Mostrando entradas con la etiqueta matematicas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta matematicas. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de septiembre de 2019

AS MATES MOLAN!!

Estamos aproveitando estes primeiros días para coñecernos.
Tamén estamos recordando contidos a través de xogos.
Estes días xogamos bastante cos números porque as mates molas pero, normalmente, teñen mala prensa.
Queredes poñervos a proba?
Podes adiviñar un número entre 1 en 1000 en 10 intentos ou menos?

https://proyectodescartes.org/miscelanea/materiales_didacticos/Adivinanumero-JS/index.html

lunes, 14 de mayo de 2018

miércoles, 18 de abril de 2018

RECURSOS MATEMÁTICAS


Xa tedes o site cargado con material para traballar as operacións con decimais. Botádelle un ollo

Xogos, vídeos e actividades.

http://genmagic.net/repositorio/albums/userpics/sumdec1c.swf

martes, 27 de febrero de 2018

OS NÚMEROS DECIMAIS

Aquí vos deixamos material para traballar sobre os números decimais. Coma sempre moitos máis recursos no site.

PARA QUE USAMOS OS NÚMEROS DECIMAIS



OS NÚMEROS DECIMAIS

https://www.cerebriti.com/juegos-de-matematicas/matematicas---decimales---ordenes-#.WpXX2-dG3IU

miércoles, 31 de enero de 2018

PRATICAMOS LOS NÚMEROS MIXTOS

Empezamos a ver os números mixtos na aula pero tivemos problemas coa actividade 1. Para poder entender ben o que estamos facendo podedes visitar a página de Smarctik onde explican  que é un número mixto. Entrade e  lede a información pero no vos subscribades.
 https://www.smartick.es/blog/matematicas/fracciones/numeros-mixtos-fracciones-impropias/

Despois de ler e entender ben a información podedes comprobar os vosos coñecementos xogando.
TIRACHINAS

Máis información no site de recursos.



miércoles, 6 de diciembre de 2017

A DIVISIÓN

Empezamos tema novo en mate. Imos traballar a redor da división. Xa tedes recursos no site para que vaiades practicando.

A DIVISIÓN E AS SÚAS PROPIEDADES


https://www.blinklearning.com/Cursos/c880569_c47588379__DIVISION_Y_SUS_PROPIEDADES.php

 PRACTICAMOS?

http://aprendiendomates.com/matematicas/divisible_1.php

sábado, 25 de noviembre de 2017

MÚLTIPLOS E DIVISORES

En breve imos comezar tema novo en mate pero convén que lle deades un repaso aos múltiplos e divisores. No site de recursos  deixamos enlaces novos.

LEMBRADE!!!

QUE VOS PARECE SE DESTRUÍMOS MÚLTIPLOS? Entrade no xogo e lede ben as instruccións antes de comezar a xogar.

https://www.ematematicas.net/destructor.php

No tanque matemático tedes moi ben explicados os múltiplos e os divisores e ademas podedes introducir un número e davos todos os seus múltiplos. Aquí vos deixamos actividades sobre os múltiplos pero no blog tedes 28 actividades distintas para traballar múltiplos e divisores. 

http://www.eltanquematematico.es/todo_mate/multiplosydivisores/multiplos/multiplos_p.html

lunes, 13 de noviembre de 2017

RECUNCHOS DE MATEMÁTICAS

Dende a semana pasada os luns son para os Recunchos de Mate. 
Para levar a cabo esta proposta aproveitamos os equipos que xa temos formados na aula. Cada un dos equipos, cada semana vai a un dos recunchos propostos, de xeito que, ao rematar o mes todos os equipos pasan por todos os recunchos, pois non se pode repetir recuncho.
Temos un recuncho informático onde os alumnos traballan de xeito individual no Khan Academy. Esta plataforma permítenos personalizar as aprendizaxes a cada alumno, ver a súa evolución e, ademais, dalle a posibilidade aos rapaces de ver vídeo titoriais para resolver dúbidas e poñerse a proba en desafíos e retos.
Tamén hai un recuncho de xogo matemático, cada mes cambiaremos o xogo e este quedará na aula para que os alumnos poidan xogar nos momentos de ocio. Este mes estamos usando o Rummikub. As regras son parecidas as do Chinchón nas cartas. Os alumnos deben facer escaleira da mesma cor ou números iguais de cores distintas sempre en grupos, alomenos, de 3. Trátase de desenvolver as destrezas de asociación, seriación, combinación e formación de conxuntos.
Os outros dous recunchos son de cálculo e resolución de retos. Recunchos de traballo na mesa en equipo, onde uns membros se axudan aos outros para mellorar as súas estratexias de cálculo e ter unha maior capacidade de abstracción e razoamento para poder resolver problemas.
Aquí vos deixamos un resumo de coma foi o noso primeiro día.