Fai uns días que descubrimos un libro fascinante: ¨Escarlatina: a cociñeira defunta" da escritora Ledicia Costas e tennos atrapados, tanto polas aventuras de Román como polas recetas tan apetitosas que trae. Hoxe estreámonos e fixemos a primeira " Magdalenas Caseiras para lamber os fociños¨ e si que os lambemos!!!!
Coma sempre " As magdalenas hai que gañalas!" e a receta serviunos para continuar practicando problemas de peso e capacidade. Os cl., ml. , gr., quilo, medio quilo.... entran mellor se cheiran a vainilla e limón e saben a gloria.
Grazas a o libro de Ledicia puidemos facer esta riquísima receita
ResponderEliminar