Coñecedes o seu blog? Pasade a dar unha volta que está cheo de cousas fantásticas.
Aquí vos deixo o artigo que fixo do noso proxecto.
Concedéronnos o proxecto ...
"Introdución á Robótica educativa en Primaria"!!!!!!
FANTÁSTICO!
Somos un dos 120 centros en toda Galicia ao que nos conceden o proxecto.
Podemos considerarnos afortunados.
E claro, ademais de toda a formación que algúns profes xa viñamos
facendo, hai que poñerse ao día non só co material que nos vai a mandar a
Xunta, senón tamén cos últimos avances nestos temas: programación,
gamificación, competencias stem, ....
Pois algúns mestres do centro fomos este pasado fin de semana, venres e
sábado ata Coruña a que nos contaran as últimas novidades en robótica
educativa, e o mércores, convocáronnos dende a xunta, para a
presentación do programa e dos materiais que nos enviarán e cos que
traballaremos polo feito de participar.
Incrible!!!!! Canto aprendemos!, e sobre todo, que pracer ver a nenos de
9, 10 e 11 anos, construindo, programando e explicándonos, a nós os
mestres, con toda a soltura do mundo, o traballo que viñan desenvolvendo
co material robótico.
Agora tócanos a nós!!!!!
Novas ao redor do proxecto:
No hay comentarios:
Publicar un comentario