Mostrando entradas con la etiqueta C.SOCIAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta C.SOCIAIS. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de junio de 2018

MANUAL DE SUPERVIVENCIA DOS IRMANDIÑOS

Presentamos o último manual de supervivencia. Neste caso as Panteras Negras nos aproximan ao mundo dos Irmandiños e nos contan que debemos facer para poder sobrevivir. 
Unha vez máis un manual moi interesante e unha presentación óptima.
Moi ben Panteras Negras!!!
MANUAL

https://issuu.com/nivecaro/docs/powerpoint_panteras

Exposición:

viernes, 22 de junio de 2018

MANUAL DE SUPERVIVENCIA DUN CABALEIRO

E seguimos aprendendo máis cousas da idade media. 
O equipo Perfect fálanos das cruzadas e explícannos con moito humor coma ser un cabaleiro na Idade Media.
Parece que aprender e pasalo ben ao mesmo tempo é posible.
Fantástico rapaces!!!
MANUAL
https://issuu.com/nivecaro/docs/power_point_edad_media_perfect_7156c05b548215


Exposición:

jueves, 21 de junio de 2018

MANUAL DE SUPERVIVENCIA EN AL-ÁNDALUS

Despois de ver o manual de supervivencia dos campesiños, imos aprender algo máis dos musulmáns. Noa e Lucía tiveron o handicap que non poder contar con dúas das súas compañeiras de equipo e, inda así fixéronno moi ben e contáronnos unha chea de cousas moi interesantes. 
Prestade atención!!! 

MANUAL

https://issuu.com/nivecaro/docs/manual_definitivo_callate_la_boca_31e0634945ca79


Exposición:

miércoles, 20 de junio de 2018

MANUAL DE SUPERVIVENCIA DUN CAMPESIÑO

Despois de adicar o terceiro trimestre a Idade Media, os equipos presentaron os seus manuais de supervivencia. O primeiro equipo en facelo foron "Bubbles" cun estupendo manual de supervivencia para o campesiño. Fixeron un traballo estupendo e unha exposición espectacular. 


NORABOA RAPACES, FIXÉSTELO XENIAL!!!

AQUÍ TEDES O MANUAL 

https://issuu.com/nivecaro/docs/power_point


 E a presentación:

jueves, 24 de mayo de 2018

ERROS A EVITAR CANDO FAS UNHA PRESENTACIÓN DIXITAL

Agora que andades atarefados creando o powerpoint para c. sociais é hora de darvos algunhas indicacións importantes para que a vosa presentación sexa un éxito. Estas indicacións podedes atopalas de xeito máis pormenorizado no blog justificaturespuesta. Pero, as ideas principais coas que debedes quedarvos son:

1. A importancia da letra que escollas. Debe lerse ben, estar nun bo tamaño para que a xente que vos escoite poida lela e onde se diferencie ben o contido do título. Coidado coa negrita. Esta serve para resaltar algún dato importante, non debedes facer un abuso da mesma. O ideal é poñer pouco texto na diapositiva. Estas son un apoio a presentación oral, non o esquezades. O mellor truco é que cando a teñades a proxectedes, vos colocades no final da aula e a vexades completa. Vos sodes o mellor público para decidir que está ben e que sobra.
2. Usade a cor e o subraiado con criterio, é dicir, podo usar unha cor para o título, entón todos os títulos serán iguais. Debedes ser coherentes non encher a diapositiva de raias e cores. Sei que é tentador usar todos os accesorios que veñen no programa pero debedes usar a cabeza e usar as animacións, cores, títulos, iconas... con sentido común ("menos é máis"), ademais, estades empezando así que lembrade "non se pode correr antes de andar".

3. Unha diapositiva non se presenta para decorar, debe dar información e axudarnos a entender o que alguén nos está contando. Lembrade isto á hora de escoller as imaxes que poñedes ou o texto que acompañada.
4. Cuidado cos fondos. O fondo ten que deixarnos ler o texto e ver as imaxes con claridade, senón debedes escoller outro fondo. Lembrade a información e as imaxes son prioritarias, o fondo é secundario.
5. Unha diapositiva non é unha lista da compra. Non se trata de poñer unha serie de datos sen sentido ou resumir tanto que nos quede unha lista. Moitas veces unha imaxe dalle máis sentido as nosas palabras, un gráfico, unha liña do tempo... e o texto xa non fai falla porque a nosa voz completa a información. 
6. Os títulos son moi importantes. Lembrade o que falamos sempre, as carpetas de windows. Necesitamos ordear a información e os títulos nos axudan a ter organizadas as ideas e os datos, non o esquezades.





viernes, 27 de abril de 2018

martes, 24 de abril de 2018

COMEZAMOS A HISTORIA

Quen dixo que a historia era aburrida?
Aquí tedes un fragmento dun libro que nos conta a historia de España dun xeito moi especial.
Seguro que vos vai a encandilar.

jueves, 22 de marzo de 2018

UN NOVO TESOURO DE CESANTES: OS MOLUSCOS

Rematamos a semana pasada coa visita de Susana, a nai de Brais, que é patóloga de moluscos. 
Foi unha visita moi interesante onde aprendemos unha chea de cousas sobre a fauna de Cesantes. Escoitamos e tamén tocamos, experimentamos, miramos polo microscopio...
Susana veu cargada de cousas para que lle puidesemos sacar o máximo partido a súa visita.
Foi xenial e soubonos a pouco.
Ademais, Susana agasallounos con libretas, lapices, gomas... do seu traballo. Quedamos encantados.

 
MOITÍSIMAS GRAZAS A BRAIS POR PROPOÑER A SÚA NAI COMA EXPERTA E A SUSANA POR ACEPTAR A INVITACIÓN


As visitas desta semana foron xeniais. Sacámoslle moitísimo partido  e déronnos a oportunidade de aprender máis sobre a praia dende diferentes puntos de vista. 
É un auténtico pracer contar coa vosa axuda no noso día a día. As nosas aulas están abertas para todos. Esperamos máis visitas nos vindeiros proxectos.

martes, 19 de diciembre de 2017

AS RAS

Se o xoves foron os compañeiros de A os que falaron do seu animal o venres foi a quenda de B.
 Nos escollemos a ra e dividimos o traballo por equipos. Cada equipo documentouse e elaborou un mural coa información. Unha vez feito isto estiveron practicando a exposición, fixemos un par de probas na aula e... listo!!! 
O venres abrimos a porta da nosa clase ao resto do alumnado do centro e falámoslle da ra e as súas características, da súa anatomía, da diferenza entre ras e sapos, as súas funcións, o seu ciclo vital e, por suposto, algunhas curiosidades.
 E fixéronno realmente moi ben. 
Aquí tedes a proba.

lunes, 27 de noviembre de 2017

ASÍ FOI A NOSA VISITA A GALICIENCIA

Despois de moitos preparativos dentro e fóra da escola, chegou o momento de ir a Galiciencia. Madrugamos un pouco, con algúns nervos e moita emoción puxemos rumbo a Ourense.
Unha vez alí dividímonos en 2 equipos: os alumnos que ían para os stands e os alumnos que facían a visita. Estes últimos comezaron o día merendando.
 A partir das once non parou de vir xente  a ver a exposición, incluidos os nosos compañeiros.
As 12 o resto dos compañeiros foron a un taller de astronomía onde aprenderon unha chea de cousas. Foi unha xornada moi divertida!

miércoles, 15 de noviembre de 2017

O CLIMA E O TEMPO

Seguimos co proxecto de Ciencias Sociais. Aquí tedes algúns recursos pero no site de recursos tedes moitos máis.

O TEMPO ATMOSFÉRICO




INSTRUMENTOS DE MEDICIÓN 

 

http://www.aemet.es/documentos_d/conocermas/recursos_educativos/juegos/n1/instrumentos/instrumentos_espanol.html

viernes, 10 de noviembre de 2017

PROXECTO O UNIVERSO: TRABALLOS 3

Os seguintes equipos expuseron o tema dos planetas. 
Os equipos de A e B fixéronno moi ben e aprendemos unha chea de cousas, ata coñecemos un planeta que descoñeciamos que se chama "Make Make"

jueves, 9 de noviembre de 2017

PROXECTO DO UNIVERSO: TRABALLOS 2

A seguinte parte do traballo do universo foi "O sistema Solar". O equipo de A preparou un mural e fixo unha presentación moi boa e fluída. Aprendemos moito escoitándoos.
Os Peidos Bravos de B quixeron probar o programa Explain Everything e aquí tedes o resultado da súa presentación.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

PROXECTO DO UNIVERSO: OS TRABALLOS

O outro día vos amosamos coma fixemos o traballo do Universo, agora queremos que vexades cal foi o resultado dese traballo. 
Dividimos o tema en 4 partes e cada equipo encargouse dunha desas partes. De forma que, ao ser dúas clases, tiñamos dúas propostas diferentes sobre o mesmo.
Aquí tedes "O composición do Universo", o equipo de A decidiu facer un mural e despois expuseron o traballo de xeito oral. 
Os Celtas de B montaron un vídeo e, ademais na aula, fixeron unha nebulosa. 
Aquí tedes un resumo da presentación de ambos.

VÍDEO FEITO POLOS CELTAS

viernes, 3 de noviembre de 2017

O CLIMA E O TEMA ATMOSFÉRICO

Volvede ver o vídeo e refade os vosos apuntes (lede o artigo anterior sobre os apuntes). Agora tedes a oportunidade de ir parando e collendo os apuntes ao voso gusto. Despois contesta aquelas preguntas que non responderades ben ou que vos quedaran incompletas. 

1.Que é o tempo atmosférico?
2. En que nos fixamos para saber o tempo que fai?
3. Que é unha precipitación e de que formas se presenta?
4. Que é o clima?
5. Cantos tipos de clima hai?
6. Con que estudamos o tempo?
7. Que é un metereólogo? 
Tedes máis información sobre este tema no site de recursos, botádelle un ollo. 

martes, 24 de octubre de 2017

IMOS A GALICIENCIA

Acaban de chamarmos para comunicarnos que os 5 equipos que presentaron ideas para o concurso de proxectos foron seleccionados, así que: 
REBECA E SERGIO presentarán unha maqueta do sistema solar 
IAGO E NAIARA un sistema solar móbil 
MARÍA E NOA un eclipse solar e luar 
ALBA P E ALBA S unha caixa luar
 BRAIS E XOEL unha maqueta dun foguete espacial 

 Ademais o resto do alumnado de 5ºA e 5ºB visitará a exposición. 

 NORABOA A TODOS AGORA A ESMERARSE CON ESAS MAQUETAS!!!

martes, 10 de octubre de 2017

E SE PUIDERAMOS IR A GALICIENCIA...!

Que é Galiciencia? A feira de ciencia que ten lugar no parque Tecnolóxico de Galicia.  O ano pasado foi así:



 E este ano está adicada a ASTRONOMÍA. 

Ademais de tentar ir de visita, atrevédesvos a presentar un proxecto relacionado co universo? Tedes que concursar por parellas coa supervisión da mestra. Estades preparados? 

Clicade na imaxe para acceder a páxina. Mirade toda a información. Por unha banda temos o concurso de logo para as camisetas, o concurso de proxectos e os desafíos. Cal vos gusta máis? 

http://www.galiciencia.com/