O martes 10 de febreiro, coa axuda da profe Vero, cociñamos as setas que levábamos cultivando ao longo de dezasete días. Distribuímonos en equipos, pero como as setas hai que gañalas! a profe nos deu un texto sobre o cultivo das setas e tíñamos que responder a once preguntas. Houbo un momento no que viñeron os Apolos tamén a probalas.
Preparámolas de dúas maneiras: rebozadas e con xamón. Estas son as recetas:
Setas rebozadas
- Despois de lavar as setas, hai que bañalas en ovo e pan relado.
- Fritilas en abundante aceite.
Listas para papar!
Setas con xamón
- Botar allo e cebola ben picadiños na tixola e facer un sofrito.
- Engadir xamón en anaquiños.
- Botar as setas cortadas en tiras e cociñalas durante uns minutos
- Cando estean listas poñer unha porción enriba dunha tostada.
A comer!
Pasámolo moi ben cociñando e estaban boísimas!
Lucas Camiño
Mereceu a pena facer a ficha....Estaban boisimas!!!!
ResponderEliminarQue boas estaban!!!!
ResponderEliminarEstamos a esperar por outras floradas!!!!!!
E grazas a profe Vero por axudarnos.
Gracias profe Vero por cociñar con nós.
ResponderEliminarAs setas estiveron exquisitas.
Estaban riquiiiisimas !!!!
ResponderEliminarEu nunca as probara pero gustáronme moito.
A Lucas non lle gustaron pero a min si. Foi moi divertido cociñalas
ResponderEliminarEstaban moi boas.!!!!!!
ResponderEliminarNunca as probaramos.
Gustàronos máis as rebozadas.
As setas estaban boisimas!
ResponderEliminarPasámolo moi ben cociñándoas Nunca as probaramos
Nos gustou moito cociñar as nosas setas,estaban boísimas.
ResponderEliminar