Arrincamos trimestre cun novo proxecto, "coñecer mellor o Parlamento de Galicia". Para iso temos unha serie de probas con diferentes preguntas que nos obrigarán a investigar, pensar e sacar conclusións para crear o noso propio coñecemento.
Moitas veces as preguntas se nos atragoan e pensamos que non somos quen de solucionalas a pesar de ter a resposta ao noso lado.
Moitas veces as preguntas se nos atragoan e pensamos que non somos quen de solucionalas a pesar de ter a resposta ao noso lado.
- O primeiro truco é, coma sempre, ler ben para saber que se nos pregunta. Parece obvio pero, ás máis das veces, unha mala lectura da lugar a moitas confusións.
- Segundo, saber navegar pola rede. Non serve con poñer a pregunta de xeito literal porque seguramente non nos dará a resposta que buscamos, así que debemos facelo mediante asociación de ideas. Nembargante, todo o material para responder as preguntas está xa colgado no blog, so hai que saber que buscamos para ir ao lugar correcto.
- A rede pode abrumarnos coa cantidade de información que ten, moitas veces nunha linguaxe que non entendemos por iso debemos ler, seleccionar e transcribir coas nosas propias palabras. O máis sinxelo adoita ser a resposta correcta.
Coma o mellor xeito de aprender observando, escoitando e xogando aquí vos deixo algúns xogos para aprender máis sobre a organización política.
E ALGÚNS XOGOS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario