter un desenrolo sostible.
Comenzamos a mañán preparando os bocatas da merenda e a continuación saímos do colexio. Polo camiño, paramos varías veces para observar os cultivos de millo, patacas, hortalizas, viña e árbores froiteiras. Tamén vimos os regos e as pozas tan importantes para os cultivos de verán.
 O final do noso percorrido estaba a beira do río Alvedosa, no muiño do tío de Antía, alí merendamos e vimos o muiño por dentro. Despois de repor forzas fomos ver a ponte Xulián, paso obrigado dos carros cargados de cereais e viño que deixaron a súa pegada nas pedras do camiño. Logo tivemos tempo para xogar e  disfrutar dun enclave marabilloso.
Antes de recoller ainda nos agardaba outra sorpresa, co tío de Antía fixemos prácticas de tiro cunha escopeta moi singular: estaba feita de madeira con dúas pinzas de roupa por gatillo e disparaba gomas elásticas.
Pasámolo xenial!

Grazas á familia de Antía e ás nais que nos acompañástedes!!




domingo, 15 de junio de 2014

FESTA VOZ NATURA 2014

Un ano máis, o sábado  día a 7, fomos  a Festa de Voz Natura que se celebrou en Culleredo. As chuvieiras que cairon pola mañan, non impidiron que disfrutasemos de todas as actividades que alí se desenrolaban.

Pasamos un día estupendo coas familias!

Grazas por acompañarnos!


martes, 3 de junio de 2014

O CARBALLO DAS CEN POLAS

 De todos é sabido que na parroquia de Reboreda, fai non moitos anos, existía a tradición de ir comer a O prado nas festas do 15 de agosto. Nese lugar tamén habitaba uns dos carballos máis coñecidos  O carballo das cen polas, a pesar de que xa non está vivo, ainda se pode contemplar o seu magnifico porte.
Sandra e Bea, dúas nais de alumnos dos Cocoricos A e de terceiro A, quixeron recrear esa tradición convidándonos a visitar o lugar para coñecer a súa historia e degustar debaixo do carballo unhas exquisitas empanadas, tortillas, bocadillos, patatillas.... que nos prepararon con moito agarimo. 
E como manda a tradición, rematamos tirándonos a rebolos polo prado!
Disfrutamos moitísimo acompañados polos Cocoricos A e os Sapiens

Grazas Sandra e Bea por convidarnos!

domingo, 4 de mayo de 2014

COMPARTINDO EXPERIENCIAS

Antía e a súa familia estiveron nas vacacións de Semana Santa percorrendo o norte de Galicia e nos conta os lugares fermosísimos que visitou.

Esta Semana santa fun de vacacións a Viveiro. Alí vin lugares moi interesantes como: o monte San Roque, a área etnográfica da Insua, o Souto da Retorta, o Pozo da Ferida, a ruta dos muiños da Balea e a praia das Covas.
Tamén fomos ver a punta de Estaca de Bares e o cabo Ortegal.
No Souto da Retorta hai eucaliptos e un deles sobrepasa os 70 m. de altura, é o chamado o Avó que foi declarado Monumento Natural no ano 2000.
O Pozo da Ferida é unha impresionante cascada de máis de 30m.
A Área Etnográfica da Insua era un antigo cargadoiro de mineral e agora é un miradoiro. 
No monte san Roque hai un mirador no que se mira todo Viveiro.
A praia das Covas está no centro urbano e alí hai uns arrecifes chamados Os castelos.
Na ruta dos muiños da Balea poidemos ver 7 muiños e unha serie de cascadas. 
O cabo Ortegal é o segundo máis cabo máis ao norte da Península Ibérica so superado polo cabo Estaca de Bares.
No Faro de Ortegal pódesen ver Os tres aguillóns, e o oeste asómase o cabo Estaca de Bares.
Tamén fomos aos pobos de Ortigueirae Cariño onde tiñan uns parques moi bonitos. 
A volta, fomos A Coruña, onde subimos a Torre de Hércules, a Casa dos peixes e a Marineda City onde xoguei aos bolos

Seguro que todos os que non coñecemos a zona estamos desexando ir de viaxe a Viveiro.

Grazas por compartir as vosas experiencias con nós!

FELIZ DÍA DA NAI

Espero que todas as nais disfrutedes moito de este día cos vosos fillos e fillas.

Felicidades!

martes, 22 de abril de 2014

COMPARTINDO EXPERIENCIAS

Unai e a súa familia visitaron estos días o Parque Zoolóxico de Marcelle en Lugo. Alí pudo observar moi de cerca animais de diferentes hábitats e deixounos a todos abraiados co que aprendeu sobre eles.
Así viviu el esta experiencia

O venres fun coa miña familia ao zoo de Marcelle. Era enorme e moi bonito.
Había suricatas, burros, ponis, ourizo cachos, capibaras, cebras, wapitis, cervos e outros moitos máis. E incluso había reserva!
Os que máis me chamaron a atención  foron:
  •  Os canguros que son marsupiais porque teñen marsupios.
  •  Os emús son aves que non voan, pero son moi rápidas.
  • Os falcóns e os bufos reais.
  • Os linces, os xabaríns e os lobos que poden ser ibéricos.
Incluso atopei un amigo e paseino moi ben.

Grazas á familia por compartir con nós estas fotos fotos !



Seguro que quedades con ganas de coñecer un pouco máis este lugar, así que vos deixo este enlace onde podedes ver como é o parque e os animais que alí hai.


sábado, 11 de enero de 2014

VISITA DE OLIVER

Xa de volta e coas pilas cargadas empezamos este trimestre cunha visita sorpresa e inesperada. Oliver, o padriño de Lucas Camiño, atopábase aquí pasando uns días cuns familiares e veu a visitarnos para falarnos sobre as súas viaxes.
Comenzamos preparando unha entrevista na que cada equipo ía formular preguntas sobre a súa vida, o seu traballo e as súas afeccións. Así nos enteramos de que traballa como guía de expedicións de deportes de aventura e ademais de participar en proxectos humanitarios. Visitou e vivíu en diferentes países dos que nos ensinou unhas fotografías impresionantes e nos comentou un sinfín de curiosidades como podedes ver nos seguintes vídeos.
Os Cocoricos A tamén se uniron a nós e estiveron moi atentos a todas as explicacións.

Grazas Oliver e Carla por compartir con nós as vosas experiencias!

Esperamos voltar a vervos!








 Aquí tedes as fotos de Etiopía, Marruecos, o Everest.....



jueves, 19 de septiembre de 2013

VISITA A BAIONA

Quero comunicar a todas as familias que  sábado 21 terá lugar a sexta sesión do curso “Persoas e territorio” organizado polo Centro Social A Miñoteira.
 Nesta saída realizarase unha visita ao litoral no Monte do Boi en Baiona. Iremos en coches particulares dende o Centro Social  de Ventosela ás 10: 30 da mañán. Prezo 2 euros.

 Animádevos a vir, seguro que que ides disfrutar tanto da natureza como das explicacións dos guías!

IMAXES DA INDIA E NEPAL

Ainda non presentamos os novos membros do manantial e xa temos a primeira aportación das familias!

A familia de Lucas Camiño mandounos unhas fermosas imaxes da India e Nepal onde o seu tío é guia de viaxes.

Grazas por compartilas con todos nós


Click to play this Smilebox presentaci%c3%b3n
Create your own presentaci%c3%b3n - Powered by Smilebox
This presentaci%c3%b3n created with Smilebox

martes, 20 de agosto de 2013

ROTEIRO NOCTURNO POLOS PETROGLIFOS DE AMOEDO

Este venres 23 vai ter lugar un roteiro nocturno pola parroquia de Amoedo. Da man do arqueólogo e divulgador Xosé Lois Vilar percorreranse os lugares onde se atopan as mostras máis salientables da arte rupestre. Nesta zona atópanse unha gran cantidade de petroglifos moi ben conservados que merece a pena ver.
Sairase as 21:30 da Casa da Cultura de Amoedo. Aconséllase levar lanterna e roupa de abrigo.

Animádevos a vir!!

lunes, 17 de junio de 2013

CAMPAMENTO DE VERÁN

Para os que ainda non teñades plans para este verán, vos deixo información para o campamento de verán que se vai a celebrar nas diferentes parroquias de Redondela.


BanerConciliacionVeran2013

miércoles, 8 de mayo de 2013

SAÍDAS PARA COÑECER O NOSO MEDIO

Estase a celebrar en Ventosela o curso Persoas e territorio. Ferramentas para coñecer o noso medio, organizado polo Centro Social a Miñoteira e coordinado pola cooperativa Trespés.
Este curso está destinado a persoas de calquer idade e consta de 16 sesións repartidas entre maio e outubro.  O curso completo  para os non socios ten un prezo de 30 euros, pero para as persoas que so lles interese participar nalgunha das saídas poderá abonar so o importe destas.
A vindeira saída é este domingo 12 de maio para percorrer a Senda da Auga, quedamos as dez da mañán no campo de fútbol de Reboreda.
A paisaxe e territorio a analizar é o val do río Maceiras onde poderemos observar e estudar tanto os elementos naturais:a xeomorfoloxía do terreo e a vexetación.... e os elementos introducidos polo ser humano destacando entre eles as liñas de  ferrocarril  construidas en tres séculos diferentes.
 Persoalmente estou asistindo ao curso e podo dicir que é impresionante todo o que se pode aprender  e sobretodo se  adquiren ferramentas para poder mirar o noso entorno con ollos diferentes.

Animádevos a vir en familia!
  Aprenderemos moito e pasarémolo estupendamente!

Para máis información podedes chamar ó  ao teléfono 634 817422

 Aquí vos deixo unha pequena mostra das dúas primeiras sesións



sábado, 4 de mayo de 2013

FELICIDADES MAMÁS!

Neste día tan especial para moitas de nós os vosos fillos e fillas teñen algo que decirvos.


Hai unhas mensaxes moi especiais!
BO DÍA!