Coma comezamos o proxecto de robótica falamos do que era STEM. Lembrades?
Aproveitando a cita do vindeiro día 20 a nosa clase semanal de robótica convertíuse nun espazo para deseñar as nosas propias creacións STEM.
Imos empregar motores e pilas para darlle vida a elementos moi sinxelos. Na rede tedes centos de ideas e, estamos seguros, que as familias se prestarán a botarnos unha man. Crear xuntos é enriquecer, divertido e é o mellor xeito de aprender porque todos aprendemos facendo.
Se algunha cousa vai mal sempre podemos volver comezar ou replantexar a nosa idea inicial.
Para inspirarvos aquí vos deixamos algunhas ideas:
PRINCIPIOS BÁSICOS
Esta é a forma básica de facer que un robot ande. Despois a decoración externa depende de vos. Así funciona o robot pintor, o do cepillo de dentes, a araña...
ROBOT BÁSICO INCORPORANDO INTERRUPTOR
USANDO O MOTOR DE MBOT
E se creamos un alieníxena para os nosos sistemas solares?
MÁQUINA PARA FACER POMPAS
Esta da máis traballo e necesitamos dous motores pero é o meu favorito.
Imaxinades que o noso universo de completase cunha chuvia de pompas?
PARA OS QUE SEMPRE QUEREN UN POUCO MÁIS
E se facemos un robot con control remoto?
E MOITÍSIMO MÁIS NA REDE.
ÁNIMO ENXEÑEIROS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario