martes, 9 de agosto de 2011

UN LUGAR PARA VISITAR


A principios do mes de xullo abriu as súas portas ao público o CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE ARTE RUPESTRE en Campo Lameiro. Dende que lin a noticia na prensa estaba desexando visitalo e esta fin de semana por fin achegueime ata alí e o que me atopei sorprendeume moi gratamente.
A pesar de que non está moi ben sinalizado non é moi difícil de localizar unha vez que se colle en dirección a Campo Lameiro
O primeiro que nos atopamos é un impresionante edificio con diseño moi vanguardista integrado completamente co entorno. Nel están situadas a salas coas exposicións temporais ademáis de unha cafetería, unha tenda e os espazos destinados a administración. Xa fora no exterior e a ceo aberto, perfectamente sinalizadas e acodicionadas, están as diferentes rutas que nos van a conducir ata as rochas que conteñen os petroglifos e a unha reprodución dun poboado da IDADE DO BRONCE.

Tanto a exposición como o paseo polo parque xa sexa con visita guida ou a nivel particular merecen a pena.
Tedes máis información sobre horarios e actividades en http://www.paarcampolameiro.es/E para que vos vaides facendo unha idea do que podedes atopar aquí tedes este vídeo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario