lunes, 15 de agosto de 2011

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

A o longo destes meses estivais estase levando a cabo en Ventosela un OBRADOIRO DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL. @s nen@s de 6 a 11 anos desenrolan unha gran variedade de actividades que lle están permitindo coñecer de forma lúdica e activa o seu contorno.

Esta actividade está promovida polo Centro Cultural de Ventosela en colaboración coa Comunidade de Montes e a Asociación Trespés. Iniciativas como éstas son necesarias para achegar aos máis cativ@s o medio no que de desenrolan e así fomentar actitudes de respecto pola natureza. Non se pode querer e valorar o que non se coñece.
NORABOA A ESTES COLECTIVOS POR ESTA INICIATIVA!

Xa vin na prensa que vari@s nen@s do Manantial estades a participar deste obradoiro.Gustaríanos que compartísedes con resto o que estades a facer! Para elo tedes o correo ou simplemente con un comentario a este artigo.


1 comentario: