Recomendado pola profe Mariví aqui tedes un vídeo de medo.
miércoles, 31 de octubre de 2012
martes, 30 de octubre de 2012
TALLERES TERRORÍFICOS
A semana pasada os nenos e nenas de Educación Infantil convidáronnos a ir as súas aulas e participar con eles na confección de pantasmas e morcegos para ambientar os corredores para o SAMAÍN.
Repartimos polas tres aulas e pasámolo moi ben traballando cos pequenos.
Foi unha experiencia boísima que esperamos repetir!
Customize a picture slideshow |
lunes, 29 de octubre de 2012
FESTA DE SAMAÍN NA NOSA VILA
Animádevos a participar na festa de Samaín que se vai a celebrar este mércores na alameda de Redondela.
Samain 12. Magosto e serán popular
19:00h: magosto
20:30h: concurso de postres de castañas ou cabazas
21:30h: serán popular e queimada
• Data: mércores 31 outubro. • Lugar: Alameda de Redondela.
domingo, 28 de octubre de 2012
SEMANA DA FROITA
Ao longo da semana pasada o noso centro participou no PLAN DE CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA que ten como obxectivo que os nenos e nenas adquiran habitos de vida saudable:
Así que cada día antes de ir ao patio tomamos a froita na aula.
Así que cada día antes de ir ao patio tomamos a froita na aula.
Estaba moi boa!
jueves, 25 de octubre de 2012
ENGLISH!!!!!!
Abrimos unha nova sección no noso blog con xogos, cancións, vídeos... en inglés recomendados pola teacher Mariví para que tamén poidades aprender e repasar o vocabulario e as expresións que vaiades estudando nas clases.
Para comenzar aquí tedes unha canción e un xogo para aprender como se escriben e pronuncian os meses do ano.
miércoles, 24 de octubre de 2012
ALIMENTACIÓN SALUDABLE
Xa levamos uns días traballando sobre os alimentos e agora vamos a aprender cales son os principais nutrientes e os alimentos que máis nos conveñen para poder medrar e vivir máis sans.
Aquí tedes un vídeo no que se explica de forma sinxela as propiedades dos alimentos.
Aquí tedes un vídeo no que se explica de forma sinxela as propiedades dos alimentos.
O APARATO DIXESTIVO
Recuperamos as entradas que tíñamos no blog sobre o tema da alimentación do curso pasado.
Este é un vídeo sobre o aparato dixestivo e o proceso da dixestión.
Este é un vídeo sobre o aparato dixestivo e o proceso da dixestión.
miércoles, 10 de octubre de 2012
sábado, 6 de octubre de 2012
AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
Comenzamos o estudo do tema de como se organiza o territorio e para que ir practicando aquí tedes uns enlaces para practicar e aprender o nome è onde estan situadas as Comunidades Autónomas
viernes, 5 de octubre de 2012
VISITA AO PARQUE DE ARTE RUPESTRE DE CAMPOLAMEIRO
Hoxe venres fixemos a nosa primeira saída deste curso para completar o estudio do tema da Prehistoria.
Comenzamos a visita cun percorrido pola exposición permanente e un visionado dunha proxección sobre a arte rupestre. Obviamemte desta primeira parte da visita non temos fotos.
Despois dun pequeno descanso e de repoñer forzas esperabanos o obradoiro de pan. Desprazámonos ata o poboado e alí comenzamos moendo a man os cereais. Non foi unha tarefa moi doada, pero puxemos todo o noso empeño. A continuación amasamos e démoslle forma ao noso pan. Agora só faltaba cocelo ó xeito prehistórico. A verdade é que estaba exquisito!
Como xa gañáramolo pan, tivemos tempo libre para disfrutar do laberinto e, non nos importaría quedar alí todo día, pero era hora de xantar.
Despois de comer e compartir xogos cos amigos e amigas comenzamos o percorrido para ver de preto algúns dos petroglifos que hai no parque. Escoitamos moi atentos todas as explicacións que nos deu Tere sobre as diferentes figuras que aparecen nas rochas.
Despedímonos dándolle a Tere unha forte aperta e prometéndolle voltar.
Grazas ás monitoras que nos acompañaron durante a visita que fixeron que esta saída sexa difícil de esquecer!
Grazas familias polo esforzo económico que fixéstedes para poidésemos disfrutar deste día tan especial!
martes, 2 de octubre de 2012
NÚMEROS ROMANOS
Xa sei que estades entusiasmados cos números romanos así que aquí vos deixo dous enlaces para seguir xogando.
A por eles!
IMOS DE EXCURSIÓN!!!!
Este venres realizaremos unha visita ó Centro de Interpretación de Arte Rupestre de Campolameiro e para ir facéndonos unha idea do que imos a ver aquí tedes esté vídeo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)