miércoles, 27 de mayo de 2020

martes, 26 de mayo de 2020

lunes, 25 de mayo de 2020

ESTADOS DA MATERIA

Seguimos traballando co tema da materia.
Nesta ocasión traballamos os estados da materia e descubrimos que a auga non sempre se conxela cando a metemos no conxelador.

viernes, 22 de mayo de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Letras Galegas facendo unha chea de actividades. 
Fixemos unha escape room, xogamos ao Carvalhopoli, vimos vídeos e, ademais, creamos as nosas propias pitas do conto "As pitas baixo a choiva" e tamén fixemos as personaxes para comer.


jueves, 21 de mayo de 2020

miércoles, 20 de mayo de 2020

ASÍ FOI A SEMANA PASADA

A semana pasada fixemos unha chea de cousas.
É moi difícil poder facer vídeos e entradas de todas así que aquí vos deixamos un resumo que recolle as que máis nos gustaron.

martes, 19 de mayo de 2020

lunes, 18 de mayo de 2020

OS VENRES MOLAN: XOGAMOS AO BINGO

Novo venres e, con el, novos retos.
Esta semana xogamos ao bingo. Tivemos algúns percances antes de comezar pero atopamos xeito de solucionalos e, finalmente, puidemos xogar.
Pasámolo moi ben!!!

sábado, 16 de mayo de 2020

OS VENRES MOLAN: COCIÑAMOS COOKIES

 Os venres sempre tentamos que sexan días máis especiais así que deseñamos actividades distintas onde aprendemos doutro xeito.
A semana pasada aproveitamos para cociñar cookies.
Foi moi divertido e, ademais, estaban boísimas.

viernes, 15 de mayo de 2020

OLIMPIADAS CONFINADAS CON SCRATCH

Como o tema deste ano é o deporte non puidemos resistirnos a crear as nosas propias Olimpiadas,sobre todo porque serán as únicas, xa que Tokio está cancelado.
Imos programar unha serie de deportes olímpicos usando Scratch.
Comezamos programando o Tiro con Arco, inda que xa veredes que na versión confinada é, máis ben, tiro con frecha.

jueves, 14 de mayo de 2020

A MATERIA

En ciencias estamos traballando a materia e o mellor xeito de facelo é experimentando, por iso estes días estamos facendo experimentos nas nosas casas.
 Aquí vos deixamos os primeiros.


miércoles, 13 de mayo de 2020

PRÁCTICAS CON SCRATCH:O LABIRINTO

Seguimos co noso traballo no confinamento.
Nesta ocasión fixemos un labirinto usando Scratch.
Foi moi divertido e mirade que ben quedaron!!!

miércoles, 6 de mayo de 2020

MÁIS E MÁIS COUSAS

Estes días estamos facendo tantas cousas que se nos van acumulando.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo dalgunhas das actividades que levamos a cabo.

martes, 5 de mayo de 2020

ARTE CONFINADO

Os venres molan e sempre tentamos facer algo especial e distinto. 
Fai un par de semanas preparamos un xogo que consistía en ir buscando pola casa adiante distintos elementos. 
Despois había que relacionar cada elemento cunha obra artística e, finalmente, cada un debía converterse nesa obra usando o material. 
Pasámolo xenial. 


lunes, 4 de mayo de 2020

OS MAIOS CONFINADOS

Empezamos semana cunha chea de cousas que contarvos. 
A primeira, xa estamos en maio e os alumn@s de quinto participamos na proposta da Sinha Paca xunto a Consellería de Cultura de Redondela no primeiro (é espero que único) certame de maios confinados.
Fixemos as coplas en equipo usando os grupos de traballo diarios e logo, cada quen, na súa casa botando man do que podía converteuse nun maio. Mirade que ben quedaron!!!