miércoles, 26 de junio de 2019

CONCURSO DA REBORAINA

Deixámosvos aquí o relato "Sen identidade", da nosa compañeira Alba Pérez que foi o relato gañador do XX concurso da Reboraina. 
Noraboa!!!

CELEBRANDO O FINAL DE CURSO

Días antes de marchar de vacacións aproveitamos para facer a festa de despedida. Fomos ao supermercado, por equipos mercamos os ingredientes para facer paninis e unha tarta de obleas.
 Xa no cole tivemos unha sesión de cine, comida colectiva, xogo libre e rematamos con xogos moi divertidos. 
Foi un día xenial!!!

viernes, 21 de junio de 2019

PROXECTOS STEM

Este trimestre foi moi curto pero moi intenso. 
Traballamos arreo e adicamos os últimos días a rematar os nosos proxectos STEM para ensinar na feira. 
Mirade coma o fixemos. 


jueves, 20 de junio de 2019

miércoles, 19 de junio de 2019

ÚLTIMO TEMA DE NATURAIS: LUZ E SON

Rematamos o curso cun novo tema de naturais. 
Unha vez máis as parellas fixeron o tema teórico e despois, por equipos levaron a cabo a parte práctica. Nesta ocasión cambiamos as maquetas por experimentos que nos facilitaran entender mellor o tema. Aquí tedes o resultado 
BRAVO A TODOS OS EQUIPOS PORQUE O FIXÉSTEDES MOI BEN!!!

lunes, 17 de junio de 2019

ASÍ FOI A NOSA GRADUACIÓN 2

Despois das actuacións chegou o momento de facer a nosa entrada.
 Todos nos seus postos que imos descubrir coma foi de dura a "etapa escolar"

domingo, 16 de junio de 2019

ASÍ FOI A NOSA GRADUACIÓN

O venres foi un día cheo de emocións.
Preparamos a nosa graduación con moito agarimo. 
Queriamos que fose especial, diferente e nosa, coma levan sendo estos dous anos. Así que nos xuntamos os dous sextos, deseñamos que queriamos facer e con todas esas ideas, puxémonos mans a obra. Ensaiamos e traballamso moito para que todo saise perfecto e así foi. 
Empezamos.
Así recibimos ás familias.
Despois desta benvida, deronnos ganas de darnos un chapuzón... Xa fresquiño cheo a hora de ir ver unha película tranquiliños e felices, inda que no cine ás veces pasan unhas cousas...

sábado, 15 de junio de 2019

XA NON QUEDA NADA!!!

O venres celebramos a nosa graduación. 
Debía ser un día de festa, alegría e diversión. Conseguímolo "a medias". 
En breve iremos colgando todo o que fixemos, de momento, un recordatorio en fotos de algunhas das cousas que fixemos ao longo destes dous cursos.

miércoles, 12 de junio de 2019

EU VOU COMIGO

Os alumn@s de alternativa levamos meses traballando para facer unha película de stop-motion do conto "Eu vou comigo". 
Gustaríanos tela feito mellor pero cunha hora a semana e, ás veces, nin iso, fixemos o que puidemos. 
Para ser a nosa primeira incursión no cinema non está nada mal!!!

miércoles, 5 de junio de 2019

ÚLTIMO TALLER DE ROBÓTICA COS COMPAÑEIROS DE TERCEIRO

Este martes rematamos os talleres de robótica interniveis.
Unha semana máis compartimos os nosos coñecementos pero, ademais, esta sesión tivo sorpresa!!!

jueves, 23 de mayo de 2019

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: O GLOBO

Nova entrega do noso canal.
Esta semana Xoel e Paula fixeron unha experiencia casi incrible.
Parece maxia!!!, pero é física!
Atentos!

miércoles, 22 de mayo de 2019

NOVO SESIÓN DE ROBÓTICA COS ALUMNOS DE 3º

Unha semana máis voltamos a ter sesión de robótica na aula. 
Os compañeiros de terceiro volveron visitarnos para pasar unha sesión robotizados!

martes, 21 de mayo de 2019

AS MÁQUINAS SIMPLES

Os alumn@s de sexto levamos semanas aprendendo unha chea de cousas sobre as máquinas.



Chegou á hora de compartir convosco todo o que sabemos.

lunes, 20 de mayo de 2019

DÍA DOS XOGOS 2019

Un ano máis aproveitamos a Semana das Letras para celebrar o día dos Xogos Solidarios.
Os alumn@s de sexto fomos os encargados de organizar xogos para os nosos compañeiros. 
Na aula escollemos varios xogos, uns con máis éxito ca outros pero, inda así, foi unha xornada extraordinaria de convivencia xogando con compañeiros de todas as idades.
Aquí tedes un resumo!!!

jueves, 16 de mayo de 2019

ACTIVIDADES DENTRO DA CELEBRACIÓN DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Comezamos a semana cunha sesión organizada pola profe Isabel de música para coñecer a parte máis física da música dentro do proxecto de centro, "Física e Química". Para isto, a profe convidado ao centro a Paulo Pascual, compositor, guitarrista e theremista. Paulo veu co seu theremín e contounos unha chea de cousas sobre este estraño instrumento e ademais fíxonos desfrutar enormemente coa súa música. 
Aquí vos deixamos unha mostra.

miércoles, 15 de mayo de 2019

GALICIENCIA 2019

Un ano máis volvemos a presentar ideas para participar en Galiciencia e, un ano máis, tivemos a sorte de ter 5 proxectos escollidos.
 Alba P e Alba S nos amosaron coma poder observar o ADN dos amorodos, Sergio e Rebe cultivaron bacterias e nos ensinaron unha chea de cousas sobre elas, Naiara e María fixeron un microscopio caseiro para poder observar a nosa saliva, Vero e Soraya nos aconsellaron bos hábitos alimentarios usando un tubo dixestivo e, finalmente, David e Paula nos amosaron canto azucre consumimos sen ser conscientes. Comezamos o día con pouco público pero despois non tivemos descansa. Tamén nos visitaron o resto dos nosos compañeiros que desfrutaron da feira e participaron en dous talleres relacionados cos bos hábitos alimenticios. Pasámolo xenial.




martes, 14 de mayo de 2019

VOLVEN OS TALLERES DE ROBÓTICA COS COMPAÑEIROS DE TERCEIRO

Imos rematar o curso cunha nova rolda de talleres de robótica.
Os nosos compañeiros de terceiro van subir os martes para facer robótica connosco.
Este trimestre imos traballar con Dash ensinándolle a debuxar.
O grupo de Scracth vainos ensinar a cambiar de esceario e a programar un pequeno videoxogo.
O equipo de mbot vainos amosar coma programar o noso robot para que siga liñas e, finalmente, o equipo dos sensores vainos ensinar a programar un detector de ruido para a aula.
Aquí tedes un resumo da primeira sesión.

lunes, 13 de mayo de 2019

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: CANTO PESO PODEN SOPORTAR OS OVOS?

María e Rebe son as protagonistas deste novo vídeo onde nos contan e amosan unha chea de cousas moi, moi interesantes sobre os ovos.
Non perdades detalle.

viernes, 10 de mayo de 2019

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: XIRANDO UN BALÓN DE BALONCESTO

Nova entrega de experimentos do noso canal.
Brais e Gabi cóntanos algunhas cousas moi interesantes de coma xira un balón co dedo.



Queredes ver o vídeo do record mundial???

jueves, 9 de mayo de 2019

MAÑÁN IMOS A GALICIENCIA

Xa case chegou o día.
Os equipos que van ao stand levan varios días dándolle forma aos últimos detalles.
 A ver que tal nos vai mañá.

lunes, 6 de mayo de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE

Un ano máis e seguindo a tradición celebramos o día da árbore. 
Este ano tocounos ir a Ventosela. Plantamos castiñeiros e logo fomos a zona da cultural a merendar e xogar. 
AQUÍ TEDES UN RESUMO

A NOSA HORTA

Reforzamos a horta e agora temos bancais, pero, os cultivos parece que non acaban de querer saír...

viernes, 3 de mayo de 2019

PRACTICANDO OS VERBOS

Xa sei que é moi traballoso memorizar os tempos verbais, pero non desesperedes, aquí tedes unhas actividadades que seguro que vos van axudar.
A por eles que non son tan díficiles!!!!!

COMO MOLAN OS VENRES: COMEZAMOS O 3º TRIMESTRE

Xa estamos de volta coas pilas ben cargadas.
Iniciamos o noso proxecto dos venres xogando, o mellor xeito de activarse e coller forzas para afrontar o final de trimestre.
Rimos moito e compartimos uns bos momentos de xogos. Comezamos xogando ao Tragabolas. Lembrades aquel xogo onde os hipopótamos comían as bolas do taboleiro? Pois a iso xogamos, so que os tragabolas eran os propios alumn@s. Non vos dou máis detalles.
Logo xogamos ao baloncesto cun cesto móvil.
Mirade coma nos foi.

miércoles, 24 de abril de 2019

VISITAMOS A CÁMARA ANECOICA DE TELECO

A profe Isa organizounos unha fantástica visita a Universidade de Telecomunicacións dentro do proxecto de "Física e Química" para ver a cámara semianecoica
Trátase dun laboratorio onde se aillan totalmente os ruídos externos xa que as paredes tragan todos os rebotes do son. 
Pero, mellor que contárvolo podedes velo.

Completamos o vídeo facendo unha camiñata pola senda do río Eifonso.

martes, 23 de abril de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

A profe Luisa pasounos uns textos do libro "O regalo de ler".
Lémolos por parellas, sacamos as ideas principais e, a partir destas lecturas, cada parella escribiu o seu propio "Agasallo de ler".

sábado, 13 de abril de 2019

viernes, 12 de abril de 2019

miércoles, 10 de abril de 2019

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: A PONTE MÁIS RESISTENTE DO MUNDO 2

Unha semana máis unha das nosas parellas enfróntase a un reto físico 
Esta semana Alba S e Naiara tentaron superar o reto da ponte con depresores, pero, non volo conto, mellor mirádeo!

martes, 9 de abril de 2019

REMATANDO O PROXECTO FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES

Despois de todo un trimestre traballando toca dar os últimos retoques ao proxecto deste trimestre.
Xa fomos dando conta das actividades realizadas ao longo deste trimestre. Durante estas semanas estivemos aproveitando todo o material que sacamos da entrevista con Ana María González Noya para que cada equipo desenvolvese un proxecto. 
Así, os equipos encargáronse de facer un cómic sobre a vida de Ana María, un lapbook informativo, un panel sobre a táboa periódica e, finalmente, incluila na Galipedia. 
Dentro duns días presentaremos todo o noso traballo ao resto dos compañeiros. 
De momento podedes ir abrindo boca...

miércoles, 3 de abril de 2019

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: A PONTE MÁIS RESISTENTE DO MUNDO?

Novo sesión de retos físicos do noso canal.
Neste caso foi a quenda de Gabi e Rebe que tiveron unha sesión algo acidentada pero é que, a ciencia non sempre sae a primeira.

GALICIENCIA

Hoxe saiu o listado de centros admitidos para participar na edición de Maio de Galiciencia.
Noraboa a todos pola vosa adicación.
O resto desfrutaremos dun día fantástico visitando a feira.

lunes, 18 de marzo de 2019

miércoles, 13 de marzo de 2019

IMATXINA ESCOLA

Onte participamos nos talleres Imatxina escola onde traballamos matemáticas de xeito lúdico. Tivemos que enfrontarnos a diferentes retos matemáticos e poñer os nosos coñecementos a funcionar. Pasámolo moi ben. Despois de darlle tanta caña ao cerebro tocaba un pouco de descanso e, ainda que xa estamos en sexto, no fondo encántannos seguir sendo nen@s.

martes, 12 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER: REDONDELA TAMÉN TEN NOME DE MULLER

O luns 11 seguimos coas actividades adicadas ao Día da Muller.
Se o xoves fomos nos os encargados de levar a cabo os talleres, desta volta fomos os receptores dos talleres.
Fai un tempo contactamos con Paxaretas para proporlles unha actividade para celebrar o día da Muller. A nosa idea era contar cunha membra de Xanela, a primeira organización feminista de Redondela e con outra membra de Paxaretas. Queriamos falar das motivacións para crear a organización e a asamblea e falar un pouco dos cambios ao longo destes 28 anos que separan unha asociación da outra. 
Ademais, coma levamos todo o trimestre co proxecto de "Facendo visibles ás invisibles" tiñamos unha chea de preguntas e aproveitamos a súa visita para facer un coloquio e falar de cousas que non paramos de escoitar ao noso redor coma: o patriarcado, o teito de cristal, a linguaxe inclusiva, a violencia de xénero fronte a doméstica, o feminismo liberal fronte ao radical... 

O tempo fíxesenos curto, aprendemos unha chea de cousas.  Foi unha visita moi interesante, amena e didáctica.

Moitísimas grazas a Ceci e Maica por prestarse a vir e darnos tantas facilidades. 

Un pracer compartir ese rato convosco

A NOVA HORTA ESTÁ LISTA

Despois dun meses de parón e reformas por fin temos lista a nova horta. 
Mentres, os rapaces de sexto A xa comezaron a prantar na aula para logo poder levar a horta.

lunes, 11 de marzo de 2019

SABES QUE DIN AS LETRAS DAS CANCIÓNS 2?

Seguindo o vídeo que nos mandou Rebe, hoxe atopei isto na rede feito por un instituto de Cuenca. Encantoume e non podo deixar de compartilo convosco.


https://www.facebook.com/pepa.peralta.3/videos/10215409432126863/

MULLER E CIENCIA: ACTIVIDADE PAXARETAS

Despois de recargar enerxías tras o 8M, continuamos coa programación de Marzo Muller cunha cita fundamental!! O vindeiro martes, 12 de marzo ás 20.00h, na Casa da Cultura, poderemos desfrutar da charla "Científicas da Casa: mulleres de aquí e de hoxe", a través da cal pretendemos dar visibilidade a mulleres do eido das STEM (Ciencia, tecnoloxía, enxenería e matemáticas), así coma ofrecer exemplos próximos, para que as nenas se sintan identificadas con elas, e espertar e fomentar a súa vocación polas ciencias. Agardámosvos a todas e todos!!

domingo, 10 de marzo de 2019

SABES QUE DIN AS LETRAS DAS CANCIÓNS QUE ESCOITAS?

Rebe de sexto B comparte con todos nos este vídeo con algúns dos estribillos que todos cantamos algunha vez. E hai moitas máis das que salen no vídeo: 

OS CIRCUITOS ELÉCTRICOS

En ciencias naturais estamos traballando a electricidade e o magnetismo e coma estamos seguras que o mellor xeito de aprender é aprender facendo pois puxémonos mans a obra. 
Primeiro, cada parella preparou o tema teórico. Usamos a rede para facelo. 
Coa información teórica lista chegou o momento de pasar a práctica e dedicimos unir o proxecto de naturais co de sociais así que fixemos xogos electrónicos para repasar a materia que imos traballar. Foron días intensos buscando ideas, deseñando o proxecto, facendo as maquetas, cableado... pero, despois de moito traballo e algunhas frustacións conseguimos sacar adiante as nosas maquetas.


En sexto A tamén fixeron xogos electrónicos pero eles fixeron maquetas relacionadas co proxecto de Facendo visibles a invisibles e ademais tiveron a sorte de ter un axudante de luxo, o pai de Alba Iriarte que se prestou a acompañarnos e guiarnos durante todo o proceso. 
MOITAS GRAZAS!!!

sábado, 9 de marzo de 2019

TALLERES PARA O DÍA DA MULLER

Os alumn@s de sexto fomos os encargados de levar a cabo as actividades para conmemorar o Día da Muller. 
Fixemos talleres dende Infantil ata 4º de primaria, adaptados a idade dos nen@s e nos que participamos todos os equipos que temos para o proxecto "Facendo visibles as invisibles".  
A preparación dos talleres foi express porque nos pillou en medio do entroido e do noso propio proxecto de aula, inda así, unha vez máis temos que darvos a noraboa a todos porque o fixéstedes xenial.

NON PODEMOS ESTAR MÁIS ORGULLOSAS!!!

 



viernes, 8 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER

Hoxe estamos de folga. O artigo foi elaborado o xoves 7 e programado para publicarse o día 8

Pero non podiamos deixar de compartir algunhas cousas das que circulan pola rede e que dan que pensar. Comezamos con este vídeo onde unha científica "desmonta o feminismo", non estamos para nada dacordo co que aquí nos contan pero está moi ben para que o vexades e poidamos debatir o luns.  Tede en conta que os científic@s tamén son persoas e, polo tanto, as súas investigacións sempre estarán condicionadas pola súa forma de pensar. E un pouco longo e esta substitulado pero non ten desperdicio.


Agora vexamos outro experimento científico onde nos conta todo contrario:
https://www.facebook.com/elcerebrodelnino/videos/2275185516065957/


E se deixamos a ciencia e analizamos datos: https://www.eldiario.es/economia/datos-ir-huelga-feminista_0_874913249.html

Pero, fagamos un pouco de historia:

Aquí están os datos, vosas as conclusións.

DÍA DA MULLER!!!

martes, 5 de marzo de 2019

lunes, 4 de marzo de 2019

E CHEGOU O DÍA, ENTREVISTAMOS A ANA MARÍA GONZÁLEZ NOYA

Despois de ler máis dun mes traballando no proxecto "Facendo visibles ás invisibles" chegou o gran día, entrevistamos a Ana María González Noya. 
Concertamos unha cita para facer unha videoconferencia. Ao principio tivemos algúns problemiñas porque marchou a luz e non puidemos comezar á hora acordada.
Cada vez estabamos máis nervosos. As representantes de cada grupo ensaiaron unha e outra vez as preguntas ata que chegou o gran momento.
Temos que dicir que Ana María foi moi amable, contestou a todas as nosas preguntas e, ademais, presentounos a Rosa Pedrido, a súa compañeira de departamento.
Foi un pracer charlar con elas e estamos seguros que non será o único contacto que teñamos.

MOITÍSIMAS GRAZAS ANA MARÍA E ROSA POLA VOSA ATENCIÓN, UN VERDADEIRO PRACER CHARLAR CONVOSCO.

sábado, 2 de marzo de 2019

E CHEGOU O ENTROIDO

O entroido é unha das festas que máis nos gusta. Preparamos coreografías, deseñamos e facemos os nosos disfrazaces, preparamos a pancarta...

E, cando chega o día, pasamos un día de festa. Comemos todos xuntos no cole, temos todo o cole para nos, xogamos, bailamos e pasámolo en grande ata o momento de prepararnos para o desfile.
Despois das fotos de rigor comeza o desfile e, un ano máis, pasámolo xenial.
Ao final sempre estamos cansos de tanto bailar pero cheos de diversión. 
De feito, ao chegar ao cole inda fixemos unha batalla de baile final coa ANPA. 
XENIAL RAPAZADA!!! UN GUSTAZO IR DE FESTA CONVOSCO!!!

viernes, 1 de marzo de 2019

RECURSOS PARA O DÍA DA MULLER

Aquí vos deixamos algúns recursos interesantes para coñecer a algunhas das mulleres que teñen un papel destacable na ciencia.

10 mulleres de ciencia que debería coñecer (clica na imaxe)
15 referentes STEM femininos:
VÍDEOS:

 E, por suposto, todo o voso traballo: https://omanantial.blogspot.com/search?q=FACENDO+VISIBLES

Lembrade tamén que tedes un xogo de Scracth que colgamos o día da muller e nena na ciencia.

jueves, 28 de febrero de 2019

miércoles, 27 de febrero de 2019

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES 5

A semana pasada ultimamos detalles para levar a cabo a entrevista a Ana María González Noya. Os equipos encargáronse de facer as preguntas e despois de facer unha posta en común escollemos ás que máis nos gustaron. Despois preparamos unha entradilla e a despedida.

E así nos quedou:


ENTREVISTA A ANA MARÍA GONZÁLEZ NOYA

Presentación:


            Bos días Ana María:
            Somos… en representación dos 30 alumn@s de sexto que estamos levando a cabo este proxecto.
            Despois de  poder contactar con vostede é un honor poder tela cara a cara para poder facer esta entrevista que tanto esperamos. Tamén queremos darlle as grazas por facernos un oco na súa apreta axenda.
            No noso centro temos un proxecto sobre a física e a química. As profes dixéronnos que escolleramos unha científica galega e nos escollemola porque:

-          buscabamos unha muller  galega que fose especialista en ciencia e xénero
-          debía ser alguén relacionado co campo da química ou da física
-          e ademais debíamos ter en conta que este ano é o 150 aniversario da táboa periódica.
 E cremos que vostede é a persoa máis axeitada.
            Sen máis, se vostede nos da permiso podemos comezar.



1.      Cando naceches e onde?

2.       Houbo algún antecedente familiar que se adicase á química?

3.      Tiveches apoio da túa familia á hora de escoller unha carreira de ciencias?

4.      Sendo docente e investigadora, podes compaxinar a túa vida laboral coa familiar?

5.      Cantos horas lle adicas ao teu traballo diariamente?

6.       Algunha vez te menospreciaron polo feito de ser muller?

7.       Cantas mulleres érades na carreira?

8.       Alguén che dixo que elexiras outra carreira polo feito de ser muller?

9.      Estas dacordo coa pariedade?

10.  Que debe facer a escola para que as rapazas sigan a súa vocación sen ter en conta o sesgo de xénero?

11.  Dende a perspectiva de xénero onde percibiches maiores diferenzas, en Galicia ou Londres?

12.  Que che impulsou a involucrarse nun proxecto de ciencia e xénero?

13.  Que te move para crear material didáctico?

14.  Que proxectos tes en mente para o futuro?

15.  Cal foi o maior desafío científico ao que te afrontaches?

16.  Tes algunha actividade en mente para celebrar o 150 aniversario da táboa periódica?

17.  Que lle parece que uns estudantes de educación primaria esteamos a facer un proxecto sobre muller e ciencia?




DESPEDIDA:
            Agora que xa temos algo máis de información sobre vostede gustaríamos poder usala para diferentes actividades, entre elas queriamos facerlle un artigo na Galipedia se nos da o seu permiso (esperar a resposta), tamén, se non lle importa, gustaríamos seguir en contacto con vostede para completar a información e para darlle conta das actividades que vaiamos levando a cabo. Grazas pola súa atención, esperamos que este non sexa o último contacto que teñamos con vostede.
ABURIÑO

martes, 26 de febrero de 2019

TALLERES DE ROBÓTICA

Unha semana máis os compañeiros de terceiro subiron a nosa aula para participar nos talleres de robótica. 
Esta semana rematamos a primeira quenda. 
A próxima descansamos para celebrar o entroido, pero a volta iniciaremos novas sesións. 
De momento aquí vos deixamos a última.

lunes, 25 de febrero de 2019

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

Onte foi o día de Rosalía de Castro. Unha gran poeta galega moitas veces infravalorada. Un muller única do seu tempo e este ano que estamos falando tanto das mulleres non podía faltar a homenaxe a nosa gran dama das letras galegas. 
Quero compartir convosco esta falcatruada que atopei na rede e que me pareceu fantástica.

https://www.facebook.com/MJPerezmusic/videos/585914895210435/

viernes, 22 de febrero de 2019

SEMANA DA CIENCIA

Dentro do desenvolvemento do PDI "Física e Química que estamos levando a cabo este ano e coordinado pola biblioteca, esta semana tivemos unhas xornadas de ciencia en vivo no cole da man da organización cienciaenmovimiento.
 Houbo talleres e actividades para os alumnos dende terceiro ata sexto. 
Aquí vos deixamos un resumo das actividades para que vexades coma nos foi.
E aquí vos deixamos un pouco máis:

jueves, 21 de febrero de 2019

BAÑO SONORO

O pasado día 13 o centro fixo unha xornada de portas abertas e os alumnos de sexto B fomos os encargados do Baño Sonoro cos que lles demos a benvida ao noso centro as novas familias.
Guiados pola profe Isa e despois de moito traballo previo aquí tedes o resultado.
Mirade que pasada!!!

miércoles, 20 de febrero de 2019

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES 4

Despois de varias semanas vendo o papel da muller na ciencia, tocou poñernos mans a obra e adicarnos xa de cheo a científica que imos traballar este trimestre. Escollemos a Ana María González Noya, especialista en bioquímica e catedrática da USC. Ten varias publicacións entre a que destacamos a Guía dos Elementos Químicos en galego.
O venres vimos unha entrevista dela, ao rematar cada equipo elaborou, por unha banda, o mail para pornos en contacto, por outra, as posibles preguntas.


Despois de ver o traballo de cada equipo fixemos unha posta en común e escollemos que partes debían formar o mail definitivo. Finalmente,un membro de cada equipo foi o encargado de escribir o mail que lle enviamos: 

Exma. Sra Ana María González Noya:
Somos as aulas de sexto do CEIP REBOREDA, en Redondela, Pontevedra.
Referímonos a vostede para pedirlle humildemente unha entrevista da súa vida profesional xa que este ano estamos traballando un proxecto adicado a "Física e a Química".
Neste trimestre en concreto estamos a desenvolver un proxecto chamado "Facendo visibles ás invisibles" isto trátase de, coma ben di o nome, visibilizar ás mulleres que sendo tan importantes coma os homes non están presentes nas aulas da educación primaria.
Elexímola a vostede porque sabemos que traballa na Facultade de Química en Santiago e buscando referentes atopamos que elabora  material relacionado coa didáctica da química achegándoa aos alumn@s e ademais faino aplicando a igualdade de xénero.
Se este correo chega ata as súas mans e nos responde utilizaríamos a información para distintos proxectos. O noso obxectivo é coñecer as súas investigacións no mundo da química e dar visibilidade ao traballo feminino neste campo.
Na rede non hai moita información sobre vostede
Para levar a cabo esta entrevista pensamos en facelo mediante videoconferencia pero estamos abertos a outras opcións.
Sería todo un honor que nos respondese.
Grazas pola súa atención xa que somos conscientes de que é unha muller ocupada.
Agardamos a súa resposta.Un saúdo

martes, 19 de febrero de 2019

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL

Volvemos!!! Un curso máis poñemos en marcha o noso canal de experimentos pero este ano temos unha novidade, non imos facer experimentos químicos coma o curso pasado, este ano imos adicarnos a física. Este é unha modalidade coa que se experimenta menos pero que é, igualmente, moi interesante. Cada semana un dos nosos equipos enfrontarase a un reto físico, comezan María e Iago facendo unha torre de garfos.

REMATAMOS COAS TOMAS FALSAS

lunes, 18 de febrero de 2019

TALLERES DE ROBÓTICA 3

Unha semana máis os alumn@s de terceiro compartiron connosco unha sesión de robótica. En so 3 semanas os progresos son incribles!!!


viernes, 15 de febrero de 2019

UN MUSEO CIENTÍFICO PARA TODAS AS IDADES

Fonte: Radio Redondela


O Multiúsos de Arcade acolle este sábado o día grande da Semana da Ciencia que se está a desenvolver no concello de Soutomaior coa colaboración da entidade Ciencia en Movemento, un grupo de científicos que de xeito ameno e divertido trasladan a nenos, e non tan nenos, a ciencia  e todos os seus misterios.

Baixo o eslogan "prohibido non tocar" o Multiúsos de Arcade converterse durante un día nun museo cargado de experimentos sinxelos que permitirán aos que ata alí se acheguen coñecer dun xeito práctico e ameno como funcionan algúns principios básicos da ciencia. Un museo itinerante recomendado a nenos e nenas dende 5º de primaria ata 2º de bacharelato pero que esperta tamén o interese dos maiores.

Celebraranse tamén dous obradoiros "Fire" no que os participantes xogaran con experimentos nos que se precisará do lume para comprender o seu funcionamento e Kids un obradoiro práctico con multitude de experimentos xerais con globos,confetti, carreiras de latas e auga que non cae.

Xa as 20:00 horas haberá unha mesa redonda sobre as vocacións científicas con Leticia Costas​,​Paula Rodiño e Xiana Alfaya e pechará a xornada o espectáculo Da palanca ao láser ás 21:30 horas.

IMOS AO GADIS E AO MEIRANDE

Esta semana os sextos volvemos saír. Nesta ocasión fomos facer un taller de alimentación saudable no Gadis para coller inspiración para Galiciencia. Despois, e aproveitando que tivemos que coller autobús para ir a Vigo, visitamos o Meirande para completar a información que estamos traballando en ciencias sociais. Foi un día intenso no que aprendemos unha chea de cousas!

jueves, 14 de febrero de 2019

FÍSICA ALUCINANTE

Este ano o noso canal de experimentos está adicado a física e para inspirarvos, mirade que atopei:

https://www.facebook.com/Lavozdelmuro/videos/2084003161845151/

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES: ACHEGÁNDONOS A NOSA CIENTÍFICA

Seguimos co noso proxecto do venres.
Nesta ocasión tocou investigar, descifrando as pegadas, quen é a científica sobre a que imos traballar este trimestre.
Para iso cada equipo tivo que dividirse: uns participaban no xogo das científicas, outros eran o equipo gráfico e os últimos o equipo de investigación.

O XOGO DAS CIENTÍFICAS
Na páxina de muller e ciencia atopamos este curioso xogo de mesa onde cada carta é unha muller científica. Cada xogador debe formar 3 laboratorios para poder ganar a partida. O gañador de cada partida consegue un privilexio para o equipos dos científicos así que hai que xogar moi concentrados.

O EQUIPO DE DESEÑO GRÁFICO
Este grupo encargouse de elaborar os carteis para o corredor para conmemorar a celebración do Día da Muller e Ciencia que se celebra o 11 de febreiro.

OS INVESTIGADORES
O resto dos integrantes de cada equipo debían seguir as pistas para completar a ficha de aproximación á científica sobre a que imos investigar.

POSTA EN COMÚN
Finalmente, cada equipo deseñou unha serie de actividades para poder desenvolver o proxecto deste trimestre e puxémolas en común.

Un traballo en equipo con subequipos, tarefas diferentes, cooperación y moita diversión.
Senón mirade!!!


miércoles, 13 de febrero de 2019

TALLERES DE ROBÓTICA 2

Os compañeiros de terceiro, unha vez máis, viñeron a nosa aula para traballar robótica.
Durante catro semanas os talleres serán iguais, de xeito que cada equipo pase por todos os talleres e todos os grupos poidan traballar a robótica dende 4 puntos de vista distinto. 
Así foi a sesión desta semana.

martes, 12 de febrero de 2019

CIRCUITOS ELÉCTRICOS

Este trimestre estamos traballando o tema da electricidade e magnetismo na aula.
Por parellas preparamos a información teórica e agora é momento de pasar á práctica.
Cada parella preparou circuitos simples con diferentes elementos, algúns con máis éxito ca outros.
Despois, A e B, xuntámonos para seguir experimentando.

lunes, 11 de febrero de 2019

MÁIS SOBRE MULLER E CIENCIA

Xa levamos visto, lido e falado destes datos pero non está de máis recordalos nesta data.



E, ademais...
Achegámonos a algunhas mulleres que destacaron no eido científico? Algunhas xa vos soan, outras seguro que non.

DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA

E para celebralo mirade que xogo en Scracht tan interesantes.
Botamos unha partida!!!

https://scratch.mit.edu/projects/144610528/

viernes, 8 de febrero de 2019

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES 2: MURAL DA MULLER E A CIENCIA

OS VENRES MOLAN!!!

Pasamos un par de semanas preparando un mural sobre "A muller e a ciencia", primeiro fixemos un xogo onde debiamos relacionar cada científica co seu descubrimento, despois escollemos a unha desas científicas e preparamos a súa biografía e memorizamos os datos para poder aprendelo teoricamente.


E despois de escoitar as biografías foi a quenda de demostrar todo o que sabiamos así que fixemos un kahoot. Aquí volo deixo por se queredes xogar na casa.  Clicade na imaxe.
Para poder xogar  debemos escoller a forma CLASSIC, logo tedes que baixar a app de kahoot ao móvil ou a tablet, poner un nome (nickname) e o código do xogo.  

https://play.kahoot.it/#/?quizId=7685251e-62a1-47a2-8905-3a5f6e1e06c3


lunes, 4 de febrero de 2019

TALLERES DE ROBÓTICA

Arrancamos un curso máis coas nosas sesións de robótica.
Durante o segundo trimestre imos compartir e repasar o que xa sabemos cos nosos compañeiros de terceiro que inician este ano esta materia. 
Para iso, cada martes nos acompañarán na aula e levaremos a cabo 4 talleres simultáneos. Por equipos, os maiores tutelaremos aos pequenos nos seus primeiros pasos nesta disciplina.
Así foi a primeira sesión:

viernes, 1 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ

O pasado mércores día 30 todos os centros celebramos o Día da Paz. 
Este ano os alumn@s de sexto fomos os encargados de facer o manifesto e logo, todos xuntos, cantamos a canción seleccionada para esta celebración. Este ano cada curso encargábase de interpretar unha estrofa, nos escollemos facela en lingua de signos.



Ademais, 4º, 5º e 6º vimos unha curta:


Despois cada aula levou a cabo debate sobre a mesma, e estas foron algunhas das conclusións dos alumn@s de sexto:

miércoles, 30 de enero de 2019

MÁIS FÍSICA E QUÍMICA NA CORUÑA

Onte fomos pasar o día a Coruña. 
Aproveitando o tema do centro, visitamos o MUNCYT, museo de ciencia e tecnoloxía e a Casa das Ciencias. 
No Muncyt participamos nun taller de construcción moi interesante onde traballamos en equipo e tivemos que seguir estratexias para ter éxito. Completamos a actividade visitando o museo. 
Despois de comer fomos a casa das Ciencias. Aprendemos unha chea de cousas sobre os exoplanetas no planetario e despois tocamos, manipulamos e xogamos con todo o que estaba o noso dispor na casa das ciencias. ATA VIMOS NACER UN PITIÑO 
Foi un día moi intenso e divertido!!! 

QUE BEN O PASAMOS CANDO IMOS DE EXCURSIÓN

CERTAME DE RELATO CURTO "NON TE DURMAS"

Un ano máis a FANPA convoca o concurso de relatos curtos para o alumnado de primaria e secundaria.
Coma podedes ver no blog do concurso:
Un relato curto narra unha historia ficticia nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes, con descricións breves e escasas divagacións. Mostra o que ocorre e ensina a historia a través dunha acción estruturada deixando ao lector que deduza parte

BASES DO CONCURSO:

1º Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames, de temática libre e escritos en lingua galega. Cando se promovan dende os colexios e institutos, serán descartados os grupos de relatos de temática semellante.
2º Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas dos centros públicos da provincia de Pontevedra de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. Tamén poderán presentarse as persoas adultas (familiares, profesorado e alumnado universitario dos campus de Pontevedra e Vigo).
3º Cada autor/a só poderá presentar un relato que terá unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. Estará escrito en Times New Roman, de tamaño 12 pt. e interliñado de 1,5 liñas.
4º Os relatos enviaranse en arquivos en formato .doc, .docx ou .odt ao enderezo de correo electrónico certame.relatocurto@nontedurmas.org
5º Enviaranse dous arquivos no mesmo correo:
1. Denominado DATOS (este ficheiro é para a organización) no que figurará o relato completo e os seguintes datos do/a participante:
• o pseudónimo utilizado
• o nome e apelidos do autor/a
• o curso do alumno/a
• o centro escolar onde estuda o alumno/a
• o correo electrónico persoal
• o teléfono persoal
• o relato
2. Denominado RELATO (este ficheiro é para o xurado) no que figurará:
• o título do relato
• o relato
• o pseudónimo utilizado
• a categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional
ou adultos).
6º O prazo de envío dos textos finalizará o 28 de febreiro de 2018.

Tedes máis información clicando na imaxe.
ANIMO!!! E ADIANTE CON ESAS HISTORIAS!

http://blogs.nontedurmas.org/certame/