Mostrando entradas con la etiqueta C. SOCIAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta C. SOCIAIS. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de noviembre de 2018

QUE FIXO POR TI A IDADE MODERNA?

A semana pasada tivemos a inmensa sorte de contar coa visita de Ramón Noche, profesor de Xeografía e Historia en Educación Secundaria.
Ramón veu falar da Idade Moderna pero dun xeito moi especial, xa que, veu a contarnos todo o que a Idade Moderna fixo por nós.

Aprendemos moítisimo coa súa visita e pasámolo xenial.
Ademais, deixounos traballo, pero traballo do que nos gusta. Tres retos a superar para poder abrir o cofre do tesouro.

Que máis se pode pedir? Ah, sí! Tamén fixemos croissants. Pero iso verémolo maña.

MOITÍSIMAS GRAZAS A RAMÓN NOCHE POR PRESTARSE PARA LEVAR A CABO A ACTIVIDADE, GRAZAS POLO TEMPO ADICADO A PREPARALA E A SÚA BOA PREDISPOSICIÓN E GRAZAS POR UNHA SESIÓN TAN EDUCATIVA.

UN VERDADEIRO PRACER!!! VOLVERÉMOSTE CHAMAR!!!

viernes, 9 de noviembre de 2018

A IDADE MODERNA

Este trimestre estamos achegándonos a Idade Moderna. 
Pouco a pouco imos avanzando e cada vez hai máis información para procesar.
Para botarvos unha man tedes novos vídeos publicados no site de recursos e un novo apartado con xogos e máis información.
Aproveitade para botarlles un ollo e ide usando os xogos e demais recursos para repasar.
Non o deixedes todo para o final.


BOA FINDE!!!

lunes, 29 de octubre de 2018

VISITAMOS O CASTELO DE SOUTOMAIOR

En ciencias sociais comezamos o temario pola parte da historia. Rematamos quinto na Idade Media e nese punto arrancamos en sexto. Tiñamos pendente dende o curso pasado visitar o castelo de Soutomaior. 
O noso guía contounos unha chea de cousas e desfrutamos visitando as estancias do castelo e vendo os seus cambios ao longo da historia.
Despois da visita guiada paseamos polos xardíns.
Foi unha mañá moi interesante e onde aprendemos unha chea de cousas!!!

viernes, 15 de junio de 2018

REBOREDA MEDIEVAL

O próximo día 20 imos a descubrir a Reboreda do medievo. 
Para iso cada equipo debe escoller un lugar singular da parroquía e preparar a información teórica que nos van contar nese lugar.
Os equipos escolleron coma temas: o feudalismo, os cruceiros, os muíños e a igrexa.
Para botarvos unha man aquí vos deixamos algo de información xeral que vos pode axudar.

jueves, 14 de junio de 2018

MANUAIS DE SUPERVIVENCIA DA IDADE MEDIA

Mañán remata o prazo para finalizar os manuais de supervivencia. Sei que aínda faltan detalles, información e retoques pero para que vaiades repasando e vendo o que xa tedes feito aquí vos deixo os  powerpoint que xa me pasastedes.

lunes, 21 de mayo de 2018

REDONDELA MEDIEVAL

A semana pasada aproveitando que baixamos a Redondela para participar no Festival Internacional de Títeres de Redondela fixemos unha visita pola nosa vila e trasladámonos, da man de Luisa, a época medieval.
Pasámolo xenial redescubrindo a historia de lugares polos que pasamos miles de veces e nos que nunca reparamos. 
Unha saída complementaria chea de mentiras, lendas e espíritu medieval. Un xeito fantástico de completar o noso traballo teórico da aula.

 

miércoles, 16 de mayo de 2018

O REINO DE GALICIA

Este martes fixemos unha visita pola Redondela Medieval da man de Luisa. Pero, que sabedes do reino de Galicia? Aquí vos deixamos un interesantísimo vídeo que vos vai deixar abraiados.

O REINO DE GALIZA



 
NACIÓN DE BREOGÁN

jueves, 3 de mayo de 2018

A IDADE MEDIA

Xa tedes o site cheo de recursos para comezar a aprender máis cousas sobre a prehistoria. Botádelle un ollo. E xa temos o novo proxecto sobre a Idade Medieval en marcha. Toda a información clicando na imaxe.
ÁNIMO!!!
https://nivecaro.wixsite.com/idademedia
 


EL FEUDALISMO

lunes, 23 de abril de 2018

VISITAMOS A XUNTA DE GALICIA, O PARLAMENTO E...

O día 17 de abril de 2018 fixemos unha excursión ao Parlamento de Galicia.
Chegamos ao colexio ás 8.45 e saimos en autobús ás 9:07. Chegamos ao edificio da Xunta de Galicia ásS 10.57, despois de merendar nun centro comercial. 
Chegamos ao Pazo do Hórreo ás 12.30 da mañá e alí  visitamos moitas salas pero a que máis me gustou foi o hemiciclo e a sala de comisións. Tamén me gustaron outras coma o salón dos reis. 
Explicáronnos moitas cousas e tamén vimos algúns vídeos, visitamos as bibliotecas (unha pequena e outra grande)
Antes de entrar ao hemiciclo fomos a sala dos pasos perdidos que é a sala onde durante os plenos os deputados poden usala para descansar. Está decorada coas imaxes de todos os homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Fomos comer a alameda de Santiago onde xogamos mentres as profes tomaban uns cafés e, por último, fomos facer a ruta dos muíños do río Barosa, en Barro. Hai moitos muíños que visitamos coa profe Vero. O paseo mellorou moito grazas as explicacións que fixo a profe Luisa.
Despois merendamos e xogamos durante un bo anaco.





BRAIS

martes, 10 de abril de 2018

PROXECTO DO PARLAMENTO: NOVOS RECURSOS

Estamos xa coa segunda proba do PROXECTO SOBRE O PARLAMENTO DE GALICIA. 
Desta volta temos unhas serie de preguntas relacionadas co Pazo do Horreo

Comezamos tendo que describir o momento histórico-político que vive Galicia no momento da construcción do mesmo. 
A hora de buscar na rede debemos afinar coas palabras do que queremos buscar, deixando de lado a información da wikipedia e usando fontes que, aínda que non estean directamente relacionadas co Pazo do Hórreo nos servan para constestar o que se nos pide. Podemos encontrar información sobre o contexto histórico-político en documentos coma os do  GRUPO NÓS.

Nas preguntas tamén se nos pide información sobre Montero Ríos. Evidentemente, cando pedimos información deste tipo é para poder vinculala co texto establecer relacións.

 Non esquezades que na páxina web do parlamento tedes unha chea de información que nos pode axudar a resolver as preguntas. Incluida unha visita virtual ao pazo do horreo.

Pero están non son as únicas páxinas que podedes usar. Todo depende das vosas inquedanzas e intereses. Dende logo, non esquezades que hai un mundo de información máis alá da wikipedia.

PARA OS MÁIS CURIOSOS:

O PARLAMENTO (información sobre o Pazo a partir da páxina 16)

miércoles, 4 de abril de 2018

PROXECTO "O NOSO PARLAMENTO"

Arrincamos trimestre cun novo proxecto, "coñecer mellor o Parlamento de Galicia". Para iso temos unha serie de probas con diferentes preguntas que nos obrigarán a investigar, pensar e sacar conclusións para crear o noso propio coñecemento.
Moitas veces as preguntas se nos atragoan e pensamos que non somos quen de solucionalas a pesar de ter a resposta ao noso lado.
  1. O primeiro truco é, coma sempre, ler ben para saber que se nos pregunta. Parece obvio pero, ás máis das veces, unha mala lectura da lugar a moitas confusións. 
  2. Segundo, saber navegar pola rede. Non serve con poñer a pregunta de xeito literal porque seguramente non nos dará a resposta que buscamos, así que debemos facelo mediante asociación de ideas. Nembargante, todo o material para responder as preguntas está xa colgado no blog, so hai que saber que buscamos para ir ao lugar correcto. 
  3. A rede pode abrumarnos coa cantidade de información que ten, moitas veces nunha linguaxe que non entendemos por iso debemos ler, seleccionar e transcribir coas nosas propias palabras. O máis sinxelo adoita ser a resposta correcta. 
 Para darvos unha axuda extra aquí vos deixo algúns enlaces que vos poden ser de utilidade. 





Coma o mellor xeito de aprender observando, escoitando e xogando aquí vos deixo algúns xogos para aprender máis sobre a organización política.


 

E ALGÚNS XOGOS:
http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/6EP_Cono_cas_ud13_SistPoliEs/frame_prim.swf

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/QUINTO/datos/02_Cmedio/datos/05rdi/ud13/unidad13.htm


jueves, 1 de marzo de 2018

DESAFÍO 2 DE GALICIENCIA

Remata o prazo para o segundo prazo de Galiciencia e isto foi o que fixeron os nosos equipos:

EQUIPO VELUSO  

EQUIPO ALBAMAS 



viernes, 26 de enero de 2018

MÁIS SOBRE A POBOACIÓN

Para seguir traballando sobre o tema da poboación aquí vos deixamos novos recursos. E moito máis no site. Botádelle un ollo.

A POBOACIÓN XOGA E APRENDE

https://cplosangeles.educarex.es/web/cuarto_curso/sociales_4/poblacion_4/poblacion_4.html

A POBOACIÓN DE ESPAÑA 

http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/c/03/animaciones/a_fc28_01.html

ACTIVIDADES ECONÓMICAS

http://www.clarionweb.es/6_curso/jclic6/c_medio/tema11/cm611.htm

jueves, 11 de enero de 2018

EXPERIMENTANDO COS ECOSISTEMAS

Estes días andamos un pouco tolos buscando experimentos relacionados cos ecosistemas e o que atopades é "crear un ecosistema". 
Nembargante, hai moitas outras experiencias que se poden levar a cabo relacionadas cos ecosistemas. Para iso debedes fixarvos nos elementos que o conforman, que o deterioran ou en factores que inflúen no ecosistema. 
 Aquí tedes algunha idea:

 EXPERIMENTO 1: COMO INFLÚE O SMOG NO ECOSISTEMA

Vos preguntaredes que iso do Smog. É coma se denomina ao aire contaminado que cubre moitas veces algunhas cidades (por exemplo, Madrid). Este termo estableceuse a principios do século XX cando se cría que Londres estaba cuberto dunha néboa permanente que, non era outra cousa que, néboa con partículas de fume, de hai o nome smoke: fume e fog néboa.

COMO SE FAI:

Precisamos: dous frascos, vinagre, culler, fósforos, papel de alumnio e sementes xerminadas de céspede.
Primeiro collemos un frasco, botamos unha cullerada de vinagre, botámoslle un fósforo prendido e tapamos rapidamente co papel de aluminio. No segundo poñemos as sementes e tamén o tapamos do mesmo xeito.
Facemos dous buratos en cada papel de aluminio e colocamos un frasco enfrontado co outro.

Imos ver que pasa coas sementes de cespede expostas ao smog.

De feito o ideal sería ter un terceiro frasco onde ter sementes xerminadas sen exposición para poder comparalas.

Que vos parece?

Pois tamén podemos facer experimentos relacionados coa calidade da auga, simular un verquido de petróleo sobre un ecosistema, o impacto do lixo no crecementos das plantas, a calidade do chan (plantar en diferentes chans)
E moitísimas máis ideas:

PODE MEDRAR UNHA PLANTA SEN LUZ?




Espero que o artigo vos axude a atopar experimentos sobre o tema, e, sobre todo, a disfrutar coa investigación do mesmo.

POBOACIÓN E SECTORES ECONÓMICOS

Ide botándolle unha ollada a estos vídeos do tema que imos a traballar en Ciencias Sociais








miércoles, 10 de enero de 2018

NOVO TEMA DE SOCIAIS

Imos traballar a poboación e os sectores económicos. Aínda que nos imos centrar en Redondela aquí vos deixamos un resumo onde ir collendo ideas xerais.
http://boj.pntic.mec.es/jverdugo/CCSS_5/HTML5_%205_CCSS_TEMA6/index.html

miércoles, 13 de diciembre de 2017

O NOSO PROXECTO SOBRE O VINDEL

Seguimos compartindo con todos o noso traballo ao redor do Vindel agora que está chegando ao seu fin.  Antes de facer os vídeos houbo moitas sesións de traballo previo, superando diferentes probas. 
Aquí vos deixamos un resumo dalgunhas cousas que fixemos. Nos vindeiros días vos seguiremos contando.

O CLIMA: DÚBIDAS E RETOS

O tema do clima que estamos a traballar danos moito que falar e pensar. 
Hoxe falamos da presión atmosférica. 
Onde hai máis presión en Galicia ou en Toledo? 
 Despois de varias pescudas e de errar unhas cuantas veces, incluida eu, hoxe chegamos a novas conclusións e aquí tedes información a maiores. A páxina é de secundaria pero deixovos imaxes dos artigos que máis nos incumben.

A PRESIÓN ATMOSFÉRICA

DINÁMICA ATMOSFÉRICA

Se queredes profundizar un pouco máis, podedes visitar:
http://meteolab.fis.ucm.es/meteorologia/presion-atmosferica--2