Non hai mellor xeito de aprender que facelo de xeito prático.
Sabedes as partes que ten unha célula?
Antón volo explica:
Mostrando entradas con la etiqueta C NATURAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta C NATURAIS. Mostrar todas las entradas
sábado, 9 de noviembre de 2019
sábado, 2 de noviembre de 2019
A CÉLULA
En ciencias naturais estamos traballando a célula.
Comezamos facendo por parellas a parte teórica buscando información na rede e creando os nosos propios temas.
Despois chegou a parte de traballo por equipo. Cada equipo fixo unha maqueta dunha célula e logo presentounola ao resto da aula. Mirade que ben o fixeron!
miércoles, 19 de junio de 2019
ÚLTIMO TEMA DE NATURAIS: LUZ E SON
Rematamos o curso cun novo tema de naturais.
Unha vez máis as parellas fixeron o tema teórico e despois, por equipos levaron a cabo a parte práctica. Nesta ocasión cambiamos as maquetas por experimentos que nos facilitaran entender mellor o tema.
Aquí tedes o resultado
BRAVO A TODOS OS EQUIPOS PORQUE O FIXÉSTEDES MOI BEN!!!
domingo, 30 de diciembre de 2018
TOMAS EDISON
E continuando coa electricidade, sabedes a quen lle debemos que hoxe teñamos bombillas nas nosas casas?
miércoles, 14 de noviembre de 2018
TRABALLOS POR EQUIPOS SOBRE A REPRODUCCIÓN HUMANA
Seguimos traballando sobre a reproducción humana. Desta volta pasamos do traballo de documentación por parellas ao traballo de investigación por equipos.
Despois de tres sesións preparando as diferentes presentacións chegou a hora de facer a defensa oral.
Comezamos coa xenética e a diferenza entre mellizos e xemelgos.
Acabades de ver o resultado final pero para chegar aquí tivemos moito traballo previo:
NORABOA AOS EQUIPOS PORQUE AS EXPOSICIÓN FORON MOI CLARAS, CONCISAS E INTERESANTES!!!
lunes, 30 de abril de 2018
OS CIRCUITOS ELÉCTRICOS
Seguimos coas nosas prácticas STEM. Desta volta temos que engadir un circuito eléctrico as nosas creacións con motor.
Para poder levalo a cabo aquí vos deixamos algúns consellos e ideas:
QUE É UN CIRCUITO ELÉCTRICO?
FACER UN CIRCUITO ELÉCTRICO REPASAMOS XOGANDO?
QUE É UN CIRCUITO ELÉCTRICO?
FACER UN CIRCUITO ELÉCTRICO REPASAMOS XOGANDO?
lunes, 23 de abril de 2018
VISITAMOS A XUNTA DE GALICIA, O PARLAMENTO E...
O día 17 de abril de 2018 fixemos unha excursión ao Parlamento de Galicia.
Chegamos ao colexio ás 8.45 e saimos en autobús ás 9:07. Chegamos ao edificio da Xunta de Galicia ásS 10.57, despois de merendar nun centro comercial.
Chegamos ao Pazo do Hórreo ás 12.30 da mañá e alí visitamos moitas salas pero a que máis me gustou foi o hemiciclo e a sala de comisións. Tamén me gustaron outras coma o salón dos reis.
Explicáronnos moitas cousas e tamén vimos algúns vídeos, visitamos as bibliotecas (unha pequena e outra grande)
Antes de entrar ao hemiciclo fomos a sala dos pasos perdidos que é a sala onde durante os plenos os deputados poden usala para descansar. Está decorada coas imaxes de todos os homenaxeados no Día das Letras Galegas.
Fomos comer a alameda de Santiago onde xogamos mentres as profes tomaban uns cafés e, por último, fomos facer a ruta dos muíños do río Barosa, en Barro. Hai moitos muíños que visitamos coa profe Vero. O paseo mellorou moito grazas as explicacións que fixo a profe Luisa.
Despois merendamos e xogamos durante un bo anaco.
BRAIS
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)