No noso taller de expresión escrita seguimos traballando diferentes técnicas para mellorar o noso xeito de escribir. A semana pasada foi a hora de traballar o binomio fantástico de Giani Rodari.
Comezamos facendo asociación de palabras por equipo, despois compartímolas e, finalmente, asignámolas aleatoriamente.
Sairon pares de palabras moi dispares que deron lugar a relatos xeniais.
Mostrando entradas con la etiqueta taller de escrita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta taller de escrita. Mostrar todas las entradas
jueves, 10 de mayo de 2018
lunes, 16 de abril de 2018
CONCURSO DA REBORAINA
Toca seguir escribindo.
Fai unhas semanas estivemos atarefados escribindo relatos curtos. Agora toca dar un paso máis e pasar do relato curto ao conto.
O máis difícil á hora de escribir un conto ou unha historia é atopar un comezo. Normalmente é máis sinxelo escribir cando se nos da unha idea. Para non perdervos á hora de atopar ideas aquí vos propoñemos unha técnica moi sinxela que ten un resultados xeniais: O BINÓMIO FANTÁSTICO.
CORAL E SOL, MIÑOCA E XAMÓN, CARAPUCHIÑA E HELICÓPTERO, HIPOPÓTAMO E LAPIS, ELEFANTE E EXÉRCITO, ETC.
Outra técnica fantástica consiste en enredar contos que xa coñecemos. Trátase de coller un conto moi coñecido e darlle a volta ata convertilo nunha historia nova. Aquí tedes o libro "Confundindo historias" de Giani Rodari.
Por suposto non se trata de copiar o que xa existe, senón de aproveitar estas ideas para inspirarvos.
ADIANTE, POÑEDE ESAS CABEZAS A FUNCIONAR E OS LÁPICES A ESCRIBIR!!!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)