O último tema que estamos estudando en Coñecemento do Medio está adicado ás máquinas e as ferramentas, así que aproveitamos para coñecer algunhas das ferramentas que utilizamos na cociña e una máquina de facer pan que utilizamos para elaborar un pan doce.
Como o pan sempre hai que gañalo, realizamos varias actividades en torno a elaboración da receta. Comenzamos aprendendo coa profe Alejandra o nome dos ingredientes e dos procesos en lingua de signos, pesamos e medimos os ingredientes, cheiramos os aromas da auga de azahar , esencia de anís e cardamomo e, como non podía faltar fixemos unha ficha na que tivemos que calcular pesos, tempos....
E, o mellor de todo foi que estaba boísimo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario