jueves, 24 de octubre de 2019

PRIMEIRA SAÍDA, PRIMEIRA ACTIVIDADE VOZ NATURA

LIMPEZA NA PRAIA DE CESANTES

Xa estamos listos para comezar as nosas fazañas medioambientais e nun curso coma este onde queremos acabar co plástico dos nosos océanos que mellor xeito que comezar facendo unha limpeza na praia onde os nosos alumn@s van pasar os días de verán?
 Contactamos co colectivo Alecrín para levar a cabo unha limpeza guiada e o máis produtiva posible e non podiamos ter feito mellor elección. Ana, a nosa monitora contounos unha chea de cousas sobre a praia de Cesantes, a súa biodiversidade e coma o vento dispón os residuos da praia nun lugar ou noutro segundo sopre. Tamén comprobamos o deterioro sobre a duna e coma as nosas acción teñen un impacto directo no medio. Logo organizámonos en equipos e comezamos a recollida nas algas acumuladas na beira. Ao principio parecía que a praia estaba bastante limpa pero en canto empezamos a separar algas atopamos de todo. 
Foi unha maña moi produtiva. Ao rematar, sentámonos para analizar os nosos achados e sacar conclusións en equipo. 
E isto é so o inicio.
Seguide atentos porque este ano imos plantar batalla ao cambio climático! 


miércoles, 23 de octubre de 2019

ROBÓTICA: EMPEZAMOS A PROGRAMAR A PLACA BASE

Os xoves son días de robótica.
Despois de ver o nome dos distintos compoñentes do noso kit de robótica comezamos a programar.
E... así o fixemos!


martes, 22 de octubre de 2019

QUE É UN AULA EDIXGAL?

Este ano estamos cheos de novidades. Entre elas que as nosas aulas son aulas Edixgal pero, que significa iso? 
Non hai un único xeito de ser aula Edixgal. O proxecto dota as aulas de quinto e sexto de equipos informáticos e pretende incluír as novas tecnoloxías no día a día do noso alumnado. 
Para nos ser un aula Edixgal é a posibilidade de traballar todos ao mesmo tempo de forma distinta, cada un ao seu ritmo, sendo responsables e autónomos. Aprender a buscar e escoller información, ter múltiples opcións de traballo, presentar traballos de xeito moi diverso, estar máis motivados e, todo isto, sen esquecer o papel. 
É posible? 
Comprobádeo por vos mesmos?


miércoles, 16 de octubre de 2019

PDI "Os deportes"

Este ano o tema do centro son "Os Deportes".
As aulas de quinto, unha vez máis, estamos traballando xuntas para desenvolver o proxecto.
Estivemos facendo unha recollida de ideas previas e aproveitamos para ver unha entrevista a Laia Palau e responder en equipo a preguntas relacionadas coa entrevista.
O traballo dos equipos foi moi interesante e algunhas das conclusións dan que pensar.
Mirade que ben o fixeron.


martes, 15 de octubre de 2019

TALLERES INTERNIVELARES

Os venres son un día moi especial para nos. A terceira hora deixanos as nosas aulas habituais para aprender dun xeito máis lúdico e activo. 
Temos organizados dez equipos co alumnado de todo o centro. En cada equipo hai alumn@s dende 3 anos ata os 12. Así mesmo temos 10 talleres nos distintos espazos do centro: XOGAMOS, COSE QUE TE COSE, UNHA DO DEREITO E UNHA DOS REVÉS, ADORNOS CON MATERIAL DE REFUGALLO, FÍOS, EMOCIÓNS, EXPRESIÓN CORPORAL, LUZ NEGRA, CONSTRUCCIÓNS... 
Cando toca o timbre o alumnado distribúese polos talleres que lle corresponden esa semana, de xeito que, cada venres, cada equipo vai a un taller distinto e, ao rematar o trimestre, todos terán pasado por todos os talleres. 
O alumnado de sexto encárgase de coller ao alumnado de infantil, levalo ao taller e devolvelo a aula ao remate das mesmas. É un xeito de aprender fóra do espazo estructurado, de compartir saberes con alumn@s distintos ao grupo clase, de que os maiores titoricen a os pequenos, de facer intercambios con outras idades e, sobre todo, aprender a aprender facendo. 
Aquí tedes un resumo da primeira sesión:


lunes, 7 de octubre de 2019

sábado, 5 de octubre de 2019

EMPEZAMOS A USAR OS ORDENADORES

Este ano iniciamos unha nova aventura.
Todos temos que ir acostumándonos a esta nova situación.
Hoxe comezamos dándonos de alta para usar o material interactivo e aprendendo a encender e gardar os equipos.


viernes, 4 de octubre de 2019

COMO ESTUDIAR? AS PALABRAS CHAVE

Imos ir aprendendo técnicas de estudo. 
Comezamos coas palabras chave. 
Botádelle un ollo a publicación para saber que son e como se usan.

https://issuu.com/nivecaro/docs/tipo_de_alumno

jueves, 3 de octubre de 2019

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR CON TODOS OS DEDOS?

Este ano somos centro Edixgal e estamos comezando a traballar cos portátiles. 
Un dos problemas que temos é que non sabemos onde están as letras e escribimos moi lento. 
Para mellorar isto xa tedes no site de recursos un apartado con xogos para aprender a colocar os dedos no teclado e praticar.
Nos vos esquezades de botarlle un ollo. 
Tedes o enlace no apartado de robótica do apartado de recursos "O manantial" ou clicando na imaxe:

https://omanantialsantopai.wixsite.com/misitio/aprendendo-a-escribir-no-ordenador

Á HORA DO CÓDIGO: ANGRY BIRDS

Á hora do código é un movemento global no que participan máis de 180 países e onde participan millóns de estudiantes. É unha proposta educativa para achegar a linguaxe computacional ao alumnado das nosas aulas. Temos que dicir que unha das actividades que máis nos gusta para introducir ao noso alumnado na materia de robótica. Hoxe fixemos a primeira práctica xogando aos Angry birds.
Podedes seguir xogando na casa, ben facendo unha conta para que vos garde sesión ou coma convidados. Neste caso non garda sesión e sempre teredes que comezar de 0.

O enlace para xogar está clicando na imaxe:

https://studio.code.org/hoc/1

Como podo facer unha conta? 

Isto non é necesario e é totalmente voluntario. Sen facer a conta tamén podedes xogar.

 Imos explicarvos os pasos a seguir.

1. Na parte superior dereita pon Iniciar sesión, clicade:

2. Ao clicar sae o seguinte menú, debedes clicar en crear una cuenta:

3. Cubride a folla. Marcade que sodes estudiantes. Pide unha conta de correo así que pedidelle axuda aos vosos pais e que poñan unha conta de correo deles. Ao final da folla tedes que clicar no dos termos de uso e uso de datos (É O QUE MENOS NOS GUSTA DA PÁXINA)
 4. Xa tedes a vosa conta lista:
Isto fai que poidades gardar os avances e seguir aprendendo dende a última sesión á que xogástedes.
Coma veredes na páxina hai moitos xogos. A nosa recomendación é que comecedes polos Angry Birds e logo vaiades probando.

ÁNIMO E A PROGRAMAR!!!