Estamos xa coa segunda proba do PROXECTO SOBRE O PARLAMENTO DE GALICIA.
Desta volta temos unhas serie de preguntas relacionadas co Pazo do Horreo.
Comezamos tendo que describir o momento histórico-político que vive Galicia no momento da construcción do mesmo.
A hora de buscar na rede debemos afinar coas palabras do que queremos buscar, deixando de lado a información da wikipedia e usando fontes que, aínda que non estean directamente relacionadas co Pazo do Hórreo nos servan para constestar o que se nos pide.
Podemos encontrar información sobre o contexto histórico-político en documentos coma os do GRUPO NÓS.
Nas preguntas tamén se nos pide información sobre Montero Ríos. Evidentemente, cando pedimos información deste tipo é para poder vinculala co texto establecer relacións.
Non esquezades que na páxina web do parlamento tedes unha chea de información que nos pode axudar a resolver as preguntas. Incluida unha visita virtual ao pazo do horreo.
Pero están non son as únicas páxinas que podedes usar. Todo depende das vosas inquedanzas e intereses. Dende logo, non esquezades que hai un mundo de información máis alá da wikipedia.
PARA OS MÁIS CURIOSOS:
O PARLAMENTO (información sobre o Pazo a partir da páxina 16)
No hay comentarios:
Publicar un comentario