martes, 27 de marzo de 2018

MÁIS XOGOS

Outra remesa de actividades para repasar e aprender:

DEBUXOS DE AREA
Entrade no xogo e dádelle a start. Unha vez dentro tedes un panel gris. Se clicades no rato comeza a caer area facendo montañas. No lateral esquerdo podedes cambiar a cor da area, agora so falta a vosa imaxinación.

CANTO SABES DOS MAMÍFEROS? APÚNTASTE A SUPERCARREIRA?
http://www.supersaber.com/carreraMAMIFEROS.htm

 CANTO SABES DAS PLANTAS?

http://repositorio.educa.jccm.es/portal/odes/conocimiento_del_medio/5pc_lasplantas/

NAVEGACIÓN SEGURA
Sabes navegar pola rede? Xoga ao trivial e demostra o que sabes sobre internet.
http://www.navegacionsegura.es/

 MECANOGRAFÍA
Queredes aprender a escribir no ordenador con todos os dedos?
https://www.dancemattypingguide.com/dance-mat-typing/level1_stage1.swfS
Se vos atevedes aquí tedes o nivel 2
E aquí tamén vos deixamos outros xogos coma:

lunes, 26 de marzo de 2018

XOGOS PARA PASCUA

Aquí vos deixamos algúns xogos para que enrededes estes días de Pascua.

 BOAS VACACIÓNS!!!

ADIVIÑA A PALABRA ESCONDIDA

https://www.educa2.madrid.org/binary/935/files801/flash.htm?numrecurso=4
 ORTOGRAFÍA
http://www.vedoque.com/juegos/naves-ortografia.swf

CREA AS TÚAS HISTORIAS 

http://apliense.xtec.cat/petites_histories/historia.php?lang=es&num=3&id_story=50

LA OCA DE LAS CIENCIAS
http://contenidos.educarex.es/mci/2005/31/fil/laoca.html

sábado, 24 de marzo de 2018

CESANTES VISTA POLOS EQUIPOS 2

The dogs e Os Vacalouras tamén fixeron a súa exposición sobre a praia de Cesantes e compartiron con todos nos o que aprenderon este trimestre. Estade atentos porque as súas exposicións son moi interesantes. 
De novo, noraboa a todos!!!

viernes, 23 de marzo de 2018

A PRAIA DE CESANTES VISTA POLOS EQUIPOS

Rematamos o trimestre presentando de xeito oral todo o traballo compilado durante estes meses sobre a praia de Cesantes. 
Noraboa a todos os equipos porque traballástedes arreo e os vosos traballos e presentacións son moi boas. 
E para que todos o comprobedes aquí tedes as exposicións dos equipos RSVX e o equipo "Callate la boca".

Para saber mais de Cesantes

jueves, 22 de marzo de 2018

UN NOVO TESOURO DE CESANTES: OS MOLUSCOS

Rematamos a semana pasada coa visita de Susana, a nai de Brais, que é patóloga de moluscos. 
Foi unha visita moi interesante onde aprendemos unha chea de cousas sobre a fauna de Cesantes. Escoitamos e tamén tocamos, experimentamos, miramos polo microscopio...
Susana veu cargada de cousas para que lle puidesemos sacar o máximo partido a súa visita.
Foi xenial e soubonos a pouco.
Ademais, Susana agasallounos con libretas, lapices, gomas... do seu traballo. Quedamos encantados.

 
MOITÍSIMAS GRAZAS A BRAIS POR PROPOÑER A SÚA NAI COMA EXPERTA E A SUSANA POR ACEPTAR A INVITACIÓN


As visitas desta semana foron xeniais. Sacámoslle moitísimo partido  e déronnos a oportunidade de aprender máis sobre a praia dende diferentes puntos de vista. 
É un auténtico pracer contar coa vosa axuda no noso día a día. As nosas aulas están abertas para todos. Esperamos máis visitas nos vindeiros proxectos.

CALIGRAMAS

Os luns temos taller de escritura.
 Aproveitamos estes talleres para aprender a mellorar o noso xeito de expresarnos e, de paso, traballar con diferentes técnicas e formas de expresión. 
Levamos dúas semanas traballando poesía,  coma é  un pouco máis complicado fixémolo dun xeito lúdico, creando caligramas.
 E sairon cousas moi interesantes!!

miércoles, 21 de marzo de 2018

CESANTES, UN TESOURO POR DESCUBRIR DA MAN DE BELÉN

Alba P trouxo a aula a Belén, amiga da súa nai e bióloga. Belén falou connosco longo e tendido sobre a praia de Cesantes. Aproveitamos para preguntar sobre a enseada, as dunas, a forma da praia e ata a zostera. Aquí tedes un breve resumo de todo o que nos contou.




MOITÍSIMAS GRAZAS A ALBA P POR CONVIDARLA E A BELÉN POR COMPARTIR CONNOSCO UN RATO TAN INTERESANTE E AMENO. E UN PRACER CONTAR CON CONVIDADOS ASÍ.    

HOXE APRENDEMOS MOITÍSIMO E BELÉN FOI DE GRAN AXUDA PARA O PROXECTO DA PRAIA.

martes, 20 de marzo de 2018

CESANTES, UN TESOURO POR DESCUBRIR DA MAN DE SERAFÍN

Seguimos co noso proxecto sobre a praia de Cesantes. A semana pasada as nosas pescudas enriquecéronse con diversas visitas. 
Comezamos a semana recibindo a Serafín, o avó de Iago, que veu contarnos coma as veciñas de Cesantes conseguiron parar a construción dun ostreiro nos anos 50 coa unión e a loita.
Serafín contounos unha chea de cousas interesantes. Foi un auténtico pracer recibir a súa visita. 

MOITAS GRAZAS A IAGO POR CONVENCELO E A SERAFÍN POR ACOMPAÑARNOS!!!
 

lunes, 19 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER 2

Tiñamos pendente a segunda entrega das entrevistas que lle fixeron os alumn@s de quinto as súas nais. De novo, noraboa a todos!

jueves, 15 de marzo de 2018

ROBOTICA 4

As últimas semanas en robótica estivemos moi atarefados montando o noso robot. Unha vez listo resulta que non sabía facer nada así que tivemos programalo para que puidera seguir as liñas. Costounos pero con constancia e traballo conseguímolo.


martes, 13 de marzo de 2018

lunes, 12 de marzo de 2018

sábado, 10 de marzo de 2018

COÑECENDO MÁIS AS MULLERES QUE NOS RODEAN

Esta semana, aproveitando a celebración do Día da Muller, achegámonos as mulleres que temos máis preto para saber coma foi a súa vida. 
Aquí vos deixamos a primeira parte das entrevistas que lles fixeron os alumn@s as súas nais. Poñede ben a orella porque hai datos moi interesantes. 
Grazas as nais por participar e noraboa a todos polo traballo.

viernes, 9 de marzo de 2018

CESANTES: UN TESOURO POR DESCUBRIR. PRIMEIROS CONVIDADOS

Seguimos traballando co noso proxecto sobre a praia. Hoxe tivemos unha convidada moi especial: a profe Luisa.
Resulta que a profe foi mariscadora antes de ser mestra e, aproveitando que a temos tan preto, tivemos unha charla con ela para que nos contase a súas vivencias.
Pegade ben a ourella porque sabedes que Luisa sempre fala moi baixiño!!

jueves, 8 de marzo de 2018

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Queda moito por facer!! por iso dende o Manantial apoiamos a folga feminista. 
O feminismo é cousa de todos e a escola é o mellor esceario para educar, ensinar e poñer o xerme para unha sociedade máis igualitaria onde todos contemos igual.

COMA UNHA NENA?



CONTOS DE PRINCESAS



 

NENAS VOADE ALTO, ATA MARTE, NUNCA DEIXEDES QUE NINGUÉN VOS CORTE AS ÁS. 

 

FELIZ DÍA DA MULLER, DA NENA, DA RAPAZA, DA AVOA. FELIZ DÍA A TODAS!!!

 

miércoles, 7 de marzo de 2018

NOVOS RETOS, NOVAS PROPOSTAS, NOVO CONCURSO!!!

Fai uns días presentamos os nosos relatos curtos ao VI concurso de relatos curtos. Aproveitamos esta convocatoria para traballar algunhas técnicas de coma facer un bo relato. 
Que vos parece se aproveitamos o que xa sabemos para afrontar un novo reto.
No mes de marzo celébrase a semana da prensa e dende a Voz de Galicia chégamos a seguinte convocatoria:
https://pr.easypromosapp.com/p/822214?lc=eng
As condicións de presentación son as seguintes (lede ben 800 caracteres, non palabras, así que é un relato curto)


Podedes escoller a notícia que queirades pero, para inspirarvos, aquí vos deixo unha selección de noticias que dan para unha boa historia.

https://issuu.com/nivecaro/docs/noticias_voz_para_hacer_relatos
Máis notícias na web de LA VOZ DE GALICIA.

Lembrade ler ben as bases para poder cumprir os requisitos e poñede esas cabezas a traballar. 

Ánimo e adiante!!!

martes, 6 de marzo de 2018

CULTIVAMOS, COCIÑAMOS E COMEMOS

A semana pasada recollemos a segunda producción da nosa bala de cogumelos e aproveitamos para cociñalos. Incorporamos tamén acelgas da horta y fixemos un menú sá e moi nutritivo.
Cada un trouxo unha cousa para poder sacar adiante as receitas, fixemos equipos e, pouco a pouco, conseguimos sacar adiante o menú.
Foi un día xenial e, o mellor de todo, foi o banquete que nos demos.

A PRAIA DE CESANTES. UN TESOURO POR DESCUBRIR

Xa queda pouco para rematar o proxecto da praia de Cesantes. Metémonos en materia aprendendo máis cousas da POSIDONIA OCEÁNICA.

Tedes unha pequena axuda nos seguintes enlaces:

WIKIPEDIA
PRADERAS DE POSIDONIA
BIOESPECIE POSIDONIA
POSIDONIA PLANTA IMPRESCINDIBLE
POSIDONIA OCEÁNICA
ZOSTERA WIKIPEDIA
ZOSTERA MARINA
LA ZOSTERA UNA PLANTA FASCINANTE

MAREAS VIVAS PARA NÁUTICOS
LA MAREA
MAREA GALIPEDIA

lunes, 5 de marzo de 2018

CELTA FEMININO DE BALONCESTO

A semana pasada tivemos unha sesión co Celta Feminino de Baloncesto e estes días compartiron a visita a nosa escola na súa web. Se clicades na foto podedes ver o artigo.

http://celtabaloncesto.com/actos-sociales/manana-compartida-los-escolares-redondela/

domingo, 4 de marzo de 2018

DESAFÍO TRES

E xa está aquí o terceiro desafío de Galiciencia. Tedes ata o 23 de marzo, PERO NON VOS DESPISTEDES.
Nesta ocasión temos dúas actividades, por unha banda facer un vídeo de un minuto onde fagades unha campaña publicitario defendendo o cambio climático e, por outra banda, unha foto cun lema. Aquí tedes as bases:


http://atrevetecocambioclimatico.galiciencia.com/wp-content/uploads/2018/03/Atrevete-co-cambio-clima%CC%81tico_-Desafi%CC%81o-3.pdf
E, coma sempre, para axudarvos na proba, se clicades aquí, tedes recursos didácticos que vos poden servir de axuda.

LEMBRADE, O 23 DE MARZO REMATA O PRAZO

viernes, 2 de marzo de 2018

jueves, 1 de marzo de 2018

DESAFÍO 2 DE GALICIENCIA

Remata o prazo para o segundo prazo de Galiciencia e isto foi o que fixeron os nosos equipos:

EQUIPO VELUSO  

EQUIPO ALBAMAS