miércoles, 30 de marzo de 2011

VISITA DE ESTRELLA

O luns recibimos unha visita especial. A nai de Alex e María Figueroa veu a compartir con nos os seus coñecementos sobre A AUGA E A VIDA.

Aquí tedes a crónica do seu fillo:

O luns 28 de marzo veu a miña nai, a miña clase a dar unha charla.
Contounos moitas cousas relacionadas co noso corpo e coa auga. Por exemplo, o 75% do corpo dun home é auga. Tamén nos informou da alimentación que debemos seguir diariamente e das horas que temos que durmir.
Despois, cando lle fixemos preguntas, díxonos bebidas das que non debemos abusar porque nos poden facer dano. Ese é o caso da Coca-cola e a gaseosa.

Cando se marchou despedímola cun gran aplauso e a min me gustaría que volvese outra vez.

Alex Figueroa
Moitas grazas Estrella!

COMENZA A HISTORIA!

Comenzamos o bloque adicado a HISTORIA en Coñecemento do Medio .

Para que vaiades tomando conciencia de como foi a orixe do noso planeta e dos primeiros seres vivos que apareceron sobre a Terra déixovos este interesante vídeo de Érase una vez el hombre.

Se quedades con ganas de saber máis, aquí tedes estos enlaces, pincha sobre eles e....... a historia continua.

http://www.youtube.com/watch?v=n_0XvKcfskU&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=AsQINnxex8Y&feature=related


lunes, 28 de marzo de 2011

EXCURSIÓN AO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA

O xoves pasado fomos a ver unha obra de teatro o Centro Cultural Novacaixagalicia.
A obra trataba dunha aldea na que se facía pan tradicional, pero Madame Lisette tivo a marabillosa idea de botarlle azucre, entón Avelino quixo facelo con chourizo, pero Rosa quería que non se cambiase.
Os pans estaban boísimos así que fixeron máis e máis ata que gastaron toda a leña e tiveron que roubarlla oa barón.
Tanto pan fixeron que o forno explotou.

Despois fomos ao parque a merendar e xogamos a pita, ao escondite..... Por último collemos piñóns.
Carla



martes, 22 de marzo de 2011

COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CANARIAS

Seguro que estades desexando coñecer aos nenos e as nenas do Colexio Ramón y Cajal das Palmas de Gran Canaria.

Como lles gustaron os poemas que lle levamos!

Que graza lles fixo escoitar o galego con acento canario!

Vede, vede..... e contádenos que vos parece.

domingo, 20 de marzo de 2011

PROXECTO ARCE

Estos días estivemos na Illa de Gran Canaria para reunirnos con mestres de A Coruña, Tarragona, Lleida, León, Teruel e Gran Canaria co fin planificar as actividades que vamos a desenrolar cos seus colexios. Este intercambio de experiencias educativas vainos permitir coñecer otras realidades e otras formas de entender o ensino tanto os alumnos e alumnas coma os mestres.
Nos vamos a traballar con un grupo de cuarto do colexio Ramón y Cajal de Gran Canaria.

Estamos desexando empezar!

Aquí tedes unha pequena mostra do que poidemos ver neste colexio


sábado, 12 de marzo de 2011

PUBLICAMOS POEMAS

Acordadevos de que fai un mes FRANCISCO CASTRO nos impartiu un taller para aprender a escribir poemas?.

Baixo o título Eu en ti, ti en min recopilamos e publicamos os poemas que creamos a partir da fórmula que aprendemos no taller de escritura.

Esperamos que vos gusten.


EU EN TI, TI EN MIN

viernes, 11 de marzo de 2011

UN LIBRO ESPECIAL

Aprendín moito con este libro sobre o fondo do mar. É moi interesante e ensinoume cousas como por exemplo: Sabías que o Océano Pacífico é un dos océanos máis longos e profundos da Terra? Pois ten 180 millóns de quilómetros cadrados.
Ademáis divertinme moito facendo as adiviñanzas os crucigramas e os demáis xogos que inclúe o libro.
Quero recomendarvos este libro para que disfrutedes tanto coma min.
Javi

domingo, 6 de marzo de 2011

ENTROIDO

Unha das tradicións máis arragaidas no noso entorno é o entroido e como non podia ser doutra maneira participamos activamente desta festa.
Ao longo de toda a semana seguimos masivamente as ordes do meco, disfrutamos de todas e cada unha delas pero temos unha que se repite todos os anos que é a nosa favorita: a de vir a escola en pixama.
Xa o venres pola tarde é o gran desfile onde participamos todos os nenos e nenas, os profes e algúns pais e nais. Como o longo de este curso estamos a traballar arredor do proxecto da auga o noso ciclo elexiu disfrazarse de NINFAS E NEPTUNOS.

QUE GUAPOS ESTAMOS!

miércoles, 2 de marzo de 2011

VISITA DA AVOA DE ISAAC

Comenzamos as visitas dos nosos maiores a aula. Grazas a súa experiencia e sabiduria vamos a coñecer un pouco mellor a cultura e as tradicións do noso pobo.
Este martes tivemos a fortuna de recibir a Juana, a avoa de Isaac, e aquí temos como viviu o seu neto esta experiencia.

A min encantoume que a miña avoa viñera ó cole pero tiña medo de que se quedara a durmir.
Veunos a contar cousas da auga. Ao principio díxonos que tiñan que andar ata un quilómetro cun balde na cabeza ata a fonte. Despois mentras ela contaba cousas da súa xuventude, nos facíamos comentarios e preguntas sobre as formas de rego, as pozas, os manatiais...... Ao final despedímola con un gran aplauso e eu quedei en deuda con Juana, a miña avoa, polo bo momento que nos fixo pasar.
Isacc


O resto dos nenos, nenas e mestra tamén estamos en deuda con Juanita.

Moitas grazas!


martes, 1 de marzo de 2011